1ª FUTGAL: O Dumbría, a dous pasos do ascenso
Dúas finais quédanlle ao Dumbría para alzarse co título da 1ª festexar o ascenso directo á Preferente. O cadro de Pablo Conde vencía á Esteirana e aproveitaba outro tropezo do Club do Mar, que non pasou do empate ante o Praíña, para sacar agora 3 puntos tanto ao club caionés como ao Carral (que goleou a un entregado San Lorenzo).
Así, se Dumbría se gaña o domingo que vén a un Calo que non ten nada en xogo, dará un paso de xigante para rubricar un ascenso histórico, que podería rubricar tamén no Conco na última xornada ante o desafiuzado pechacencancelas, un Vista Alegre que polo menos ten decidido non deixar de presentarse aos campos para non desvirtuar a competición.
Precisamente desa posible anulación da segunda volta que provocaría a non comparecencia do Vista Alegre segue pendente unha Esteirana que non pode dar por asegurada a permanencia, a pesar de ter aínda 4 equipos de marxe coa promoción.
Polo demais, derrota do Muxía e vitoria do Castriz na zona media, e vitorión do Fisterra, que recupera o 5º posto, demostrando o temporadón do equipo verde.
Dumbría - Esteirana (4-0)
- Dumbría: Anxo, Kanario, Alex Marcote, Breixo, Baba, Dani Chao, Antón, Toni, Xabi Castro, Lucas Toba e Diego Estévez. Tamén: Isma, Quique Benlloch, Brais, Juanjo, Breixo Castro, Iago Insua, Adrián Periscal.
- Esteirana: MJ, Damián, Godo, Tobío, Adrián, Pablo Rama, Alex Rama, Antón, Oli, Adán e Rober Pladur. Tamén: Kevin, Toni, Bieito, Pachi e Elías.
- Goles: 1-0, m.25: Estévez; 2-0, m.56: Estévez; 3-0, m.71: Toni; 4-0, m.81: Juanjo.
Partido igualado o vivido no Conco, cun Dumbría mandón ante unha Esteirana que aguantaba algo máis atrás do habitual ante o líder, pero que sacaba boas transicións polas bandas. Non conseguía facer dano o cadro local ata que tras un pase filtrado, Estévez, en posición dubidosa para os visitantes, definía no man a man ante o MJ. Competiu ben o cadro esteirán ante un Dumbría moi firme.
Pero na segunda, os de Iván González perdían varias saídas de balón, e á terceira, novo roubo e gol de Estévez, que non perdoa, e se coloca con 34 goles, 4 máis que o seu veciño Isaac Fábregas na loita polo pichichi da categoría. Os dous son os máximos goleadores dos 6 grupos, o que dá conta da dificultade de chegar a estas cifras.
Despois do segundo, apretou algo a Esteirana, tendo unha de Rober e unha internada de Antón, pero a vermella a Oli a 20 do final acabou xa co partido, marcando dous tantos máis os de Pablo Conde, que acariñan o título.
Vizoño - Fisterra (2-4)
- Fisterra: Joselu, Isma, Ángel, Piti, Lobelos, Gabi, Jano, Juan Trillo, Miguel, Adrián Makaay e Isaac Fábregas. Tamén: Rubén, Gulle, Jose, e Dani.
- Goles: 0-1, m.32: Adrián Makaay nun córner de Gabi; 0-2, m.37: Gabi de córner directo; 0-3, m.42: Gabi remata un pase atrás de Isaac; 1-3, m.68: Diatta; 2-3, m.92: Bruno; 2-4, m.95: Isaac aproveita unha falta de Isma que peta no longueiro e bota na liña de gol.
Gran partido do Fisterra a pesar das baixas e dunha aliñación cheo de novidades. Os de Lobelos comezaban ante un equipo metido atrás, e sen sufrir atrás ían avisando cun tiro de Isaac e unha internada de Jano. Á media, os fisterráns teñen un penalti que falla Isaac, pero no córner seguinte si marca Makaay. Sen facer demasiado, Gabi fai dous goles máis antes do descanso, un de córner directo coa axuda da defensa.
Cambiou o conto na segunda, cun cadro local que metía ao Fisterra no seu campo. Metía o 1-3, o cadro local con 20 minutos por diante, pero o equipo aguantaba sen sufrir demasiado. Ata o desconto, cando si que meten o 2-3 tras un balón colgado na área. E nese minuto máis de desconto, hai dous ataques, un en cada área que salvan os porteiros (quéntase o choque cando Joselu bloca un balón), pero na última xogada, os fisterráns conseguen unha falta, que lanza Isma e remacha Isaac.
Castriz - Vista Alegre (3-0)
- Goles: 1-0, m.39: Carlos Rieiro; 2-0, m.62: Borja Gándara; 3-0, m.66: Carlos Rieiro.
Agolada - Muxía (2-0)
- Muxía: Adrián, Mateo, Alex, Congui, Darío, Fabián, Iago Muíño, Kevin, Carlos Costa, Mauro, Fran Moreira. Tamén: Roberto, Víctor Alcaina, Manu Nogueira, Isma Márquez, Javi Vilela e Manu Martínez.<&/l>
- Goles: 1-0, m.50: Dani Gavieiro de falta directa; 2-0, m.80: Currás de penalti.
Partido con moita calor no Hospitalillo, bastante igualado que comezaba cunha ocasion clara que non aproveitaron os corviños na primeira parte. Comezaba a segunda cun despiste, facendo unha innecesaria falta no borde da área que lle serve ao cadro local para meterse por diante ao comezo da segunda. Mantívose no partido o equipo de Pataca, pero tralo segundo, que chegou a 10 do final despois dun penalti, xa non tiveron reacción.
Carral - San Lorenzo (6-1)
- Goles: 1-0, m.19: Jonathan Fila de penalti; 2-0, m.23: Sergio Iglesias; 3-0, m.48: Sergio Iglesias; 3-1, m.53: Baldo; 4-1,m .63: Miguel; 5-1, m.85: Jean Pierre; 6-1, m.93: Cristian.
O Carral, con máis intensidade e ganas que o San Lorenzo, sentenciu na primeira parte o partido. No minuto 19, nunha saída, Souto comete penalti e chega o 1-0. Tras o golpe ten que saír do campo e entra no seu lugar o xuvenil Casti, facendo o debut na categoria e un moi bo partido.
Ao comezo da segunda, recortou distancias co 3-1 Baldo pero a pegada do Carral deixou no marcador o 6-1 tras un mal partido do Sanlo.
O club espera que o choque de Javi Souto quede nun golpe, pero tivo que abandonar o partido en muletas.
Todas as crónicas da 1ª FUTGAL
- Todas as táboas ligueiras en www.futboldacosta.com.
- Os cadros da Copa da Costa en www.copadacosta.com.
Máis info
- X.31: O Dumbría asalta o liderato a falta de 3 xornadas.
- X.30: Dumbría e Esteirana suman na xornada dos dous derbis.
- X.29: O Dumbría escala a costa do Muxía e coa axuda do Fisterra.
- X.28: O Castriz afunde o soño do San Lorenzo.
- x.27: O San Lorenzo segue soñando.
- X.26: O Dumbría segue firme.
- X.25: O San Lorenzo agárrase á categoría.
- X.24: Tres vitorias, un empate e unha crúa derrota para os equipos costeiros.
- X.23: Só o Fisterra salva unha xornada regular.
- x.22: O San Lorenzo volve gañar nas Pedreiras un ano despois.
- X.21: O Dumbría cae 16 xornadas despois.
- X.20: Empate en Verdillo, 3 vitorias e unha derrota.
- X.18: O Dumbría salva un matchball en San Pedro
- X.17: O Dumbría remata a primeira volta na segunda praza a dous puntos do líder.
- X.16: O SanLo reacciona antes de fin de ano e o Dumbría bate co Muxía.
- X.15: 4 costeiros entre os 7 primeiros.
- X.14: Resultados para todos os gustos.
- X.13: Dumbría e Muxía manteñen a loita ben arriba.
- X.11: Dumbría e Muxía, en postos de podio.
- X.10: A xornada de derbis cóbrase o primeiro adestrador.
- X.9: O gran papel dos equipos costeiros.
- X.8: O Muxía métese en postos de promoción.
- X.7: O Castriz ponse líder costeiro.
- X.6: Subindo ao segundo e ao terceiro vagón.
- X.5: Fisterra e Muxía igualan a táboa nos derbis.
- X.4: A Esteirana e o Dumbría métense no vagón de cabeza.
- X.3: Fútbol total
- X.2: O Dumbría pon a quinta marcha.
- X.1: Dumbría e Fisterra comezan de 4 en 4.