O Modesto Patrimonio: Historia da Igrexa Parroquial de Buxantes

Fotos de Modesto

Imos repasar algo da historia da Igrexa parroquial de Buxantes. Parte destes  datos mos proporcionou o que fora cura de Coucieiro D. Manuel Canosa Mouzo (q.e.p.d.),  gran investigador da historia das parroquias do entorno. Cando asistía os actos relixiosos fora da súa parroquia o que máis lle interesaba  era visitar os archivos parroquiais que pedía prestados para lelos con tranquilidade na súa casa. Que, por desgracia, descoñezo a onde foron parar os documentos da súa biblioteca.

Retrocedemos o ano 1746 cando vén para a parroquia de Buxantes o cura D. Simón Sanchez Pulleiro, natural de Cangas. Un documento do ano 1761 di: “Don Simón Sánchez Pulleiro, cura párroco de hesta feligresía de San Pedro de Buxantes. Su hedad de sesenta años, tiene en su compañía a Dominga de Ezara, su hedad veite y dos años; Jacinta Romero, su hedad veinti y cuatro años y Rosa dos Santo, su hedad de treita y seis años todos ellos son criados solteros de que se sirve. Tiene de facenda dos bueyes de dos años; cuatro vacas de ocho años, dos terneros, dos cerdos, siete colmenas y un molino en Bao de Areas”.

Este cura foi o gran impulsor da construcción da actual igrexa parroquial e a súa capela preferida era a de San Antonio, onde está enterrado. Planificou a Capela de San Miguel construída con fondos da familia Pedro Maceiras, actual Casa do Torrado do lugar de Anseán.

Dunha copia que me deixou o cura fala do libro de Fábrica do ano 1763 onde reseña os valiosos obxectos que tiña esta parroquia. Tiña como testigo a José Trillo, veciño do lugar de Busto (hoxe Casa de Abuelo) e di que moitos deste obxectos foron adquiridos co seu diñeiro, e que outros foro inventariados posteriormente co diñeiro da fábrica.

  • Un incensario e naveta de prata por valor de 1.400 reais
  • Un Pendón de Damasco encarnado coa cruz de prata por valor de 1.000 r.
  • Unha campá de 11 arrobas por valor de 3.000 r.
  • Unha campá pequeña de 5 arrobas por valor de 1.000 r.
  • Unha cruz de prata partida. Fixose outra nova añadindo máis prata
  • Dous cáliz de prata
  • Unha Caixa de prata para o viático
  • Un copón de prata
  • Un viril de prata para exposición do Santísimo
  • Duas vinagretas con platillo de prata
  • Un incensario con naveta e culler
  • Catro candelabros de metal
  • Seis paletillas para fixar as velas da Custodia
  • Un caldeiro de auga bendita
  • Unha capa branca de cenefa encarnada e as suas dálmatas
  • Cinco casullas, unha verde con frores doradas
  • Unha casulla de Damasco dourada
  • Unha casulla de Damasco negra
  • Cinco albas, una de lenzo fino
  • Tres misales, un novo e dous usados
  • Un virtual y duas campaniñas
  • Un manto verde de seda para as procesions
  • Seis cíngulas de seda
  • Tres mesas de cororales
  • Unha vinagreta de estaño
  • Una coroa para a cabeza da Ntra. Sra. do Rosario
  • O cura tamén reseña que pintou o Retablo de San Antonio y parte do Retablo Maior.

Este cura foi enterrado dentro da iglesia parroquial, no muro lateral este da capela de San Antonio. No libro de contas do año 1768 di que se deron de baixa “Una casulla negra de Damasco” e unha “Capa Vieja” que se usaron como vestimenta para o cura falecido. 

Os fegreses de Buxantes debémoslle unha homenaxe pola labor que fixo na parroquia.

Nestas épocas, tanto os libros de contas como os dos obxetos relixiosos estaban controlados por visitas pastorais periódicas. Descoñezo cando se abandonou este control e a partir de aquí e cando perdeuse o control destes valiosos tesouros relixiosos das parroquias.

NOVAS DE MODESTO

OUTROS ARTIGOS NO "MODESTO PATRIMONIO”

Patrimonio Pindexo