Sábado. 27.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: Cabana, Monte Louro e Cee escapan da zona perigosa

Monte Louro-Camelle-Foto-Edu Olveira
Imaxe do Monte Louro-Camelle-Foto-Edu Olveira
2ª Galicia: Cabana, Monte Louro e Cee escapan da zona perigosa

Nova xornada da Liga da Costa, cos Castriz e Mazaricos demostrando estar un paso por riba do resto. Os xalleiros teñen 6 puntos de vantaxe sobre os amarelos, que fraban a remontada do Volantes, que chegaba tras 4 partidos sen perder, e agora sacan 2 ao Muxía na loita pola promoción. Os muxiáns, con moitas baixas, non pasaron do empate na casa ante o Cabana. O Porteño rompía a serie de 3 partidos sen gañar, e superaba, non sen pouco sufrimento, a un desafortunado Baíñas.

Por abaixo, o empate do Cabana, e as vitorias de Monte Louro e Cee abren unha fenda cos 4 de abaixo, pero terán que loitar por evitar unha hipotética segunda praza de arrastre.
Así, Muros, Volantes, Camelle e Baíñas pelexarán por evitar o descenso directo.

Ponteceso - Coristanco (1-1)

  • Ponteceso: Coke, Juan Rey, Iván, Pedro, Luca, Ángel, Raúl, Javi Souto, Mendieta, Martín Puente, Eloy Álvarez. Tamén: Samuel, Neira, David Castro, Borja e Héctor.
  • Coristanco; Rubén, Jonathan Fraga, Kevin, Belar, Alex, Sergio Lorenzo, Dani, Loureiro, Erre, Raúl e Casti. Tamén: Álvaro, Rodrigo, Ferreiro e Randy.
  • Goles: 0-1, m.25: Casti; 1-1, m.73: Martín Puente.

Partido que se adiantou a manhan do Sabado por mor de celebrar a Mikaela. Foi un choque dominado polo equipo local ante un Coristanco que xogou replegado esperando a súa oportunidade á contra, e dominio que se acentuou máis na segunda parte de despois de adiantarse no marcador os visitantes no minuto 25 da primeira parte con un gol de Daniel Castiñeiras tras varios rebotes.

Os locais levaban o peso de partido, tendo varia oportunidades con varios balóns á madeira, e grandes internvecións de Rubén, o MVP do partido. Non puido facer nada, iso si, ante o gol de falta de Martin Puente que daba esperanzas os locais na súa loita con engancharse cos postos de arriba pero que non foi suficiente.

Monte Louro - Camelle (4-0)

Monte Louro-Camelle-Foto-Edu Olveira 2

  • Monte Louro: Pedro, Pablo, Manolo Chouza, David Pais, Óscar Fari; Pardelo, Chano, Álvaro Fari, Raúl; Luismi e Íker: Tamén; Javi, Iago, Abel, Rapante.
  • Camelle: Pirata; Martin, Ruso, David V, Hucho (Quintelo); Estiben, Makareno (Dido), Chans, Pastelero, Tereso (Mariño) e Adrián.
  • Goles: 1-0, m.60: Luismo; 2-0, m.65: Raúl; 3-0, m.78: Javi; 4-0, m.80: Luismi.

Monte Louro-Camelle-Foto-Edu Olveira 4

Mala primeira metade dos loureáns ante un Camelle moi serio, tendo mesmo un par ocasións de perigo.

Reaccionaron os de Bibi na segunda, que saíron con outra actitude decididos polo partido. O Camelle aguantaba e mesmo tivo unha ocasión na que o colexiado non deu por válido un gol pantasma. E na seguinte xogada, gol do Louro tras un mal despexe. O segundo, pouco despois, sentenciaría xa o choque.

Muxía - Cabana (2-2)

  • Muxía: Domingo, Anxo, Michael, Gusa, Congui, Darío, Isma Márquez, Mauro, Manu Martínez, Iago Muíño e Fran Moreira. Tamén: Ángel, Mateo, Javi Vilela, Eloy e Adrián Baamil.
  • Cabana: Manu Nantón, Mario, Miguel, Davir Rey, Diego Méndez, Fernando, Micky Pose, Simón, Aarón Casás e Manuel. Tamén: Roberto, Roi, Pablo Pose, Iván Rey e Christian Castro.
  • Goles: 01, m.5: Manuel; 1-1, m.17: Isma Márquez; 1-2, m.30: Aarón Casas; 2-2, m.90: Isma Márquez.

Bainas-Porteno

Mal partido dun Muxía cheo de baixas importantes, que non puido impoñer o seu fútbol ante un gran Cabana. Os visitantes puxéronse por diante ata en dúas ocasións e tiveron mesmo unha pena máxima para sentenciar o choque. Pero o Muxía, cargado de fe, empatou no desconto salvando un puntiño.

Cee - Corme (4-0)

  • Cee: Jorge, Oreiro, Jonathan, Borja, Iago Trillo, Bujeiro, Anxo, Jose, Bruno, Eze e Isma. Tamén: Isaías, Gabri Pazos, Moha, Enrique e Carlos.
  • Corme: Adrián, Teo, Hugo, Martín, Laik, Borja Torrado, Yago, Miguel, Noel, Eloy Villar e Isra. Tamén: Brais Pailos, Gabri, Senén e Mauro.
  • Goles: 1-0, m.27: Eze a pase de Bruno; 2-0, m.43: Bruno a pase de Eze; 3-0, m.48: Anxo; 4-0, m.74: Gabri Pazos a pase de Eze.

Partido completísimo do Cee e gris dun Corme que nunca se meteu no choque. Os de Rafa Suárez estiveron moi firmes atrás, dominando o balón e o medio campo, e coa parella de moda, Eze e Bruno, marcando a diferencia arriba.
Co paso dos minutos o Cee foise impoñendo ademais fisicamente, e os dous goles antes e despois do descanso mataron o partido.

Camariñas - Outes (0-1)

  • Camariñas: Jorge, Víctor, Caamaño, Oliver, Pablo Suárez, Roi, Manuel, Hugo, Soule (Julián), Mario e Djibril.
  • Outes: Dani, Jura, Keko (Clau), Babu, Marcos, Martín, Veleiro (Chía), Iván, Pablo, Yago (Ramiro) e Aarón Insua (Simón).
  • Gol: 0-1, m.75: Martín.

Igualadísimo partido no Vicente Carril, cun Camariñas que chegaba con 12 baixas, e no que os dous equipos comezaron sen correr riscos. O Camariñas quería ter algo máis o balón e o Outes buscaba diagonais ás costas dos laterais, tendo así un par de chegadas por banda. Mario e Djibril tamén protagonizaban algún escarceo na área visitante para un Camariñas que perdía a Soule por lesión.

O arranque da segunda metade foi mai parello ao tramo final do anterior período, e se ben o Outes non cometía erros na circulación do balón, Mario parecía máis incisivo. Nun córner Martín marcaba para os de Álex Romero, un tanto que fixo dano no Camariñas, Tardou, pero se recompuxo o cadro de Cabrejo e no arreón final, a base de xogo directo, meteu ao Outes, cun menos pola expusilón de Jura, na súa área e puidendo ter chegado o empate.

Volantes - Mazaricos (2-3)

  • Volantes: Alex de Yi, Ángel, Manu Teijo, Ayuba, Manu García, Anxo, Oladipo, Kevin Rajoy, Pesco, Manu de Yi, Carajillo. Tamén: Javi Romero, Borja, Adri Abeijón, Barreiro e Antonio Rama.
  • Mazaricos: Ángel, Raúl, David, Fran Pose, Luís Mayán, Pereiro, Iago, Chumiko, Rachón, Marcos e Molinos. Tamén: Sanchiño, Borja, Kevin, Sandelo e Diego Maneiro.
  • Goles: 0-1, m.5:: Chumiko de falta; 2-0, m.10: Rachón dende lonxe; 3-0, m.15: Rachón dende lonxe; 1-3, m.63: Manu Reijo; 2-3, m.90: Oladipo.

O Mazaricos saía como un vendabal, ante un Volantes baixo de intensidade, e en 15 minutos se metían cun claro 0-3. Puido marcar algún máis o cadro de Marcos, pero non sentenciou.

O Volantes saíu convencido da remontada, e con máis intensidade, recurtaban cun bo gol de Manu Teijo. Á contra tivo o Mazaricos pero apareceu Alex de Yi para manter ao seu equipo. Tamén Ángel salvaba un churazo de Pesco, e nunha acción os laranxas pedían penalti que non viu o colexiado. Xa case que no desconto, Oladipo facía o segundo, sen tempo para alcanzar o empate.

Baíñas - Porteño (0-1)

  • Baíñas: Maikel, Raúl, Rodrigo, Dylan, Manuel, Fabián, Maikol, Adrián, Cristian, Edu e Kevin. Tamen xogaron: Ruli, Carlos, Marcos e Samuu.
  • Porteño: José, Darío, Pejo, Pablo, Rodri, Saviola, Joseba, Nico, Alan, Chipi (Jairo) e Miguel (Manoliño).
  • Gol: 0-1, m.70: Chipi polas escuadra tras unha xogada individual.

Muxia-Cabana

Partido de tensión e igualdada, de moito balón longo e segundas xogadas, cun Baíñas que competiu man a man co Porteño. Os de Cousillas tiveron máis poderío nas áreas, e a calidade de Chipi foi diferencial. Na área local Maikel sacoulle un paradón a unha falta de Alan; na visitante, Cristian Canosa e Fabián tiveron boas ocasións na primeira pero os de Roski seguen con graves problemas cara gol, sumando só 16 goles en 19 partidos.

Despois do gol de Chipi, o Baíñas estirábase como podía, pedían un penalti por un sonoro “patadón” e Carlos e Ruli tiveron as súas opcións pero non acertaron, e tampouco tivo que aparecer Mariolo para facer as milagres de todos os domingos para a familia porteña.

Castriz - Muros (3-1)

  • Castriz: Gerpe, Elvis, Adrián, Piñeiro, Marcos Mouro, Iván Facal, Alberto Mata, Darío Capelo, Iván Pastoriza, Sebas, Noli. Tamén: Coke, Samuel Rodo, Álvaro, Martín e Braulio.
  • Muros: Varo, Quin, Alon, Jesús, Joaquín, Samuel, Dani Jurjo, Manu Tajes, Javi Carnota, Alon, e Xavi. Tamén: Víctor, Vara, Alex, Sanandréz e Xoel.
  • Goles: 1-0, m.60: Sebas tras unha xogada de Iván Pastoriza; 1-1, m.85: Samuel de cabeza; 2-1, m.88: Braulio aproveitou unha indecisión; 3-1, m.91: Sebas de penalti cometido sobre Samuel Rodo.

Presentouse en San Pedro o novo Muros de Vinto (nunha das sorpresas do Entroido trala saída de Ángel do banco celeste), moi ben replegado, con moitas axudas, e costoulle ao cadro de Miguel Chouza, reforzado neste mercado de inverno con dúas pezas de ouro como Marcos Mouro e Darío Capelo, meterlle o dente. Os xalleiros estaban moi precipitados e mandaban dous balóns á madeira pero non era un caudal ofensivo continuo.

O Muros aguantaba ante un Castriz que ía dándolle máis pausa ao seu xogo, ata que á hora de xogo Sebas abría a lata. Esmorecía aí o partido co 1-0, co Muros intentando metendo balóns arriba e o Castriz intentando sentenciar á contra, e Samuel conseguía o empate só a 5 do final. Non se precipiou o cadro rossonero e esperou a súa opción, unha indecisión entre defensa e porteiro que Braulio aproveitou para meter de novo ao cadro local por diante. No desconto, Sebas sentenciaba dende os 11 metros.

CRÓNICAS DA 2ª GALICIA

MÁIS INFO

Comentarios