1ª FUTGAL: Despedida amarga
Dúas vitorias colleitaron Camariñas e Fisterra para despedir a categoría. O Fisterra volve á Liga da Costa despois de 10 anos, pois a última vez que estivo foi no título que gañou na 15/16, no que foi ademais a despedida de Fran Pequeño, que chegou neste treito final para meter unha man. Mentres, a singradura do Camariñas na 1ª durou unha temporada pero o club ameaza con volver.
Non puido despedirse con vitoria ante a súa afección, pola contra, unha Esteirana que celebrou coas despedidas e homenaxes a Sui e Oli, o final dunha temporada terrible, de graves problemas de lesións tanto en sénior masculino como en feminino. 4 temporadas leva o cadro de Adán, que ten intención de continuar, na categoría.
Ademais, o Castriz, sen nada en xogo, empatou, e o Muxía selou un bo empate ante todo un Calo, equipo de Promoción, coa cabeza posta na final do domingo no Irmandiño ante o Malpica.
Muxía - Calo (1-1)
- Muxía: Joel, Anxo, Antón, Carlos, Fabián, Manu Martínez, Iago, Julián, Manu Nogueira, Rober e Toja. Tamén: Iván Bouzón, Fran Quintáns, Michael, Alex, Fran Moreira, Víctor Alcaina e Brais.
- Goles: 0-1, m.33 Brais Bures; 1-1, m.47: Iago Muíño.
Chegaba nervioso o Calo xogándose a promoción, ante un Muxía que saía con rotacións pensando na Copa. Os de Pataca eran dominadores de balón pero un par de erros na saída permitiron ao Calo poñerse por diante.
Na segunda, tras facer 4 cambios o descanso, seguía na mesma liña o partido e os muxiáns, a base de dominar e empurrar, conseguiron empatar e o marcador xa non se movería en toda a segunda metade. Cómpre destacar o debut de Fran Quintáns, xogador cadete.
Esteirana - Bastavales (1-3)
- Esteirana: Guille, Sui, Godo, Antón, Tobío, Oli, Pachi, Pablo Rama, Anxo, Samu León, Foghete. Tamén: Luaces, Pablo Val, Raúl, Nauzet e Cristian.
- Goles: 1-0, m.25: Antón; 1-1, m.56: Gabri Mirazo; 1-2, m.64: Iván Señorís; 1-3, m.75: Chenel.
Por fin acabou esta longa temporada para o equipo de Adán. Abondo fixeron coa pandemia de lesións que sufriron este curso. Foi un partido de trámite, pero moi emotivo, polas despedidas de Sui (mesmo sendo pai por terceira vez), e Oli.
Os de Adán fixeron unha boa primeira metade, xogando por dentro e por fóra, pero na segunda notaron moito o baixón físico, e cos cambios para as despedidas, acabaron con varios xuvenís no campo sufrindo moito nas segundas xogadas. Con todo, o futuro do club está servido.
Vizoño - Castriz (1-1)
- Castriz: Coke, Fabián, Samu Castro, Saúl, Marcos Mouro, Rodo, Fabio Blanco, Adrián García, Alemán, Charli e Juanjo. Tamén: Alberto Mata, Luís, Fabio Barbeira e Brais.
- Goles: 0-1, m.24: Alemán; 0-2, m.65: Fabio Blanco; 1-2, m.76: Jesús Ois de chilena espectacular; 2-2, m.85: Alex Miranda.
Gran primeira metade dos de Barca, sen tanta presión polos puntos, xogando ben e facendo moito con Fabio e Charli por bandas que eran auténticas dagas. Ademais do gol de Alemán, tiveron un tiro de Fabiño ao longueiro, e varias internadas. Ademais o Vizoño nin tirou á meta de Coke.
Esperou algo máis atrás os xalleiros na segunda, que roubaban e transitaban, cun Fabiño espectacular que mandou outro ao longueiro como prefacio para o seu gol. Estaban sendo moi superiores os xalleiros, tendo unha xogada de Rodo ao pau, estando máis preto o 3-0 que o 1-2, pero fixo mella a relaxación e o Vizoño comezou a apretar e conseguíu meterse no partido cunha chilena tremenda, e a 5 do final acadaba o empate.
Camariñas - Cacheiras (1-0)
- Camariñas: Pablo, Alejandro, Borja, Oliver, Pablo Suárez (Pablo González), Moriño, Víctor, Pablo Carril (Fabio), Adam (Camilo), Mario, Saúl (Iago).
- Gol: 1-0, m.8: Saúl encara, regatea ao porteiro e marca.
Último partido da tempada con 8 xogadores senior e 7 xuvenís no cadro de Pepucho e Faus (pola sanción a Juan Cabrejo). Moi bo partido dos encaixeiros que abrían o marcador moi pronto cun balón ás costas que aproveitaba moi ben Saúl. Estaban ben armados os locais, sen permitir ocasións, e buscando a velocidade de Mario ao espazo, e nunha desas forzaba a expulsión dun defensa.
Na segunda os visitantes endureceron o partido, cun codazo a Mario, que responde acabando os dous na bancada. Aínda o xuvenil Pablo González recibía o segundo cartón e os dous equipos acababan con 9, e así esmoreceu o choque.
Fisterra - Rac. San Lorenzo (2-0)
- Fisterra: Joselu, Mateo, Colombia, Piti, Lois, Noé, Rui, Dani, Quintela, Eze e Isaac Fábregas. Tamén: Rubén, Maikel, Alberto, Ángel e Pablo.
- Goles: 1-0, m.9: Dani; 2-0, m.13: Lois de penalti.
Partido de tramite para despedirse da categoría e da dura temporada o Fisterra en Ara Solis, con moitos xuvenís no campo e a cabeza posta no curso que vén.
Todas crónicas da 1ª FUTGAL
- X.33: O Castriz salva a categoría e o Camariñas e o Fisterra acompañan á Esteirana na volta á Liga da Costa.
- X.32: Xornada fatídica que deixa 3 equipos costeiros no pozo
- X.31: Cara para Castriz, cruz para Fisterra e canto para Camariñas.
- X.30: A vitoria do Muxía fai bo o empate de Camariñas e Castriz.
- X.29: O Castriz reacciona antes da fraticida recta final.
- X.28: O Muxía pode ata co líder e o Fisterra métese de cheo na loita pola salvación ao vencer ao Castriz.
- X.27: Táboas insuficientes.
- X.26: Só o Fisterra salva unha nova mala xornadas.
- X.25: O mundo ao revés.
- X.24: Dous míseros empates.
- X.23: O Fisterra saca a cabeza a costa dunha afundida Esteirana nunha xornada fatídica.
- X.22: O Muxía ponse colíder e Castriz e Camariñas alonxan o descenso.
- X.21 O Muxía fai soñar á parroquia corviña á costa do Camariñas.
- X.20: Esteirana e Fisterra reaccionan e o Muxía colócase a 1 punto do liderato.
- X.19: O Muxía afunde máis ao Fisterra e soña con todo.
- X.18: Fisterra e Esteirana quedan descolgados nunha boa xornada para Muxía, Camariñas e Castriz.
- X.17: O ano comeza tan mal como acabou para os equipos costeiros.
- X.16: Xornada fatal para confirmar un mal comezo de curso.
- X.15: Sufrindo fóra de casa.
- X.14: O Castriz invade Esteiro e o Muxía cólase na zona noble.
- X.13: A Esteirana reacciona en Caión.
- X.12: Sacando rédito sobre a bocina.
- X.11: O Castriz supera ao Fisterra nunha xornada máis positiva.
- X.10: O Muxía vence o derbi e escapa do pozo.
- X.9: Esteirana e Castriz respiran.
- X.8: Só suma o Camariñas e os outros 4 equipos costeiros pechan a táboa.
- X.7: Pleno de derrotas que afunde aos 5 equipos costeiros na táboa.
- X.6: Muxía e Fisterra poñen os goles.
- X.5: Dous fermosos derbis.
- X.4: Empate de respecto.
- X.3: Probando o duro sabor da 1ª.
- X.2: O Camariñas pon pé na 1ª cunha remontada espectacular.
- X.1: Sensacións dispares nun comezo bronco.
Máis info
- Todos os resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com.