Luns. 04.11.2024
El tiempo

O Bm. Camariñas xa ten rivais para a fase de Ascenso, o Xiria pecha o ano con vitoria e as féminas seguen na Copa

O Bm. Camariñas xa ten rivais para a fase de Ascenso, o Xiria pecha o ano con vitoria e as féminas seguen na Copa
Imaxe dun Partido do Bm Camarinas-Foto-Barbara Arou

Seguimos pendentes do Balonmán Camariñas, que despois de quedar ás portas do doblete, pero co título de campión da 1ª Autonómica no peto, afronta a Fase de Ascenso á 1ª Nacional. O cadro conserveiro afrontará a fase do sector A en Aranda de Duero (Burgos), onde terán que enfrontarse ao Villa de Aranda V.V, Campión Castela e León; o Puerto del Carmen ( Lanzarote), Campión Canario e ao U.A. Torrelavega, Subcampión de Cantabria. A fase celebrarase a fin de semana do 15 ao 17 de maio, e alí seguro que viaxan os “Camariñas Blues”.

Polo demais, o Xiria precisamente pechaba a súa temporada na 1ª Nacional con vitoria, mentres en categoría feminina, Goldie Xiria e Bm. Encaixe sumaron novas vitorias na Copa Federación.

1ª Estatal Masculina

  • Resultado: Lavadores - Calvo Xiria (24-25)
  • CALVO XIRIA 25 (12+13): Martín Gómez [p], José Luis Fraga [p], Alejandro Naya [p], Sergio Facal (3), Brais Puñal (2), Martín Alfeirán (7), Jorge Bouzas (2), Gonzalo Pombo, Carlos A. Lema, Mario García de Seárez (4), Julián López (1), Manuel Méndez (4), Alejandro Calvete (1), Javier Rodríguez (1).

Rematou a liga de 1ª Estatal o Calvo Xiria cunha vitoria pola mínima ante o Lavadores. Quinto posto final dun equipo que chega a este punto da tempada no mellor momento, con xogadores que amosaron unha boa progresión e que de seguro darán moitas alegrías aos seareir@s carballes@s no futuro.
O partido non foi bo e impúxose a maior calidade individual e colectiva do Xiria. Moitos erros por parte dos dous conxuntos, que provocou un xogo a rachas pouco vistoso. Recoñecer a deportividade ca que disputou o partido o equipo vigués, que descendeu ao non puntuar, ao igual que os seus seareir@s.


Copa Federación

  • Resultado: Bm Tui - Bm Encaixe (26-27)
  • BALONMAN ENCAIXE CAMARIÑAS (27): Sara e Miriam (gardaredes), Maria (6), Barreiro (2), Vero (4), Sande (3), Caamaño (3), Laura (9), Laura Castro, Agueda.

Encontro de Copa para o Encaixe que viaxaba con moitas baixas a Tui para acadar unha victoria axustada. Dende os comezos o Encaixe sentiuse cómodo no xogo acadando unha distancia de 5 goles pero a falta de contragol non permitiu as palilleiras arrincar máis distancia no marcador. Na segunda parte o Camariñas acomodouse permitindo que o equipo rival acortara distancias no marcador pero a veterania da plantilla foi que de anotar nos ultimos segundos para voltar a Costa da Morte coa vitoria.

Copa Federación

  • Resultado: Balonmán Ferrolterra - Goldie Xiria (19-20)
  • Parcial ao descanso (8-13).
  • Goldie Xiria: Brenda Noya (porteira) Juana Garrochena 4 , Natalia Solís, Tamara Pombo 3, Adriana Gómez 4, Patricia García, Jessica Posse 5, Sheila Ferreiro, Ángela Pena e Raquel Gómez 4.

O Goldie Xiria gaña en Ferrol e continua na súa loita na Copa Federación. Non o tiña doado o Xiria esta fin de semana, viaxa a Ferrol con numerosas ausencias, e facíao obrigado a gañar para poder seguir na competición. Pero novamente as xogadoras volveron a demostrar a súa melloría e o saber estar nun partido intenso e emocionante ata o final.
Saíu o Goldie cunha defensa adiantada sobre a primeira liña do Ferrolterra, con Raquel cun espléndido traballo de desgaste sobre as contrarias, o Xiria era capaz de frear os ataques e saír con velocidade, o que lle dou as primeiras vantaxes no marcador.
Parecía ter controlado o encontro o Xiria, pero a falta de relevo na defensa e a complicidade arbitral fixeron que o Ferrolterra chegase na recta final do encontro a loitar polo triunfo. Ahí xurdiu o bo facer destas xogadoras, que souberon asentarse e controlar os minutos finais ata esa importante vitoria de 19 a 20, que lle facilita a clasificación para seguir loitando nesta Copa Federación.


Crónicas da temporada

Fonte

Comentarios