O Ponteceso FSF pecha unha grandísima temporada co subcampionato da Copa Provincial
Non puido ser. O Concello de Ponteceso FSF quedou ás portas do título da Copa Provincial, pero así e todo disfrutou de chegar a esta final e completar así un ano case inmellorable tralo ascenso á Liga Autonómica.
As cadetes do Viaxes Amarelle C foron superiores ás de Barca e tras gañar a Liga provincial por diante precisamente das pontecesás, completaron o seu doblete.
Copa Provincial Femenina. Final
- Resultado: Concello de Ponteceso FSF - Viaxes Amarelle FSF C (1-5)
- Concello de Ponteceso FSF: Salomé, Sandra, Noa, Carmen, Ana (cinco inicial), Martina, Elsa, Carla, Isabel (segunda porteira).
- Viaxes Amarelle FSF C: Aida, Marta, Martita, Tati, Goretti (cinco inicial), Lía, Paula, Carlota, Mónica.
- Goles: 10-0 Goretti (min. 18); 0-2 Lía (min. 21); 1-2 Sandra (min. 36); 1-3 Tati (min. 37); 1-4 Paula (min. 38); 1-5 Lía (min. 39).
Foi unha primeira parte moi igualada, pero o Viaxes Amarelle FSF C acabo impoñendo a súa superioridade e asinando unha vitoria contundente.
A primeira metade empezou cun Concello de Ponteceso FSF esperando en media cancha cunha actitude defensiva os ataques das herculinas, intentando roubar para xerar perigo sobre a portería defendida por Aida. Moitísimo respecto entre ambos equipos durante os primeiros minutos a igualdade era latente sobre a pista e ninguén quería arriscar de máis. A falta de dous minutos para o descanso, Goretti saco un tiro cruzado desde doce metros, que a porteira do Concello de Ponteceso FSF nin sequera puido esperar e acababa sumando o 0-1 para as herculinas. As mozas de José Barca intentaban anotar un gol nos últimos minutos, antes do descanso, para volver igualar a contenda, pero o marcador mantívose coa leve vantaxe herculina dun gol.
Na segunda metade, o Viaxes Amarelle FSF C saíu enchufado ao partido e cando apenas pasara un minuto de xogo Lea cun disparo frontal de 9 metros conseguía bater á porteira rival para poñer o 0-2 no marcador. Coa vantaxe no marcador, as herculinas empezaron a relaxarse un pouco máis e a medida que pasaban os minutos, o Concello de Ponteceso FSF apuraba as súas opcións de meterse no partido e a falta de catro minutos para o final, Sandra poñía emoción ao poñer o 1-2 no marcador. A pesar do gol, as herculinas non se viñeron abaixo e na xogada seguinte Tati nunha gran xogada persoal quedábase no un para un coa porteira rival para poñer o 1-3 e prácticamente sentenciar a final a falta de 3 minutos.
O Concello de Ponteceso FSF optou por arriscar un pouco máis, e as herculinas moi atentas aos erros rivais aproveitaron para armar unha contra a falta de dous minutos e Paula, a pase de Lea, anotaba a porta baleira o 1-4. Outro novo roubo de balón do conxunto dirixido por Manuel do Castelo a falta dun minuto deixo a Lea no un para un coa porteira do Concello de Ponteceso FSF, á que conseguiu exceder e anotou a pracer o 1-5, que ao cabo sería o definitivo.
Máis información
- Copa Provincial Feminina.
- Clasificación da 2ª División Estatal. Gr.4.
- Clasificación Liga Provincial Feminina.
- Resultados da Liga Provincial Feminina.
Crónicas da Temporada FSF
- FSF: O Ponteceso métese nunha final da Copa Provincial á que non pode chegar o Vila de Cee.
- FSF: Ponteceso e Vila de Cee, ás Semis da Copa Provincial.
- FSF: Boa fin de semana pensando no Campus.
- O Viaxes Amarelle de Eva e Patri di adeus á máxima categoría.
- FSF: O Fisober B pega primeiro ao Vila de Cee mentres o Amarelle métese en líos.
- Medio centenar de pequen@s disfrutaron do Campus Fisober de Semana Santa:
- Eva Lema, campiona de España ca Selección Galega de Fútbol Sala.
- A fisterrá Leny voltou de Australia cun cúmulo de experiencias.
Crónicas da temporada
- FSF: O Fisober di adeus á categoría estatal a pesar da gran Marea Nejra.
- FSF: O Ponteceso xa é novo equipo da Liga Autonómica.
- FSF: Xornada de derbis e de base.
- FSF: O Ponteceso FSF amosa o seu potencial en Cee.
- FSF: Aferrándose á salvación.
- Unha Semana Santa de FSF entre Lira e Esteiro.
- FSF: O Fútbol Sala costeiro volve ter equipo masculino.
- FSF: Nova xornada completa dos 5 equipos costeiros.
- FSF: Fisober B e Lira empataban mentres o Ponteceso ameaza o liderato.
- FSF: A xornada trae de premio a convocatoria de Eva Lema ca Selección Galega.
- FSF: O Ponteceso amosou o seu potencial en Carnota.
- FSF: Eva e Patri afianzan ao Viaxes Amarelle na máxima categoría mentres o Fisober sobre o Entroido.
- O Vila de Cee pon a nota positiva na xornada.
- FSF: Xornada de derrotas no fútbol sala costeiro agás para Eva e Patri no Amarelle.
- FSF: Patri afiánzase como goleadora na máxima categoría:
- FSF: Segunda vitoria viaxeira para o Fisober.
- FSF: Eva e Patri confírmanse como referencias na máxima categoría.
- FSF: Fin de ano a medias.
- FSF: Resultados dispares para unha fin de semana solidaria e con derbi.
- FSF: O Fisober xa sabe gañar na 2ª Estatal e o Ponteceso confirma o seu dominio na Provincial.
- FSF: Un xornada con vitorias, derrotas, goles e ata polémica.
- FSF: O Fisober non arrinca mentres 3 costeiros asaltan a Liga Provincial.
- FSF: Xornada de vitorias e empates.
- FSF: Un derbi de empate.
- O Ponteceso FSF leva o derbi da Liga Provincial.
- FSF: Xornada de derbis, empates e derrotas.
- FSF: Xornada de avións e partidos apretados.
- O Fisober estreou campaña cunha festa.
- O Lira FSF estrea a Liga Provincial con vitoria.
- O Lira FSF estreouse por todo o alto.
- Un comezo deportivo para o Vila de Cee FSF.
- Patri Romaní e Eva Lema comezan unha nova etapa na máxima categoría do Fútbol Sala Feminino.
- Crónica dunha primeira gran tempada do FSF Vila de Cee.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).