O Viaxes Amarelle de Eva e Patri di adeus á máxima categoría
O ano que vén, as nosas Eva e Patri non poderán xogar na máxima categoría do Fútbol Sala Feminino estatal. O Viaxes Amarelle FSF acabo cedendo unha derrota nos últimos minutos de partido ante o Ourense Envialia, que lle custaron unha dura derrota por un marcador de 2-3 e que lle condenan á Segunda División de cara a seguinte tempada trala vitoria do FSF Gironella.
Mentres, na Copa Provincial, o valor dobre dos goles en campo contrario foi o que decidiu a igualada eliminatoria entre Vila de Cee e Fisober B. O cadro ceense vencía por 1-0 pero os goles fóra de casa lle meten en Cuartos, onde se enfrontará ao Grupo Work.
Neses Cuartos tamén entrar as rapazas do Concello de Ponteceso FSF, que despois do ascenso queren pechar a temporada cun título. Por agora, tócalles loitar contra A Baña.
1ª Estatal
- Resultado: Viaxes Amarelle - Ourense Envialia FSF (2-3)
- Viaxes Amarelle FSF: Carmen, Dolo, Cris, Lago, Espi (cinco inicial), Lidia Mesías, Tati, Laura Tesouro, Patri, Yaiza.
- Goles: 0-1 María Romero (min. 16); 1-1 Lago (min. 23); 2-1 Espi (min. 32); 2-2 Sara Moreno (min. 36); 2-3 Rosangela (min. 37).
Ca baixa de Eva, e con Patri no banco, a primeira metade empezou con dous equipos moitísimo respecto e onde ambos querían ter o balón para conseguir chegar á portería contraria, centrandose o xogo en media cancha. Os minutos pasaban e o marcador non se abría para ningunha das dúas escuadras,ata que a falta de 4 minutos para o descanso María Romeu cun disparo escorado desde a banda conseguía adiantar ao Ourense Envialia FSF co 0-1. O Viaxes Amarelle FSF intentou igualar conténdaa pero sen fortuna, foise ao descanso co marcador en contra.
Na reanudación, as herculinas necesitaban dar a volta ao partido e aos tres minutos de xogo conseguían poñer as táboas tras un gol de Lago que foi ao chan para empuxar entre os tres paus o esférico. A igualada estaba no marcador, pero quedaba moito por diante. O partido estaba igualado, pero a falta de oito minutos Espi conseguía sorprender á porteira visitante co 2-1 e adiantarse por primeira vez no marcador. O Ourense Envialia FSF reacciono a falta de seis minutos cun gol de Sara Moreno, que conseguía virarse sobre a área pequena enganando ao seu defensa e sumando o 2-2 no marcador. Quedaban catro minutos e as herculinas querían os tres puntos e saíron en xogo de cinco, pero a falta de tres minutos perderon un balón e Rosangela desde cancha propia anotaba a porta baleira o 2-3. Aínda quedaba tempo, pero as herculinas foron incapaces de conseguir o gol que lles mantería con opcións.
En conclusión, dura derrota nun partido onde a escuadra herculina puido dar a volta ao marcador, e nos últimos minutos vió como o Ourense Envialia FSF volvía poñerse por diante e eclipsar todas as opcións de salvación da escuadra herculinan para manterse unha tempada máis en Primeira División.
E aínda lle queda unha xornada, en Majadahonda, ás herculinas.
Copa Provincial
- Resultado: VILLA DE CEE F.S.F. – FISOBER “B” F.S.F. (1-0).
- VILLA DE CEE: Carla, Adriana, María de Dumbría, Alba e Andrea Romero; tamén xogaron: Marta e María Lijó.
- FISOBER B: Alejandra, Laura, Paula Fandiño, Nuriña e Andrea Muíño; tamén xogaron: Antía, Tamara e Paula Lema.
- Goles: 1-0 Adriana.
Partido de volta correspondente a previa da Copa de Provincial, disputado no Pavillón de Brens na noite do venres. Os dous equipos saltaron o campo bastante nerviosos concientes da importancia que ían a ter os pequenos detalles. O que provocou que o xogo non fora nada vistoso, cheo de imprecisións por ambos conxuntos. Así foron pasando os minutos sen que o electrónico se movera. Pouco xogo pero si moita emoción xa que un gol podería darlle un troco a eliminatoria.
Na segunda metade nada cambiou e os nervos seguían a dominar as xogadoras e o xogo. O filial tivo as súas mellores ocasións nesta segunda metade. Unha clara ocasión para Tamara no que o seu lanzamento se foi lambendo o pau. E un lanzamento lonxano de Paula Fandiño o longueiro.
Todo mudou cando a cinco minutos para o fin do partido unha falta na frontal supuña o un a cero para as locais cun lanzamento de Adriana. Ese gol poñía en vantaxe as locatarias na eliminatoria polo valor dobre dos goles en campo contrario.Tocáballe remontar o filial.
A falla de dous minutos decidiuse o filial polo ataque de cinco na busca do gol que lles dera o pase. A ocasión máis clara que tiveron foi un novo lanzamento lonxano da infantil Paula Fandiño o longueiro. Pero non foron quen de lograr o gol que lles dera o pase.
Con este partido ponse fin a tempada do filial vimiancñes. Unha tempada na que mostrou a irregularidade típica destes conxuntos. Na que foi de menos a máis, acabando bastante ben a tempada e na que se viu bastante condicionado polas necesidades do primeiro equipo o cal lle prestou unha gran axuda.
Mentres, o Vila de Cee segue en competición.
Máis información
- Copa Provincial Feminina.
- Clasificación da 2ª División Estatal. Gr.4.
- Clasificación Liga Provincial Feminina.
- Resultados da Liga Provincial Feminina.
Novas relacionadas
- FSF: O Fisober B pega primeiro ao Vila de Cee mentres o Amarelle métese en líos.
- Medio centenar de pequen@s disfrutaron do Campus Fisober de Semana Santa:
- Eva Lema, campiona de España ca Selección Galega de Fútbol Sala.
- A fisterrá Leny voltou de Australia cun cúmulo de experiencias.
Crónicas da temporada
- FSF: O Fisober di adeus á categoría estatal a pesar da gran Marea Nejra.
- FSF: O Ponteceso xa é novo equipo da Liga Autonómica.
- FSF: Xornada de derbis e de base.
- FSF: O Ponteceso FSF amosa o seu potencial en Cee.
- FSF: Aferrándose á salvación.
- Unha Semana Santa de FSF entre Lira e Esteiro.
- FSF: O Fútbol Sala costeiro volve ter equipo masculino.
- FSF: Nova xornada completa dos 5 equipos costeiros.
- FSF: Fisober B e Lira empataban mentres o Ponteceso ameaza o liderato.
- FSF: A xornada trae de premio a convocatoria de Eva Lema ca Selección Galega.
- FSF: O Ponteceso amosou o seu potencial en Carnota.
- FSF: Eva e Patri afianzan ao Viaxes Amarelle na máxima categoría mentres o Fisober sobre o Entroido.
- O Vila de Cee pon a nota positiva na xornada.
- FSF: Xornada de derrotas no fútbol sala costeiro agás para Eva e Patri no Amarelle.
- FSF: Patri afiánzase como goleadora na máxima categoría:
- FSF: Segunda vitoria viaxeira para o Fisober.
- FSF: Eva e Patri confírmanse como referencias na máxima categoría.
- FSF: Fin de ano a medias.
- FSF: Resultados dispares para unha fin de semana solidaria e con derbi.
- FSF: O Fisober xa sabe gañar na 2ª Estatal e o Ponteceso confirma o seu dominio na Provincial.
- FSF: Un xornada con vitorias, derrotas, goles e ata polémica.
- FSF: O Fisober non arrinca mentres 3 costeiros asaltan a Liga Provincial.
- FSF: Xornada de vitorias e empates.
- FSF: Un derbi de empate.
- O Ponteceso FSF leva o derbi da Liga Provincial.
- FSF: Xornada de derbis, empates e derrotas.
- FSF: Xornada de avións e partidos apretados.
- O Fisober estreou campaña cunha festa.
- O Lira FSF estrea a Liga Provincial con vitoria.
- O Lira FSF estreouse por todo o alto.
- Un comezo deportivo para o Vila de Cee FSF.
- Patri Romaní e Eva Lema comezan unha nova etapa na máxima categoría do Fútbol Sala Feminino.
- Crónica dunha primeira gran tempada do FSF Vila de Cee.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).