Xoves. 10.10.2024
El tiempo

O Bm. Camariñas prepara o asalto á 1ª Nacional

O Bm. Camariñas prepara o asalto á 1ª Nacional
Fase de Ascenso do Bm Camarinas a 1 Nacional

Chega o gran momento. Despois do campionato de Liga o Bm. Camariñas ten que afrontar o seu verdadeiro desafío, ascender á categoría Nacional. Esta fin de semana de 15, 16 e 17, o pavillón de Arada de Duero acollerá o cadrante da Fase de Ascenso á 1ª División Nacional, e aí estará, arroupado pola súa incondicional afección, o cadro camariñán.

Arrincará o venres ás 18:30h contra o Puerto del Carmen. A segunda xornada será a do sábado ás 17:00h co Torrelavega, e o domingo toca ás 12:00h cos locais, o Villa de Aranda. Sorteee!!

Mentres, en categoría feminina, o Encaixe caía ante o Cangas con un amplio marcador, xa sen nada en xogo, quedando finalmente 3ª na Copa. As que seguen en competición son as do Goldie Xiria que despois de quedar 1ª de Grupo, afrontan unha nova fase copeira, nada menos que as Semifinais.

Copa Feminina

  • Resultado: Bm. Camariñas - Bm. Cangas (18-29).
  • BM CAMARIÑAS 18: Gloria e Miriam (gardaredes), Cris Barreiro (5), María (2), Aida (6), Karina (4), Vero, Tinita, Andrea, Cris Caamaño, Laura Castro e Alicia Rodriguez.

O Encaixe saiu á cancha desconcentrado e a sabendas de que non había nada en xogo. As locais foron quen de mandar no marcador nos primeiros 20 minutos debido a unha lograda defensa aproveitando os contraataques. Desta maneira chegábase ó descanso 13-13.
Pero na segunda parte, o Encaixe, botaba en falta os cambios e a falta de forma física que o Cangas aproveitou para sacar distancia. O gran papel da gardameta rival con un 70% de acerto deixou o ataque das locais con 5 goles na segunda parte rematando o encontro con tan só 18 goles a favor. Desta maneira as Camariñanas logran un 3º posto no seu grupo na competición de copa.

Rematou a tempada para o BM Encaixe 2014-2015

Copa Feminina

  • Resultado: Goldie Xiria - Pabellón Ourense (35-13).
  • Parcial ao descanso: 18-7.
  • Goldie Xiria 35 (18): Brenda Noya (porteira) Tamara Pombo 5, Jessica Posse 1, María Gómez 1, Raquel Gómez 3, Adriana Gómez 1, Patricia García 1, Lucía Vilariño 9, Zeltia Landeira 3, Angela Pena, Juana Garrochena 10 e Sheila Ferreiro 1.

Non tivo problemas o Goldie Xiria para derrotar ao seu rival deste sábado, e quedar primeiro do seu Grupo, clasificándose para as semifinais da Copa Federación. Extra motivadas e con gañas de demostrar a súa superioridade, saíron as xogadoras carballesas dende o inicio, dominando o encontro a base de velocidade na saída ao contraataque e intensidade defensiva, un 18 a 7 no descanso era determinante.

Do mesmo xeito continuou a segunda metade, cun Xiria intenso en defensa e alcanzando a cifra de 35 goles no ataque. O malo do encontro foron as lesións de María Gómez e Zeltia Landeira, que practicamente din adeus a tempada e súmanse as de Cris Gende, Marta Regueira, Sara Pombo, Natalia Solís e Manón Añón, o que restará potencial ao equipo para os vindeiros encontros.

O Goldie Xiria as semifinais da Copa

Crónicas da temporada

Fonte

Comentarios