martes. 21.04.2026
El tiempo

1ª e 2 Div. Fem: O Muxía mantén a vantaxe salvando outra das probas complicadas


O Muxia celebrando un dos tantos ante o Cee-Foto-Marina Busto
O Muxía celebrando un tanto nun partido anterior -Foto-Marina Busto
1ª e 2 Div. Fem: O Muxía mantén a vantaxe salvando outra das probas complicadas

Descansaba o Tordoia e o Muxía non desaproveitou a ocasión, superando outra das pedras de toque nesta última recta polo sprint, e venceu ao Victoria B, que chegaba 6º na táboa. As de Noe Iglesias sacan 3 puntos, e o golaverage ao cadro de Curro, nesa loita polo título.

Polo demais, o Xallas caeu na casa ante po potente Antas (3º) e pensa na final da Copa da Costa, igual que o Cee, que con moitas baixas non puido co Campestre. O Dumbría, en modo prevacacións, non puido co potente filial bergantiñán. A fazaña da xornada protagonizouna a Esteirana, que venceu con 10!

1ª Div. Fem., xornada 25

Muxía - Victoria B (4-2)

  • Muxía: Sheila, Ana, Mai, Raquel, Nerea Barrientos, Andrea Piroja, Eva Lago, Paula Rey, Patri Romaní, Eva Lema, Barca. Tamén: Vero, Nerea Pazos, Irene, Laura Doce e Karen.
  • Goles: 0-1, m.7: Ariadna; 0-2, m.29: Ariadna; 1-2, m.36: Eva Lago; 2-2, m.49: Raquel; 3-2, m.69: Patri Romaní de córner directo coa axuda dunha defensa; 4-2, m.80: Eva Lema.

Gran remontada do cadro de Noe Iglesias ante un equipo moi novo pero con moita calidade. Complicábase o choque cun gol tempraneiro do equipo herculino. O choque estaba cun ritmo frenético, algo que non quería o equipo local, pero o segundo gol fixo reaccionar as Corviñas que pronto recurtaban por medio de Lago.

Na segunda xa se xogou ao que querían as muxiás, levando o peso, controlando e chegando a gol. O empate sería de Raquel de cabeza e despois a capi poñería ao equipo por diante cun gol olímpico. inalmente, Eva Lema poría terra de por medio no 80 ' para dar tranquilidade antes do asubío final.

Gran esforzo do cadro de Noe: “O equipo está demostrando que ademais de calidade, ten pundonor e garra”, valora a adestradora.

Campestre - Cee (3-2)

  • Ce: Noemi, Cris, Ramos, Luchy, Aroa, Caro, Sabela, Laura, Martínez, Nayara Casais, e Paula Veiga. Tamén: Sharay Caamaño e Thalia.
  • Goles: 0-1, m.1: Paula Veiga; 1-1, m.2: Adriana; 2-1, m.3: Ingrid; 2-2, m.17: Paula Veiga; 3-2, m.68: Lara Naya.

Derrota pola mínima das ceenses tras un partido de moitas alternativas. As costeiras teñen a cabeza na final da Copa.

Corme - San Lázaro (2-1)

  • Goles: 1-0, m.48: Claudia; 2-0, m.51: Claudia; 2-1, m.66: Douaa.

Partido no que o equipo de Rubán Souto volviu a recuperar sensacións en canto a xogo e ritmo, facendo unha primeira parte moi boa, na que só faltou o premio do gol, con varias chegadas moi claras, entre elas dous balóns ao largueiro. Xa no inicio da segunda parte si acabarían entrando, cun doblete de Claudia, e mesmo un balón ao longueiro nun tiro lonxano de Carla que puido ter pechado o encontro. Pero nunha xogada illada as santiaguesas marcaban e se meteron no choque. Entraron algo de dúbidas nas locais, que perderon o control do balón, e acabaron pelexando ata o final gardar os 3 puntos, antes da xornada de descanso.

Esteirana - Ordes (5-3)

  • Goles: 0-1, m.11: Elena; 1-1, m.18: Nuria; 2-1, m.23: Rut; 3-1, m.28: Rut; 4-1, m.31: Bárbara; 5-1, m.48: Bárbara; 5-2, m.63: Candela; 5-3, m.75: Anabel.

Aprovetou a Esteirana a visita do pechacancelas para sumar unha nova vitoria e unha semana menos para esta convulsa temporada. Porque con 10 tivo que xogar o cadro de Fran Figueroa todo o partido, xa que Leti non pudo nin comenzar o encontro. As rivaus, a pesar de ser as colistas, chegaron a pelexar polo seu partido, e adiantáronse ós 10 minutos aproveitando a pasividade local en zona de inicio. Pero caeron as esteirás e foron dominadoras ata o final, cando as forzas xa eran xustas.

Dumbría - Bergan B (0-4)

11 do CF Dumbria FEM

  • Goles: 0-1, m.23: Julia; 0-2, m.58: Julia; 0-3, m.60: Julia; 0-4, m.88: Alessandra.

Partido con ritmo previo a vacacións. As dumbriesas estiveron sempre dúas marchas máis abaixo que as novas bergantiñás, sen a intensidade habitual. Así e todo aguantaron ben a primeira metade, sólido e tendo un par de achegamentos. Só Julia en xogada individual movía o marcador.

Na segunda un pouco máis do mismo, cun Bergan que saíu a matar o partido e un Dumbría que o intentaría pero sen esa mordente necesaria, tendo incluso un man a man para o 1-1 que detería ben a meta rival. Coa sucesión de cambios e o cansancio o Bergan cada vez se facía máis dueño do partido sabendo circular e dormilo con balón.

Crónicas da #LigadaCostaFEM

Crónicas da 1ª e 2ª Div.

Máis info

Comentarios