Luns. 29.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: O Castriz supera unha proba de lume de Arliña

CF Muxia-SD Castriz en Arlina-foto-Marina Busto
Imaxe do CF Muxia-SD Castriz en Arlina-foto-Marina Busto
2ª Galicia: O Castriz supera unha proba de lume de Arliña

Carrusel espectacular, cunha marea de goles, o vivido na tarde dominical en www.futboldacosta.com.

Nunha xornada na que o Castriz superaba unha desas probas de lume para calibrar a súa firme candidatura ao título e ao ascenso. Os de Miguel Chouza venceron en Arliña a un gran Muxía ao que deixan xa a 11 puntos a falta de 9 partidos. Os xalleiros teñen 6 puntos de vantaxe sobre un Mazaricos que non deixa de meterlle presión, e onte sufría pero vencía en Agra da Filgueira. Vexamos como chega a cousa a ese Castriz-Mazaricos da antepenúltima xornada.

Por abaixo, segue aberta a fenda entre os 4 de abaixo, que sufriron 4 derrotas. Volantes e Baíñas, que venceran a semana pasada, caeron ante Porteño e Coristanco, mentres Muros e Camelle o fixeron ante Ponteceso e Corme.

Baíñas - Coristanco (0-4)

  • Goles: 0-1, m.24: Damián; 0-2, m.56: Casti; 0-3, m.60: Rodrigo; 0-4, m.82: Casti.

Merecida vitoria para un Coristanco que ve como o traballo xorde efecto. Os vimianceses, despois da vitoria da semana pasada, fixeron un mal partido. Con todo, a primeira o equipo competiu ben e só tivo o erro nun corner que permitía aos de Cali poñerse por diante.

Subiu liñas o cadro de Roski na segunda, pero os coristanqueses foron letais á contra.

Camelle - Corme (0-1)

  • Gol: 0-1, m.90: Yago.

Gran partido de Camelle ante o Corme, pero que desta volta se lle escapou no desconto aos de Sergio despois dun gran esforzo físico por parte dos dous equipos. Foi unha primeira metade igualada, co cadro de Adrián Lema algo máis dominador, mesmo enviando un par de balóns á madeira por medio de Reigía. O equipo local foise asentando e acabando tendo varias ocasións sobre todo a balón parado, cun Adrián Pasantes como referencia arriba, se ben o último treito acabaría sendo un pasarrúas sen acerto cara gol.

A segunda foi tamén moi par, con ocasións nas dúas áreas, se cadra co Camelle algo máis preto do gol, pero era o Corme, cando todo parecía que se decantaba por un empate, o que marcaría aproveitando Yago o despexe a unha falta.

Na segunda parte o corme en campo Mais intratable costaballe chegar con peligro pero tímidamente viase que quería ir polo partido o camelle igual que na primeira tiña como único referente a Adrian pasantes .no último min saca unha falta lateral reigia remata Borja e no rechace Yago marca o gol definitivo

Cee - Outes (2-3)

  • Goles: 1-0, m.20: Bruno; 1-1, m.39: Keko dende a frontal; 1-2, m.57: Chía nunha xogada a balón parado; 2-2, m.63: Eze; 2-3, m.90: Keko.

Fermoso partido con alternativas no xogo e no marcador, que puido ter caído para calquera lado. Rifábaase a poesión na primeira metade, evitando erros e xogando sen excesiva profundidade. O cadro local buscaba a Keko arriba, mentres que o Cee xogaba ao ritmo que marcaba Ezequiel pero sen conseguir atopar a Bruno. Pero nun balón longo, peiteaba Bujeiro e Bruno cazaba o balón e non perdoaba no man a man. Apretou o Outes de aí ao descanso conseguindo empatar cun gol dende a frontal.

Na segunda o Outes quixo dar un paso adiante, e nunha falta lateral Chía metían en vantaxe aos de Alex Romero. Pero o Cee estirouse un pouco e un erro na toma de decisión permite que Eze roube, recorte de tacón e marque o empate. A partir do empate, o partido entrou nunha fase de continuas transicións e sen tanto control do balón por ambos equipos. Ambos tiveron opcións de romper a igualada, pero a balanza caeu do lado visitante. Cando todo parecía avocado ao empate, na derradeira acción do encontro tras un centro lateral que toca Ryan e que remata Keko ante o fallo do meta local.

Ponteceso - Muros (3-1)

  • Goles: 1-0, m.26: Javino nun córner; 1-1, m.40: en propia; 2-1, m72: Eloy Trigo; 3-1, m.80: Raúl.

Ponteceso e Muros enfrontábanse no Pinguel na busca dos tres puntos que os acerquen os seus posibles obxetivos... os primeiros poder ter opción de participar na fase de ascenso e os segundos alonxarse dos postos de descenso. Os locais levaron o peso do partido ante un Muros replegado que esperaba as súas opcións a contra. Realmente foi un partido con pouco ritmo, os locais moi espesos co balón apenas tinan oportunidades e os visitantes apenas inquedaban a portería local. Adiantariase o Ponteceso cun gol de Javino. O gol espabilou os locais que ben poideron aumentala conta nunha boa xogada de Eloy Álvarez por banda esquerda que non encontrou rematador na área. Case a continuación chegou o gol do empate tras un balón largo do Muros que Ivan Rodríguez metiu na súa propia portería nun erro da defensa local.

Na segunda parte sairon os locais dispostos a ir polo partido nun monólogo. Pero aínda así non eran capaces de adiantarse e incluso puderon ir por detrás despois dunha boa ocasión para o Muros do seu dianteiro centro que só diante de Damián estrelou o balón contra este malogrando a mellor ocasiónque tiveron estes na segunda parte. Eloy Trigo ponheria o 2-1 despois dunha subida sorpresiva dende a defenda para rematar unha boa xogada do infatigable Luca pola dereita. O Ponteceso quedaría con 10 homes pola expulsión de Dani Cotelo nunha xogada discutida polos locais e o Muros vería aí unha opción de irse arriba, pero o Ponteceso aproveitou unha contra para ponher o 3-1 por medio de Raúl outra vez determinante entrando dende o banquillo. Os últimos minutos serían un querer e non poder dun Muros que vendíu cara a súa pel pero que non encontrou os camiños que o leven a vitoria nos últimos 10 partidos.

Monte Louro - Mazaricos (2-3)

  • Goles: 0-1, m.22: Kevin a pase de Marcos; 1-1, m.42: Íker; 1-2, m.53: Kevin; 2-2, m.56: Íker de penalti; 2-3, m.85: Chiki.
Monte Louro-Mazaricos-foto-Edu Olveira 2
Monte Louro-Mazaricos-foto-Edu Olveira 

Custoulle moito ao Mazaricos superar ao Monte Louro no sempre complicado Agra da Filgueira. Tivo máis posesión e máis calidade o cadro amarelo, pero os loureáns, moi ben plantados, e cun derroche físico tremendo, competiron man a man cun dos de arriba. Non tiña a pausa o cadro de Marcos para facerlle dano á tea de araña dos de Bibi. Íker conseguía anular en dúas ocasións os dous tantos de Kevin, e cando o partido marchaba cara o empate, un erro na saída do balón condenou aos locais e permitiu que Chiki marcase o gol da vitoria. Aínda tivo o Louro unha ocasión sobre o pitido final para rascar un empatiño.

Iker e Marcos no Monte Louro-Mazaricos-foto-Edu Olveira
Iker e Marcos no Monte Louro-Mazaricos-foto-Edu Olveira

Volantes - Porteño (3-4)

  • Goles: 0-1, m.10: Nico; 0-2, m.29: Miguel; 1-2, m.42: Oladipo nun córner; 2-2, m.45: Pesco marca un golazo de falta; 3-2, m.65: Pesco dende fóra da área; 3-3, m.82: Manoliño; 2-3, m.84: Mayor de falta.

Volantes-Porteno CF-Foto-Parker

Mereceu máis premio o Volantes despois de facer un partidazo ante un fantástico Porteño, que ía case que cos 11 xustos, pero os erros costáronlle caros aos de Gus. Antes do empate, nun arreón e tras ter varias ocasións claras, o cadro laranxa conseguía empatar. Pesco dáballe a volta ao marcador no m.65, pero os locais deixaron que o Porteño se viñese arriba sen facer demasiado, e un bo gol de Manoliño e tanto de falta de Mayor no que o meta muradán puido facer algo máis decantaron 3 puntos para un Porteño que non contaba con eles.

Camariñas - Cabana (4-5)

  • Goles: 1-0, m.13: Hugo; 1-1, m.22: Miguel; 1-2, m.43: Manuel Romero; 1-3, m.53: Simón; 2-3, m.54: Djibril; 2-4, m.57: Manuel Romero; 3-4, m.58: Djibril; 4-4, m.64: Roi; 4-5, m.74: Manuel Romero.

Camarinas-Cabana no Vicente Carril

Tarde tolos no Vicente Carril. A primeira parte, porén, xogouse cun ritmo de xogo moi lento, pero os erros permitían ir sumando goles. Adiantaríase o Camariñas por medio de Hugo, pero dous regalos permitían que Miguel e Manuel metesen aos cabaneses por diante. Aínda tivo o empate o Camariñas de non ser polo longueiro.

Arrincaba a segunda co 1-3, pero o Camariñas non se foi do partido, que se volveu de tolos, con 5 goles en 4 minutos, quedando o xogo en empate aínda con 25 por diante. Tras remontar o 2-4 e conseguir o empate, o Camariñas empurraba e tivo dúas ocasións, unha ao pau, moi claras para poñerse por diante. Pero aí chegou o quinto dos cabaneses, o terceiro de Manuel Romero, que decantou o choque para os visitantes.

Muxía - Castriz (0-1)

Plantel do CF Muxia en Arlina ante Castriz-Foto-Marina Busto
Plantel do CF Muxia en Arlina ante Castriz-Foto-Marina Busto
  • Muxía: Domingo, Anxo, Michael, Congui, Gusa, Iago Muíño, David, Mauro Romaní, Isma Márquez, Fran Moreira e Manu Nogueira. Tamén: Ángel, Kevin, Drío, Xan Nogueira e Manuel.
Plantel SD Castriz en Arlina-Foto-Marina Busto
Plantel SD Castriz en Arlina-Foto-Marina Busto
  • Castriz: Coke, Fabián, Elvis, Adrián, Marcos Mouro, Anxo, Iván Facal, Alberto Mata, Noli, Capelo, Pastoriza. Tamén: Rodo, Sebas, Álvaro, Piñeiro e Braullio.
  • Gol: 0-1, m.13: Adrián García.
CF Muxia-SD Castriz en Arlina-foto-Marina Busto 2
CF Muxia-SD Castriz en Arlina-foto-Marina Busto 2

Era o partidazo da xornada, e foi un partido moi intenso, de calidade. Saíron mellor os xalleiros, que estaban moi finos co balón, roubando pronto e tendo máis posesión. Acertaron pronto e tiveron varias ocasións, pero o partido quedaba aberto.

O Muxía foi empurraron pouco a pouco, con moito corazón, e buscando balóns arriba subindo a Michael en plan Alexanco. Mandou unha ao pau o cadro muxián pero tamén o Castriz tivo un par de contras para sentenciar.

Castriz celebrando a vitoria en Arlina
O Castriz celebrando a vitoria en Arliña

CRÓNICAS DA 2ª GALICIA

MÁIS INFO

Comentarios