1ª FUTGAL: O Dumbría asalta o liderato a falta de 3 xornadas

11 do CF Dumbría que asaltou o Municipal da Laracha
  •  A Esteirana, pendente da irresponsabilidade do Vista Alegre

Tras moitas xornadas agazapado, soltou o zarpazo o Dumbría nesta Semana Santa. A doble xornada da 1ª destes días deixa ao Dumbría como máximo aspirante ao título e ao ascenso á Preferente. O equipo de Pablo Conde asaltou o Municipal da Laracha e venceu ao Club do Mar por 0-2, cos tantos de Xabi Castro e Diego Estévez.
O Dumbría superaba o xoves, na xornada 19 adiada a finais de xaneiro polo temporal, ao Bertamiráns, por un rotundo 3-0, tamén cos goles de Xabi Castro e Estévez, ademais do de Toni.

Comezaron moi forte os caioneses, con balóns directos, se ben os dumbrieses foron calmando o partido a base de control do balón. Chave foi unha salvada de Dani Chao e Kanario a un gol xa cantado, e a partir de aí foi o Dumbría o que máis buscou a vitoria, ante un Club do Mar que parecía ao que lle valía o empate. A 25 do final, unha falta de Marcote era peiteada a gol por Xabi Castro. E a partir de aí, entráronlle as présas aos locais, pero os de Conde souberon manexar os tempos e sentenciar sobre os 90 regulamentarios.

Quédanlle 3 partidos ao equipo de Pablo Conde, xa coa promoción asegurada e cun punto de vantaxe sobre o Club do Mar nesa loita polo título e o ascenso directo. Enfronte terá á Esteirana (11º), Calo (5º) e Vista Alegre (18º), tres equipos sen practicamente nada en xogo. “Non temos nada que pensar que en galñar o seguinte partido”, relata un sempre prudente Pablo Conde.

Fisterra, Castriz e Muxía, na zona morna

Gran temporada destes tres equipos na 1ª, deixándose nas últimas xornada caer algo pero demostrando que están para competir con calquera.

O xoves arrincaba cun Fisterra-Muxía que se decidía cun tanto en propia de Congui que daba os puntos para o cadro fisterrán tras un envite tremendamente igualado. Xa o domigo, os fisterráns, con moitas baixas e coa cabeza nas procesións, perdían co Tordoia na casa, mentres que os muxiáns non pasaban do empate ante o Carral nun choque tenso que deixa un punto que pode ser valioso para os muxiáns.

Para o Castriz, comezaba a Semana Santa no campo de herba natural do Praíña, cun empate xusto cun tanto de Josiño. E contra o Calo, onte, foi un mal partido dos de Miguel Chouza, que perdeu motivacin.

A Esteirana, pendente do Vista Alegre

Pola súa parte a Esteirana, aínda necesitada de sumar para deixar de mirar o retrovisor, sufría unha derrota en Todoia por 2-0, a pesar dunha boa entrada no campo. Xa o domingo, en Calo, de estar 1-1 ao descanso cun tanto de Pablo Rama ao fío do descanso, acabou derrotado por 1-3.

Con todo, o cadro esteirán, sutuado hoxe na 11ª posición, con 7 equipos aínda por debaixo, non pode respirar tranquilo, porque a nova incomparecencia do Vistas Alegre pode provocar, de volver a pasar, a suspesión da segunda volta. Unha situación que perxudicaría directamente ao cadro esteirán, porque si sumou os 3 puntos ante o irresponsable cadro santiagués, cousa que non fixeron algúns dos rivais directos. “É unha vergonza”, critica o adestrador Iván González, destacando que xa non é a primeira vez que fai algo así o equipo compostelán.

Ao SanLo non lle chega

Doble empate que sumou o San Lorenzo esta ponte. Dous partidos que non lle chegan ao cadro carballés, que ve como a salvación queda xa a 10 inalcanzables puntos. O xoves, na xornada 19, empata a 2 ante o Vea, precisamente o equipo que marca a permanencia, cun tanto en propia e un tanto de Javi Pérez para empatar no treito final do partido.
Onte, nas Pedreiras, novo empate a 2, nun partido clásico de xogo directo, no que os tantos de Baldo e de Javi Pérez non serviron para deixar 3 puntos que anulou o Praíña no m.87.

 

Todas as crónicas da 1ª FUTGAL

Máis info