1ª FUTGAL: O San Lorenzo segue soñando
Xornada de derbis. O Dumbría sumaba a súa 4ª vitoria seguida no sempre emotivo choque ante o Fisterra, e mantén a seúa tremenda 3ª praza.
No outro derbi da xornada, o Castriz remontaba en Arliña nos últimos 5 minutos e adianta ao cadro muxián, ficando ambos nas meritorias 7ª e 8ª praza.
Por abaixo, terceira semana sen perder (2 vitorias e 1 empate) para un San Lorenzo que segue recortando puntos coa salvación. A heroica salvación quedaría agora a 9 puntos, a distancia co Bertamiráns, que ten un puntos menos que unha Esteirana que se vén complicando a vida nas últimas semanas, pero que espera seguir sumando para non sufrir un este ano, menos posible arrastre.
Cómpre lembrar que coa coordinación autonómica da 1ª, se hai un arrastre que veña de 3ª Federación, descenderá o peor 4º peor equipo dos 6 grupos, non no grupo que lle cadre como viña acontencendo ata agora.
Fisterra - Dumbría (0-2)
- Fisterra: Joselu, Isma, Colombia, Dani, Maikel Mouzo, Lobelos, Rubén, Jano, Juan, Isaac e Bruno. Tamén: Mario, Adrián Makaay, Guille, Piti, Romero, Gabri e Ángel.
- Dumbría: Anxo, Kanario, Mataso, Breixo, Dani Chao, Baba, Toni, Lucas, Alex Marcote, Xabi Castro e Estévez. Tamén: Isma, Brais, Juanjo, Breixo Castro, Goyes, Adrián Periscal e Quique Benlloch.
- Goles: 0-1, m.8: Diego Estévez tras unha peiteada de Xabi Castro; 0-2, m.26: Dani Chao.
Derbi sempre especial entre estes dous equipos, con varios fisterráns como Breixo e Estévez que volvían a Ara Solis, e cunha homenaxe singular ao comezo do partido, pois a SD quixo recoñecer a labor de Gorka Papin, campión Galego do peso pesado.
No depotivo, foi un partido con dúas partes diferenciadas. Saía o Dumbría moito mellor na primeira, ante un Fisterra que non estaba seguro atrás en balóns directos. Pronto un balón longo era peiteado por Xabi Castro que deixaba para que Estévez fusilase a Joselu. O choque seguía disputado e nunha xogada mal defendida polos locais, Dani Chao calzaba o segundo.
Remataba a primeira metade sen dominador claro, cos dous equipos presionando con moita intensidade e brega.
Saían os de Diego Lobelos na segunda moi fortes para intentar recortar, que envorcaron o campo durante todo o segundo tempo, tendo Bruno e Isaac varias ocasións para recortar, sobre todo a balón parado, con dous balóns á madeira, e mesmo un man a man de Adrián Makaay que salvou un gran Anxo. Tamén á contra puido sentenciar o cadro de Pablo Conde, que non fixo unha boa segunda metade, pero que levou os puntos e mantén a súa firme 3ª praza.
Muxía - Castriz (1-2)
- Muxía: Iván Bouzón, Mateo, Anxo, Congui, Carlos Costa, Iago, Gabián, Víctor Alcaina, Mauro, Fran Moreira e Manu Nogueira. Tamén: Adrián, Alex Martínez, Darío, Javi Vilela, Kevin, Manu Martínez.
- Castriz: Coke, Fabián, Elvis, Samu Castro, Brais, Anxo, Adrián García, Borja Gándara, Josiño, Noli e Iván Pastoriza. Tamén: Rodo, Brais e Gesto.
- Goles: 1-0, m.51: Anxo nun córner; 1-1, m.85: Josiño remata unha falta lateral botada por Pastoriza; 1-2, m.92: Borja Gándara de cabeza por riba de Bouzón tras un saque longo de Coke.
Partido marcado polo vento no que debutaba Bouzón no cadro muxián, recén chegado dun xa desafiuzado da Liga da Costa Cee. Co vento a favor comezaba mandando no campo o equipo de Pataca, pero a presión xalleira impedía que estivesen finos co balón, e que apenas xerasen perigo na primeira metade, se ben o Castriz tampouco ameazou a meta local.
Nada máis comezar a segunda, gol de córner para os locais, e mazazo para os xalleiros, que se viron moitos minutos superados polo moi bo fútbol dos muxiáns, “un dos mellores equipos con balón da categoría”, recoñecia o propio mister xalleiro Miguel Chouza.
Pero co paso dos minutos, o Castriz foise indo pouco a pouco arriba. Salvaron aí o 2-0 nun par de boas contras muxiás, e despois dun aviso, Josiño conseguía empatar a 5 do final noutra xogada a balón parado. O equipo xalleiro foi correndo polo balón, e aproveitando a inercia, no 92, Borja Gándara marcaba tras un balón longo de Coke para levar os puntos para San Pedro e superar na 7ª praza aos veciños.
San Lorenzo - Vista Alegre (3-0)
- San Lorenzo: Javi Souto, Alberto Campos, Pablo Garrido, Javi, Alex Costa, Alex Vázquez, Hugo Pereiro, Iago, Riki, Alex Taibo e Eloy Arantón. Tamén: Mario, Raúl, Hugo Rey, Pablo Rod., Baldo, Ragusa e Isma Pena.
- Goles: 1-0, m.37: Iago Garrido; 2-0, m.54: Hugo Pereiro; 3-0, m.61: Pablo Garrido.
Partido pouco vistoso, de moita disputa pero que serve aos de Iván Rojo para seguir soñando. Primiera parte con poucas ocasións, o primeiro tiro do Sa nLorenzo sería no minuto 37 e sería o gol de Iago tras unha xogada individual e golpeo desde fóra da área.
Tras o descanso os locais deron un paso arriba e chegou unha clara ocasión de Eloy. E pouco despois chegou o 2-0 gol de Pereiro. E no minuto 61 o capi Garrido facía o 3-0 cun golpeo desde fora da aréa. O Vista Alegre quedaba con 10 xogadores e o resultado non se movía e permitía que o equipo sumase o seu segundo partido con porta a certo e a terceira semana sen perder.
Boimorto - Esteirana (3-1)
- Esteirana: MJ, Kevin, Godo,
- Goles: 1-0, m.25: Manu Casal un golazo dende lonxe; 2-0, m.32: Manu Casal; 3-0, m.35: Óscar Carro; 3-1, m.70: Godo.
Non se adaptou ben o cadro de Iván González á herba natural do Carballal, nun choque que comezaba co Boimorto mandando algo máis, probando a MJ, pero tamén nun par de transicións os visitantes avisaban. Tras unha vaselina ao pau, á saída do córner, Manu Casal fixo un golazo.
Intentouno aí o cadro blaugrana, e tivo un cabezazo picado Róber Pladur ao que respondía ben. Pero tras un par de internadas como un tiro de Oli, Manu Casal facía o segundo, e xa co equipo grogui chegaba o terceiro.
Na segunda, recuperou forza a Esteirana, que se veu arriba. Tiveron varias boas ocasións, como un pase da morte que quedou curto de Antón a Róner, e pediron ata dúas posibles penas máximas, que puideron ter metido no partido ao equipo xunto ao tanto de Godo.
Máis info
- Todas as táboas ligueiras en www.futboldacosta.com.
- Os cadros da Copa da Costa en www.copadacosta.com.
Todas as crónicas da 1ª FUTGAL
- X.26: O Dumbría segue firme.
- X.25: O San Lorenzo agárrase á categoría.
- X.24: Tres vitorias, un empate e unha crúa derrota para os equipos costeiros.
- X.23: Só o Fisterra salva unha xornada regular.
- x.22: O San Lorenzo volve gañar nas Pedreiras un ano despois.
- X.21: O Dumbría cae 16 xornadas despois.
- X.20: Empate en Verdillo, 3 vitorias e unha derrota.
- X.18: O Dumbría salva un matchball en San Pedro
- X.17: O Dumbría remata a primeira volta na segunda praza a dous puntos do líder.
- X.16: O SanLo reacciona antes de fin de ano e o Dumbría bate co Muxía.
- X.15: 4 costeiros entre os 7 primeiros.
- X.14: Resultados para todos os gustos.
- X.13: Dumbría e Muxía manteñen a loita ben arriba.
- X.11: Dumbría e Muxía, en postos de podio.
- X.10: A xornada de derbis cóbrase o primeiro adestrador.
- X.9: O gran papel dos equipos costeiros.
- X.8: O Muxía métese en postos de promoción.
- X.7: O Castriz ponse líder costeiro.
- X.6: Subindo ao segundo e ao terceiro vagón.
- X.5: Fisterra e Muxía igualan a táboa nos derbis.
- X.4: A Esteirana e o Dumbría métense no vagón de cabeza.
- X.3: Fútbol total
- X.2: O Dumbría pon a quinta marcha.
- X.1: Dumbría e Fisterra comezan de 4 en 4.