Sábado. 27.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: As vitorias de Baíñas e Volantes envorcan a zona de abaixo

Castriz-Monte Louro 2
Iván Facal anotando o único tanto do Castriz-Monte Louro-. Foto: Edu Olveira
2ª Galicia: As vitorias de Baíñas e Volantes envorcan a zona de abaixo

Coa parte alta cada vez máis, clara, é a zona de abaixo a que cobra protagonismo estas últimas xornadas. A semana pasada Monte Louro, Cee e Cabana pegaban un salto deixando atrás a 4 equipos. Pero é que a loita entre os 4 de abaixo por evitar as 2 prazas de descenso directo vai ser monumental.

Volantes e Baíñas sumaban importantísimas vitorias (os vimianceses levaban 16 xornadas sen facelo, mentres que o Volantes é dun dos 3 mellores equipos deste 2024), e poñen o descendo directo moi quente. Agora mesmo, o Muros, tras caer (pero pelexar) ante todo un Muxía, leva 9 xornadas sen vencer, e ten só 1 punto de marxe sobre o seu veciño Volantes, 4 sobre Baíñas e Camelle.

Por arriba, non fallaron, pero o pasaron mal, os 3 de arriba. O Castriz na casa ante o Louro, o Mazaricos ante o Camelle e o Muxía en Muros.
O que si caeu, e se despide do tren de cabeza defintivamente, o Porteño, que non soubo matar o partido e permitiulle unha vitoria fundamental para o Cee, que escapa da zona de perigo tras sumar a súa segunda vitoria consecutiva.

Mazaricos - Camelle (3-2)

  • Mazaricos: Ángel, Sanchiño, Chumiño, David, Fran Pose, Pereiro, Chiki, Rachón, Brais, Luís Mayán e Molinos. Tamén: Borja, Carreira, Mario, Raúl e Diego Maneiro.
  • Camelle: David C, Martín, Dido, Ruso (Rubén), Pablo, Makareno, Estiben, Chans, Pastelero (Óscar), Gabi (Chori), Adrián.
  • Goles: 1-0, m.34: Pereiro en xogada individual; 2-0, m.58: Rachón de cabeza; 2-1, m.65: Dido; 3-1, m.77: Chiki de penalti; 3-2, m.85: Adrián nun córner.

Mal partido do Mazaricos despois de varios partidos de bo fútbol con balón. Pero faltoulle intensidade aos de Marcos, se cadra algo confiados pola posición do Camelle. O cadro de Sergio estivo moi serio, deixando que os locais levasen o mando pero permitindo na primeira metade, apenas un par de chegadas de Rachón e unha de Chiki. Tamén tivo o cadro camellán un tiro dende fóra da área e un man a man que salvaba Ángel. Foi unha xogada do capitán amarelo Esteban Pereiro o que metía por diante aos locais tras un mal despexe da defensa visitante.

Apretou algo máis o Mazaricos no comezo da segunda, con 3 boas chegadas e o segundo, obra de Rachón cun bo remate de cabeza. Pero os camelláns sacaron o xenio e aproveitaron a relaxación local para meterse no partido, que xa era un ida e volta. Dido recurtaba, Chiki ampliaba a vantaxe local pouco despois dende os 11 metros, pero a falta de 5 moinuto, Adrián marcaba de córner deixando o partido aberto ata o pitido final.

Muros - Muxía (2-3)

  • Muros: Ginki, Javi, Gesto, Fran, Jesús, Carmota, Alon, Dani Jurjo, Xaco, Xabi. Tamén: Víctor Leis, Edu Lariño, Manu Tajes, Vara, Sanandrés.
  • Muxía: Domingo, Michael, Congui, Gusa, David, Iago Muíño, Darío, Hugi, Adrián Baamil, Mauro Romaní e Fran Moreira. Tamén: Ángel, Mateo, Anxo, Isma Márquez e Manu Martínez.
  • Goles: 0-1, m.25: Fran Moreira; 1-1, m.49: Xaco; 2-1, m.50: Xaco; 2-2, m.67: Isma Márquez; 2-3, m.81: Mauro Romaní.

Muros Muxia no Eleuterio Balayo

Partido moito máis igualado do que di a clasificación, condicionado polo mal tempo. Chegaba con moitas baixas o cadro de Nando e Fran Toba, con 4 xuvenís Ángel, Adrián, Manu e Hugo, ante un Muros necesitado de vitorias. A primeira metade foi de tanteo, e só o gol de Frn Moreira que aproveitaba un rexeite tras unha gra parada de Ginky.

Na segunda saiu moi enchufado o Muros e antes dos 10 minutos daríalle a volta ao marcador con 2 tantos de Xaco. Co Muxía aínda noqueado o Muros pudo marcar o terceiro con 2 ocasións moi claras que non pudo aproveitar. O Muxía, con máis fisico, foi apretando co paso dos minutos, e daríalle a volta ao marcador con 2 goles nos que a defensa local puido estar algo mais firme.

Castriz - Monte Louro (1-0)

  • Castriz: Coke, Fabián, Elvis, Samuel, Adrián García, Iván Facal, Alberto Mata, Anxo, Noli, Sebas e Pastoriza. Tamén: Álvaro, Marcos Mouro, Darío Capelo, Piñeiro e Braulio.
  • Monte Louro: Pedro, Pablo, CHouza, Óscar Fari, Fabio, Javi, Abe Rei, Luismi, Álvaro Fari, Raúl e Pardelo. Tamén: Rodri, David Pais, Íker, Iago e Chano.
  • Gol: 1-0, m.50: Iván Facal.

Castriz-Monte Louro

Partido marcado tamén polo vento e a chuvia, cun Monte Louro que competiu moi ben, non lle perdeu nunca a cara e tivo o empate moi preto. Comezaba o Castriz co vento a favor, e foron dominadores do partido, con ocasións de gol para levar algo de vantaxe. Pero o cadro loureán foi quen de aguantar, cun gran Pedro na portería, e moita seriedade atrás, sen cometer erros.
Nada máis comezar, Iván Facal collía un rexeite no borde da área e marcaba un bo tanto. Abríase aí o choque algo máis, co cadro visitante máis estirado, convertíndose o choque nun ida e volta, con máis ocasións para os xalleiros, pero non atinaba e a incerteza e os nervios estiveron presentes ata o final, metendo balóns á ola.

Porteño - Cee (2-3)

Porteno e Cee na Grixa-Foto-Parker

  • Porteño: José, Nico, Pejo, Brais, Rodrigo, Saviola (Miguel), Joseba, Nico (Manoliño), Pablo (Jairo), Alan e Darío.
  • Cee: Jorge, Oreiro, Iago, Borja, Jose, Bujeiro, Anxo, Moha, Isma, Eze e Bruno. Tamén: Isaías, Trini e Quique.
  • Goles: 1-0, m.50: Alan; 2-0, m.54: Darío; 2-1, m.60: Trini vai un golazo; 2-2, m.70: Bruno define no man a man; 2-3, m.88: Josiño aproveita un rexeite a unha falta de Eze.
Porteno e Cee na Grixa-Foto-Parker 1
Porteño e Cee na Grixa-Foto-Parker

Non soubo matar o partido o Porteño, tras colocarse 2-0 na primeira metade, e o Cee remontou a base de empurre, superando ao Porteño e ao complicado céspede da Grixa. Poucas ocasións na primeira metade. Na segunda, o cadro de Cousillas, co vento a favor, comezaba dominando e marcando por partida doble. Tivo un par de ocasións o cadro local para sentenciar, pero deixaron vivo ao Cee, que reaccionou e deulle a volta ao marcador. A saída de xuvenil Trini foi chave, marcando un golazo no primeiro balón que tocaba. Pouco despois Bruno regatearía a Jose para facer o empate. Non espertaba o Porteño e xa conta o final, Josiño remataría unha falta botada por Eze para culminar a remontada e sumar a segunda vitoria consecutiva para os ceenses.

Porteno e Cee na Grixa-Foto-Parker 3
Porteño e Cee na Grixa-Foto-Parker

Outes - Baíñas (0-1

  • Outes: Dani, Keko, Chía, Marcos (Ramiro), Estefan (Aarón Gómez), Martín, Abraham (Claudino), Veleiro, Pablo, Ryan (Simón) e Yago Dosil.
  • Baíñas: Joel, Raúl, Rodrigo, Dylan, Manuel, Fabián, Maikol, Adrián, Cristian, Edu e Kevin. Tamen xogaron: Ruli, Santi e Marcos.
  • Gol: 0-1, m.20: Kevin.

Caeu na trampa do Baíñas o cadro local. Os de Roski estiveron moi serios atrás, e aproveitaron un erro na saída do balón (quedou parado nun charco) para adiantarse pronto por medio de Kevin. Tivo o segundo o cadro vimiancés, nunha primeira metade na que gañaban as disputas e segundos balóns sen deixar que o Outes entrase no encontro. E mesmo pediron un penalti, que o colexiado non considerou suficiente.

Na segunda, os de Alex Romero fixéronse co balón, e empurraron a un Baíñas que aguantou como puido, sen erros. Tiveron vairas os locais, pero as présas provocaban precipitacións á hora de definir. O partido voltouse algo bronco no treito final pero sen chegar a máis.

Corme - Volantes (0-1)

  • Corme: Adrián, Brais Pailos, Elou Villar, Teo, Borja Torrado, Mauro Varela, Noel, Martín, Miguel, Yago e Isra. Tamén: Quique, Gabri, Senén, Hugo e Xoel.
  • Volantes: Alex de Yi, Rama, Barreiro, Manu Teijo, Javi, Oladapo, Ayuba, Kevin Rajoy, Pesco, Manu de Yi, Borja. Tamén: Fran, Angez, Bruno, Raúl Lestón, Anxo.
  • Gol: 0-1, m.82: Pesco.

Partido igualado, marcado polo forte vento, sen moitas ocasións, cunha primeira metade na que o Corme aguantou en contra do vento.

Na segunda, o partido foise rompendo algo máis, e foi o Volantes o que aproveitou que ao Corme lle faltou esa intensidade doutros días, e foi impoñendo máis o seu poderío e a súa experiencia. Nunha xogada de Raúl por banda, centra para que Pesco, controle, amague e bata a Adrián, xa con apenas 10 minutos por diante.

Coristanco - Camariñas (1-1)

  • Coristanco: Rubén, Kevin, Bermúdez, Adri Pazos, Alex, Casti, Erre, Loureiro, Dani Vázquez e Sergio Lorenzo. Tamén: Damián e Regueira.
  • Camariñas: Pablo, Brais, Caamaño, Oliver, Soule, David, Moriño, Manuel (Julián), Hugo, Pablo Suárez, Djibril.
  • Goles: 0-1, m.58: Moriño; 1-1, m.90: Sergio Lorenzo.

Partido da zona morna, con dous equipos con apenas 13 xogadores, e que acababa con 4 expulsados, malia non ser un partido excesivamente duro.

O equipo de Kali levou a iniciativa na primeira parte, pero era Djibril o que tiña a primeira ocasión manando o balón á cruceta. Os locais mandaban outro balón ao pau, e se atopaban cun gran Pablo na meta camariñá.

O Camariñas daba un paso adiante na segunda, e nunha boa xogada de David e Djibri, este pasa a Moriño, que marca de fóra da área. Eran os nos mellores minutos dos visitantes con ocasions moi claras para marcar o 0-2, con ocasions de Hugo ao pau, Julián, que saca o porteiro co pé e Djibril, cun remate a porta baleira que se vai fóra.

No m.64 chegaba a primeira expulsión, de Alex Botana, co que parecía que a vitoria visitante estaba clara. Pero 10 minutos despois, tras un pequeño rifirrafe, os camariñáns David e Julián eran expulsados, deixando ao seu equipo de repente de estar cun máis a estar cun menos con 15 minutos por diante.

O Coristanco comezou a colgar balóns e foi xa sobre a bocina cando empataban os locais, que aínda sufrían unha expulsió máis, de Pazos, no desconto.

Cabana - Ponteceso (2-4)

  • Cabana: Roberto, Samuel, Mario Romar, Davir Rey, Iván Rey, Diego Méndez, Micky Pose, Nando, Aarón Casás, Simñon e Manuel Romero. Tamén: Manu Nantón, Roi, Miuel, Pablo Pose e Christian Castro.
  • Ponteceso: Samuel, Dani Cotelo, Iván Rod., Pedro, Luca, Ángel, Mendieta, David Castro, Javi Souto, Eloy Alvarez. Tamén: Álvaro, Eloy Trigo, Juan Rey, Neira e Sergio.
  • Goles: 0-1, m.23: Eloy Álvarez; 1-1, m.46: Simón; 1-2, m.73: Dani Cotelo; 2-2, m.82: Manuel Romero; 2-3, m.87: Eloy Trigo; 2-4, m.90: Eloy Trigo de penalti.

Cabana-Ponteceso nas Redondas

Derbi nas Redondas en Cabana que non se decidiu ata os últimos minutos. Nun fin de semana de temporal a tarde do domingo dou un respiro de auga pero non de emoción. Empezaron mellor os locais levando moito perigo pola banda esquerda cun Simón ao que non podía controlar a defensa visitante. As súas accións traían oportunidades para poder adiantarse tanto en balóns xogados como en accións a balón parado.
Pouco a pouco o Ponteceso foise facendo co mando do partido e achegándose máis á portería local conseguindo adiantarse nun gran gol de Eloy Álvarez que puxo o 0-1 no marcador. Este gol afianzou o dominio visitante que de aí o final da primeira parte poido aumentala conta e ir o descanso con máis tranquilidade ante un Cabana que o estaba pasando mal.

Á volta do descanso os locais moveron o banco o que lle veu de marabilla conseguindo o empate no minuto 46 por medio de Simón, agora na media punta. Insistiron estes ante un Ponteceso ao que o gol lle sentou mal deixando a iniciativa o Cabana. Estes non conseguiron materializar o segundo gol e pola contra os da Ponte foron medrando outra vez e volveron a poñer cerco á meta local de novo aínda que os locais saian á contra mellor que no primeiro tempo. Dani Cotelo poría o 1-2 no minuto 73 ao rematar un córner. O partido parecía decantado para os visitantes pero nun erro da defensa dos branquiazuis Manuel facía o empate.
O encontro transformouse nun ir e vir onde ninguén quería perder e que caíu para o Ponteceso con dous goles de Eloy Trigo nos últimos minutos.Asi chegouse o final do derdi intermunicipal cos tres puntos atravesando o río camiño de Ponteceso.

CRÓNICAS DA 2ª GALICIA

MÁIS INFO

Comentarios