O Modesto Patrimonio: Historia da Igrexa Parroquial de Buxantes

Imos repasar algo da historia da Igrexa parroquial de Buxantes. Parte destes datos mos proporcionou o que fora cura de Coucieiro D. Manuel Canosa Mouzo (q.e.p.d.), gran investigador da historia das parroquias do entorno. Cando asistía os actos relixiosos fora da súa parroquia o que máis lle interesaba era visitar os archivos parroquiais que pedía prestados para lelos con tranquilidade na súa casa. Que, por desgracia, descoñezo a onde foron parar os documentos da súa biblioteca.
Retrocedemos o ano 1746 cando vén para a parroquia de Buxantes o cura D. Simón Sanchez Pulleiro, natural de Cangas. Un documento do ano 1761 di: “Don Simón Sánchez Pulleiro, cura párroco de hesta feligresía de San Pedro de Buxantes. Su hedad de sesenta años, tiene en su compañía a Dominga de Ezara, su hedad veite y dos años; Jacinta Romero, su hedad veinti y cuatro años y Rosa dos Santo, su hedad de treita y seis años todos ellos son criados solteros de que se sirve. Tiene de facenda dos bueyes de dos años; cuatro vacas de ocho años, dos terneros, dos cerdos, siete colmenas y un molino en Bao de Areas”.
Este cura foi o gran impulsor da construcción da actual igrexa parroquial e a súa capela preferida era a de San Antonio, onde está enterrado. Planificou a Capela de San Miguel construída con fondos da familia Pedro Maceiras, actual Casa do Torrado do lugar de Anseán.
Dunha copia que me deixou o cura fala do libro de Fábrica do ano 1763 onde reseña os valiosos obxectos que tiña esta parroquia. Tiña como testigo a José Trillo, veciño do lugar de Busto (hoxe Casa de Abuelo) e di que moitos deste obxectos foron adquiridos co seu diñeiro, e que outros foro inventariados posteriormente co diñeiro da fábrica.
- Un incensario e naveta de prata por valor de 1.400 reais
- Un Pendón de Damasco encarnado coa cruz de prata por valor de 1.000 r.
- Unha campá de 11 arrobas por valor de 3.000 r.
- Unha campá pequeña de 5 arrobas por valor de 1.000 r.
- Unha cruz de prata partida. Fixose outra nova añadindo máis prata
- Dous cáliz de prata
- Unha Caixa de prata para o viático
- Un copón de prata
- Un viril de prata para exposición do Santísimo
- Duas vinagretas con platillo de prata
- Un incensario con naveta e culler
- Catro candelabros de metal
- Seis paletillas para fixar as velas da Custodia
- Un caldeiro de auga bendita
- Unha capa branca de cenefa encarnada e as suas dálmatas
- Cinco casullas, unha verde con frores doradas
- Unha casulla de Damasco dourada
- Unha casulla de Damasco negra
- Cinco albas, una de lenzo fino
- Tres misales, un novo e dous usados
- Un virtual y duas campaniñas
- Un manto verde de seda para as procesions
- Seis cíngulas de seda
- Tres mesas de cororales
- Unha vinagreta de estaño
- Una coroa para a cabeza da Ntra. Sra. do Rosario
- O cura tamén reseña que pintou o Retablo de San Antonio y parte do Retablo Maior.
Este cura foi enterrado dentro da iglesia parroquial, no muro lateral este da capela de San Antonio. No libro de contas do año 1768 di que se deron de baixa “Una casulla negra de Damasco” e unha “Capa Vieja” que se usaron como vestimenta para o cura falecido.
Os fegreses de Buxantes debémoslle unha homenaxe pola labor que fixo na parroquia.
Nestas épocas, tanto os libros de contas como os dos obxetos relixiosos estaban controlados por visitas pastorais periódicas. Descoñezo cando se abandonou este control e a partir de aquí e cando perdeuse o control destes valiosos tesouros relixiosos das parroquias.
NOVAS DE MODESTO
OUTROS ARTIGOS NO "MODESTO PATRIMONIO”
- A Devesa do Anllares (Arcos)
- As cancelas do lugar do Ézaro. De mediados do 1800 aos finais do 1900
- O río Castro nas imaxes de satélite modernas
- Penas Sacras polo territorio de Dumbría.
- O Marco do Couto e O Vakner no concello de Dumbría.
- A primitiva capela de San Antoniño de Brens.
- O Calendario dos artegos.
- A pedra do Encanto de Olveiroa.
- Os muíños fariñeiros en Dumbría.
- O Cruceiro do Alto de Gures.
- Muíños Hidráulicos no Concello de Cee.
- Modesto García Quintáns debulla a historia da Casa da Vacariza, que entra na lista vermella do Patrimonio.
- Ano 1902: Consternación na comarca de Fisterra ante a catástrofe no Ézaro.
- Modesto García Quintáns debulla a historia da Casa da Vacariza, que entra na lista vermella do Patrimonio.
- O Modesto Patrimonio: O Cruceiro de Rebordelo,
- Demografía no Concello de Dumbría.
- A Bandeira do Concello de Dumbría.
- A fervenza de Miñóns de Buxantes.
- A Central Hidroeléctrica de Buxán de Dumbría.
- O escudo de Dumbría.
- Os Pasales, a barreira natural do paso sobre o Río Xallas.
- A Casa da Pedra do Ézaro.
- O muíño fariñeiro máis antigo documentado no Concello de Dumbría.
- Memoria histórica lingüística (toponímia) e etnografía do Concello de Dumbría.
- O Cura Rioboo de Berdeogas.
- O Balcón da Costa da Morte.
- As antigas cancelas e e corredoiras de Dumbría
- O Hórreo na Comarca de Fisterra.
- A hidrografía no concello de Dumbría.
- A Ferigresía de Refoxos.
- A Ruta de Pallares.
- Muíños do Río da Lagarteira (II).
- Muíños do Río da Lagarteira (I).
- Un paseo á Ermida das Neves de Buxantes.
- O caserío dO Cotelo de Olveira.
- O Cemiterio de Buxantes.
- A Santiña de Trasufre.
- O Castro de Alvarellos de Berdeogas.
- Lugas de Castrelo, Colúns.
- A Capela de San Marcos do Logos.
- Os muíños do Rego de Quenxe.
- Por que lle chaman as Caldeiras do Castro?:
- Semellanza dos nosos muíños fariñeiros cos canarios.
- Os muíños da nosa comarca.
- Recordando o día máis angustioso de Xesús.
- As varas: As antigas unidades de medida.
- Recordando algo da historia da parroquia de Berdeogas.
- A hidrocentral “Electra del Jallas”.
- O 50 aniversario do Encoro da Fervenza.
- A igrexa parroquial de Dumbría.
- Un Modesto repaso aos costumes avespa velutina.
- O piñeiro-marco entre Cee e Corcubión.
- A escola de Dumbría.
- Reparación do piso e do teito da Igrexa de Buxantes.
- O Dolmen da Pedra da Arca.
- A Cabana da palla do millo.
- Apañar o mato en primavera.
- A Ponte de Canelas en Dumbría.
- O arado de madeira ou tamén chamado romano.
- O Cruceiro pantasma do Monte de Olveira.
- Memoria Histórica de Buxantes – Muíño da Fonte Santa.
- O Castro de Castromiñán.
- O lugar de Quenxe.
- A Igrexa Parroquial de Buxantes.
- A Igrexa Parroquial da Ameixenda.
- O Bico do Santo en Carnota.
Patrimonio Pindexo
- Monte do Pindo, o remedio natural para rebaixar o colesterol.
- O Modesto Patrimonio: Subida ó Pico de Peñafiel do Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A toponimia do Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: O topónimo: O Pindo ou Monte Pindo?.
- O Modesto Patrimonio: Explorando a toponimia dos camiños do Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A Cabana das Chozas, outra Caverna dos refuxiados no Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A Furna do Río da Barco.
- O Modesto Patrimonio: Fonte Mateo e A Cova dos Morcegos no Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A Cova da Pendente do Monte Pindo.
- O Modesto Patrimonio: Os muíños do Monte do Pindo.
- Con Pepe do Fieiro redescubrindo os tesouros do Monte Pindo.
- Pepe do Fieiro: “Dicían os nosos vellos…”.
- Ézaro, unha viaxe polas covas dos agochados no Monte Pindo (Parte 1).
- Ézaro, unha viaxe polas covas dos agochados no Monte Pindo (Parte 0).
- Da Raínha Lupa á Cova da Xoana, pasando por Duio, con Pepe do Fieiro.
- Os muíños do Monte do Pindo, por Modesto García Quintáns.