Martes. 15.10.2024
El tiempo

O Bm. Camariñas queda ás portas do doblete e o Laber Xiria fixo un gran Campionato de España na casa

O Bm. Camariñas queda ás portas do doblete e o Laber Xiria fixo un gran Campionato de España na casa

Tiña a fin de semana dúas citas moi importantes para o balonmán costeiro. En Ourense, o Bm. Camariñas, despois O Bm. Camariñas, campión da 1ª Autonómica, disputaba a “final four” da Copa Federación, mentres en Carballo, o Xiria facía de anfitrión do Campionato de España Xuvenil, cunha boa participación do Laber.

O Bm. Camariñas non acadou o doblete

O Bm Camarinas ca sua afeccion en Ourense

No puido ser. O Bm. Camariñas quedouse ás portas do doblete. Despois de conquerir a liga a semana pasada, esta fin de semana en Ourense foi a disputar a “final four” da Copa da Federación Galega de Balonmano. Unha ciat que serviu para demostrar que a afección conserveira é de cine.

En todo caso, campión de liga e subcampión de Copa, non é mala renta para presentarse ás Dases de Ascenso Nacionais, cuias sés están ainda por determinar, e se coñecerán esta semana.

Copa Federación, semis

  • Resultado: Porriño - Camariñas (22-26).
  • Parciais: 13-12 e 9-14.
  • BM CAMARIÑAS: Bruno e Víctor; Fary (9), Eusebio, Jaime, Checho (2), Quin (1), Damián, Fabio, Catalán (10), Héctor (1), Perón, Antelo (2) e Xavi (1).

O primeiro partido, era sobor do papel o máis complicado, xa que enfrontaba nas semifinais ao primeiro e segundo clasificado da liga regular. O Camariñas Conservas Boya contra o Porriño Galserco. O partido de semifinais foi un dos máis bonitos da tempada, pois os dous equipos deron mostras de calidade e de recursos balonmanísticos, pero ao final o millor xogo do Boya impúxose merecidamente a un Porriño que nunca baixou os brazos. Un bo partido preparatorio para a vindeira fase de ascenso.

Copa Federación, Final

  • Resultado: Ourense - Camariñas (24-23).
  • Parciais: 12-11, 8-9 e 4-3.
  • BM CAMARIÑAS: Bruno e Víctor; Fary (2), Eusebio, Jaime (1), Checho (1), Quin (2), Damián, Fabio (2), Catalán (9), Perón (1), Antelo (2), Xabi (3) e Héctor.

A final, contro o equipo locatario, tivo d¡úas fases claras: a primeira, a favor do Camariñas que se fixo co arranque do partido, ata 1-6, para despois o Ourense irse achegando pouco a pouco ata nivelar o partido. A segunda fase foi de completa igualdade, ao que axudou o cansancio que tiñan os dous equipos despois das duras semifinais que xogaron os dous equipos. O Camariñas non puido despregar o seu xogo rápido, pois atopouse cunha defensa ben organizada e contundente, votando de menos aos dous extremos titulares, que non puideron xogar por lesión Alan e Quin, este último xogou uns minutiños en cada partido para probar o seu estado de recuperación. Tivo que xogarse prórroga para determinar o campión, e foi o cadro local ou que levou o título.


Campionato de España Xuvenil

A final do Campionato Xuvenil foi unha festa

Fermosa foi a fin de semana de balonmán en Carballo. A primeira fase do Sector A do Campionato de España en categoría Xuvenil celebrábase na capital de Bergantiños, coa participación dun Laber Xiria, que, se ben non acadou o pase á fase final, si que demostrou estar ao mellor nivel do estado.

Máis de de 500 persoas ateigaron o pavillón de Vila de Noia, para decatarnos da magnitude do evento.

Intenso último partido contra o campión de Asturias

  • Resultado: Laber Xiria - Covadonga (19-19).
  • Laber Xiria: 19 (8+11). Daniel Buño, Iván Campos (2), Lolo, Diego Gago (2), José Pereira (2), Iván Calvo (7), Damián Rodríguez (3)-Equipo Inicial-Antonio Mato, Gabriel Castiñeiras (2), Alex Figueroa, Enrique Pena, Borja González, Borja Rodríguez, Dani García (1), Diego Morandeira.
  • Parciais cada 5´: 1-2/3-2/3-3/4-3/7-5/8-6/Descanso/10-9/10-10/13-12/15-14/18-17/19-19.

O Laber Xiria, afrontaba a última xornada do sector "A de" o campionato de España con opcións de ocupar o primeiro posto da clasificación. Para iso, os carballeses debían de gañar ao Grupo Covadonga (campión de Asturias) de máis de sete goles de diferenza, despois de que o Indupime Basauri conseguise derrotar ás Semillas KWS Balopal no encontro precedente.

Os de Xiria entraron decididos no encontro, a tensión competitiva foise diluíndo conforme ao paso das xornadas e os xogadores de hoxe nada tiñan que ver con aqueles atenazados polos nervios da primeira xornada. As primeiras accións porían por diante aos foraneos, pero bastaron 10 minutos para que os de Carballo tomasen o mando do marcador e non o soltasen en toda a primeira parte. As defensas, intensas e contundentes, marcaban uns algarismos inusualmente baixos e a inspiración dos porteiros no día de hoxe secundaba e reforzaba este feito. Ao descanso, o electrónico reflectía un 8-6 que convidaba a seguir gozando deste espectáculo no segundo acto.

Non defraudaron o seguintes trinta minutos e os asturianos saían a recuperar o terreo perdido, sabían que lles ía o campionato niso e debían de aferrarse ao partido como fose. O Vila De Noia estaba a ser o escenario dunha loita deportiva de moitos quilates e as bancadas, repletas no día de hoxe, vivían con entusiasmo a cita balonmanística. Despois de moito remar contracorrente, o Grupo Covadonga conseguía igualar a contenda no minuto 50. Abríase un novo escenario, o partido e o torneo nacional estaba a chegar ao seu fin e os instantes que quedaban por disputar prometían unha alta dose de tensión. Cada técnico xogaba as súas bazas, o Laber Xiria xa non podía conseguir a diferenza que lle outorgase a primeira praza, pero ninguén desexaba que se lle escapase das mans o que se estaba xogando. Ao final, nun partido de poder a poder, de loita, de entrega, de nobreza e de bo balonmán por parte dos dous conxuntos, parecía que o 19-19 final estaba escrito nun guión como o colofón perfecto a dignificar o deporte do balonmán nesta gran cita nacional.

Ao final, terceira praza conseguida polo Laber Xiria nun campionato de España onde se viu unha gran igualdade e un moi bo balonmán. Os carballeses, que competiron en igualdade todos os partidos, retomarán a competición autonómica de Copa Federación a semana que vén en Vigo contra o Seis Do Nadal.

Crónicas da temporada

Fonte

Comentarios