O Gaiteiro dá as alegrías que esqueceu o Aquacenit
Descansava o Anorthosis e o protagonismo foi para os equipos soneiráns da 1ª Galega. E nova derrota do Concello de Zas Aquacenit e van 3 dun equipo que se consideraba favorito para quedar campión deste grupo pero agora terá que pelexar para conseguir o ascenso e para eso non terá que sufrir máis descuidos, sobre todo ante rivais directos. Nesta ocasión pecou de autosuficiente e saiu derrotado frente ao 1º da liga, nin Stevo nin Miguel foron quen de gañar ningún dos seus partidos individuais, e así cos puntos do nº 1 do equipo, Andrés Fagín, non é suficiente para sacar adiante os encontros.
O positivo da xornada douna o Concello de Zas O Gaiteiro gañando o seu encontro de rivalidade contra o E.S. Sigüeiro distanciándoo así na última posición da táboa. E iso a pesar da baixa de Martín que non foi ben sustituido por Javier Álvarez, que no seu debut non foicapaz de gañar os seus partidos, perosío fixeron Andrés Bouzas e Fran Otero que gañando os seus partidos individuais e o dobre conseguiron os 4 puntos suficientes para a vitoria.
No outro encontro resultado normal ante un equipo da parte alta da táboa, pero a pesar deeso conseguironse gañar dous partidos, o que dá ánimos ante vindeiras confrontacións.
1ª División Galega. Grupo Centro
- Resultado: Breogán Oleiros "C" - Concello de Zas Aquacenit (5-2)
- Resultado: E.S. Sigüeiro - Concello de Zas O Gaiteiro (3-4)
- Resultado: Peluquería Tije - Concello de Zas O Gaiteiro (5-2)
2ª División Galega. Grupo Centro
- Resultado: Construcciones Cernadas - Arteal TM (2-5)
En 2ª galega a sorpresa positiva douna tamén o Construciones Cernadas gañando xa algún partido, sobre todo a alevín Ana García gañando a todo un veterán como Eliseo Miguélez. Máis de 60 anos de diferencia entre un e outro. Daniel Suárez fixo o outro punto.
Vindeira xornada
Este sábado todos os encontros celebraranse no ximnasio do CPI de Zas a partir das 16:00h:
- 3ª división nacional (16:00 h ou 17:00h, aínda sen decidir): Anorthosis Vimianzo - Arteal Ventanas.
- 1ª galega grupo centro:
- 18'00 h Concello de Zas Aquacenit - Giusseppe Anthony.
- 18'00 h.Concello de Zas O Gaiteiro - Lareka Autosisán. - 2ª galega grupo centro: 16'00 h. Cocnello de Zas O Pinar - Dubratambre.
Novas relacionadas
- Ao Anorthosis sáenlle as contas.
- O Aquacénit deixa escapar o liderato.
- O Gaiteiro xa sabe gañar.
- A familia Anorthosis salva unha xornada excesiva chea de baixas.
- O Anorthosis tamén gaña e engancha por Nadal.
- O Aquacenit mantén o ritmo da familia Anorthosis.
- O Aquacenit mantense no máis alto.
- Dúas vitorias alonxan ao Anorthosis da zona de perigo.
- O Anorthosis non pode despistarse e o Aquacenit apunta alto.
- O Concello de Zas Aquacenit ponse líder na 1ª Galega.
- O Anorthosis non vai de “cenicienta”.
- Nova xornada completa de tenis de mesa nun ateigado pavillón de Zas.
- O Anorthosis terá unha longa tempada na 3ª Nacional.
- O tenis de mesa costeiro estrea campaña con vitoria.
- O Anorthosis comeza unha nova campaña con 6 equipos en liza.
- A Costa xa ten o seu torneo galego de tenis de mesa.
- Gran participación dos zaenses nos Provincias de tenis de mesa.
- O tenis de mesa pechou unha exitosa I Liga Intermunicipal cun gran ambiente e vitorias corcubionesas.
- O Anorthosis Vimianzo é novo equipo de 1ª División Galega de tenis de mesa.
- A campiona Galega benxamín de tenis de mesa chámase Lorena e é de Zas.
Fonte
- Nota de prensa de Estevo Lema.