sábado. 26.04.2025
El tiempo

3ª FUTGAL: O Zas tropeza ante o Nantón e apreta o alto da táboa

Gran ambiente en San Andres
Gran ambiente en San Andrés para o Zas-Nantón-Foto- Noe Touriñán
3ª FUTGAL: O Zas tropeza ante o Nantón e apreta o alto da táboa

Ponse bonita a loita polo título e polo ascenso entre os tres de arriba. O Zas non pasaba do empate en San Andrés ante un combativo Nantón (marcando o empate case que no desconto), mentres que o Malpica non fallaba ante o Inter. Queda o líder con só 3 puntos de vantaxe, pero cun partido máis, que a un Sofán B que descansaba onte (ao que lle ten gañado o golaveraxe); e 4 sobre o Malpica, a falta de 5 xornadas sen enfrontamentos directos pero si choques complicados.

Na loita pola promoción a piques estivo o Pereiriña de apretar a táboa pero a súa remontada quedou en empate, deixando ao equipo ceense a 6 do Oza (ao que lle ten gañado o golaveraxe).

A loita polo pichichi está moi fermosa, con Isma Ramos (Sofán B) de primeiro con 31 goles; Raúl Corzón (Zas) co 29; Adrián Vázquez (Sofán B) con 27 e Salah (Cerqueda), con 25. Lucas (Camelle) e Nacho (Oza) suman 18, e Raúl Lestón (Volantes), 17.

At. Pereiriña - Oza (3-3)

11 do Pereirina copia

  • Pereiriña: Maikel, Eloy, Ozón, Servio, Jesús, David, Carlos Leis, Martín, Antón Lestón, Miguel e Tito. Tamén: Xacobe, Gabri e Christian.

11 do SD Oza 2025 copia

  • Oza: Samuel, Brais, Alberto, Nacho, Crespo, Juan Lagoa, Puñal, Iago Lavandeira, Salah, Hugo Fraga, Abib. Tamñen: Alex Vázquez, NIco, Alexis, Salazad e Christian.
  • Goles: 0-1, m.8: Abib, 0-2, m.22: Hugo Fraga; 0-3, m.30: Nacho; 1-3, m.49: Miguel; 2-3, m.79: Martín, 3-3, m.90: Antón Lestón.

Comezaba moi ben o Oza, aproveitando que os de Joaquín Quintáns chegaban con 12 baixas. Era un choque importante pois de vencer o Oza sentenciaría practicamente a 6ª praza de promoción, e o cadro carballés, consciente, saía moi forte, dominando, tendo ocasións e eficacia, colocándose 0-3 á media hora.

Intentou manter a intensidade o cadro de Míchel na segunda, pero pouco a poco o Pereiriña foi meténdose arriba, marcando pronto, e aproveitando a expulsión de Hugo aínda con media hora por diante.

Empurraba o cadro local, ante un Oza que se metía atrás máis nervioso. Martín recurtaba, e pouco despois Nico era expulsado tras insultar a un rival nunha tangana. Con 9 metidos atrás, nunha xogada sen aparente perigo o meta visitante Samuel intenta controlar un tiro frouxo de Antón pero se lle escapa permitindo o empate. Aínda tivo Tito unha no desconto, pero mandou fóra, deixando un empate que lle serve moito máis ao Oza.

Zas - Nantón (1-1)

  • Zas: David Gerpe, Amoedo, Adri Rama, Redondo, Marcos, Fran, Juan Touriñán, Estefan, Brais, Dani Mato e Raúl Corzón. Tamén: Pereiras, Eloy Moreira, Fuentes, Álvaro Fariña e Ángel Nieto.
  • Nantón: Álvaro, Mikel, Adri Abelenda, Fran Pombo, Carlos Vidal, Jorge, Fuentes, Javi Muíño, Julio César e Iago Torres.
  • Goles: 0-1, m.22: en propia; 1-1, m.89: Redondo.
Capis do Zas e Nanton co colexiado Adrian Rellan
Brais Espasandín e Carlos Vidal, capis do Zas e Nantón, co colexiado Adrián Rellán. Foto: Noe Touriñán

Partido con moitísimo ambiente no campo de San Andrés, onde o Sporting Zas recibía ao Nantón en contextos ben distintos: os locais loitando polo ascenso, mentres que os visitantes, sen presión clasificatoria, chegaban co único obxectivo de facer o partido incómodo e seguir batallando a todo o que se poña por diante.

O Zas dominaba o balón, ante un Nantón ben armado atrás e buscando saídas en longo sobre Jorge e Iago. As primeiras ocasións foron tímidas pero constantes, destacando o porteiro visitante cun par de intervencións de mérito. Nunha unha falta colgada á área do Zas, o Nantón adiantábase cun gol en propia porta de Amoedo, o que aínda reforzou máis o seu plan. Aí tivo tamén Ruper tivo un cabezazo para os visitantes que se vai lixeiramente alto e con outro remate de Yago que saía centrado as mans do porteiro.

O Zas seguía apretando e obrigaba a Álvaro a sacar unha man espectacular, e antes do descanso, o Zas reclamou un penalti claro sobre Redondo que tiña gañada a posición, pero o colexiado non sinalou nada.

Na segunda metade, o Sporting saíu decidido a darlle a volta ao marcador, xerando ocasións de moito perigo, entre elas un penalti que Dani Mato mandaría fóra. Os minutos pasaban, os cambios sumaban risco ofensivo, e a intensidade ía en aumento. Pero a defensa e Álvaron estaban infranqueables, ata que xa preto do final, tras moita insistencia, chegaba o gol de redondo, que igualaba o partido e metía ao público de cheo no tramo final.

Aínda quedaba tempo para máis, e xa no desconto Dani Mato remataba un balón a portería pero o colexiado sinalaba fóra de xogo ante as protestas de xogadores e bancada locais.

Camelle - Buño (2-2)

  • Camelle: Pirata; Chans, David V., Raiku (Ruso), Martín (Paulo); Steven, Dido, Gaby (Lucas Dios), Kampi (Sandro), Josiño (Fabián) e Lucas.
  • Buño: Piña, Pablo Lema, Hugo Álvarez, Adrián Pose, Facal, Jesús, Fran Santiago, Andrés, Eloy Santos, Castro e Fran Santiago. Tamén: Rubén Canto, Ciss e Sarr.
  • Goles: 1-0, m.47: en propia; 1-1, m.60: Andrés; 2-1, m.78: Lucas; 2-2, m.80: Andrés.

Comezaba o partido cunha primeira metade aburrida, sen apenas ocasións, (apenas un par de Adrián, convertido en punta polas baixas dos oleiros) con dous equipos moi aguerridos. Comezaba a segunda metade cun gol dos de Sergio para meterse por diante tras varios rexeites despois dun penalti que paraba Piña. Pero reacccionaba o cadro de Lilo, que non se viña abaixo, e Andrés, que estaba a ser un pesadelo, recurtaba.

Pero o partido seguía de lado a lado, cun Buño mo firme sempre atrás, e Lucas volvía meter por diante aos locais cun tiro dende lonxe. Pero así e todo, non se desfixo o Buño e Andrés volvía demostrar a súa calidade facendo o empate.

Baíñas - Laxe (3-1)

  • Baíñas: Fabián: Raúl, Rodri (Chavico), Héctor (Manu), Dani; Santi (Pedro), Kevin, Leo (Edu), Tajes (Pablo), Aníbal e Dylan.
  • Laxe: Roi Zas, Roi, Pérez, Pablo, Halal, Djamel, Elías (Martín), Elías Galeano (Brais), Felipe, Pedro e Raúl (Eliseo).
  • Goles: 1-0, m.3: Héctor nun córner; 1-1, m.29: Djamel; 2-1, m.64: Raúl; 3-1, m.69: Dylan de falta.

Partido igualado con dominio alterno, que comezaba cun tanto tempraneiro do equipo local nun córner. A partir de aquí o Laxe levou máis o peso do partido axudado polo aire a favor, pero á contra os de Sancho mandaban dous balóns á madeira. Nunha boa xogada combinada conseguían empatar os de Ordóñez, que antes do descanso mandaban un balón o travesaño.

Xa na segunda parte e co aire a favor o Baíñas intentaban dominar algo máis, pero os primeiros 20 minutos seguía estando mellor colocado o cadro visitante, tendo un par de mans a mans para meterse por diante. Pero na primeira chegada Raúl remataba unha xogada por banda para poñer o 2-1, nunha xogada protestada polos visitantes. Tardou pouco Dylan en facer o terceiro de falta e aí o partido xa rematou.

Malpica - Inter de Brens (2-0)

11 do Malpica 2 copia

  • Malpica: Joel, Anxo, Pablo, Damián, Cristian, Julián, Luís, Fran, Cristian, Adrian Pose, Chicha. Tamén: Ndoye, Eloy Vilas, Jorge Parga, Sergio e Raúl Reigía.
  • Inter: Gonzalo, Diego, Christian, Regueira, Evaristo, Miguel, Juan Lagoa, Barreiro, Brais, Santi Agulleiro, Leo. Tamén: Torices.
  • Goles: 1-0, m.5: Luis de penalti; 2-0, m.83: Aday.

Sufriu o Malpica para superar un firme Inter, a pesar das baixas. O choque comezaba xa cun penalti sobre Luís, algo protestado polos locais, que el mesmo transformaba. O cadro de David Baña dominaba, pero non era quen de superar a defensa, e sobre todo, ao porteiro Gonzalo.

Comezaba a segunda parte e o conxunto local seguía dominando, tendo algunha ocasión por parte de Cristian, Chicha Fran e Damián que detiña moi ben o porteiro visitante. E a incerteza se mantivo ata case o final, cando Chicha mete un centro bárbaro que remata de cabeza o capitán onte, Aday, para pechar o partido.

Cerqueda - Volantes (3-1)

11 do Cerqueda UD copia

  • Cerqueda: Mateo, Amado, Velo, Hugo Fraga, Dani Reixía, Marcos Pensado, Brais, Iván Rey, Edu, Alex Costa e Salah. Tamén: Moisés, Rubén, Aitor, Palermo e Víctor Pose.
  • Volantes: Xandre, Mariño, Barreiro, Héctor, Alex Louro, Isma, Hugo, Fran Rama, Javi, Manu de Yi e Borha. Tmén: Miguel, Alex de Yi e Víctor Nuevo.
  • Goles: 1-0, m.16: Salah; 1-1, m.20: Manu de Yi; 2-1, m,54: Salah; 3-1, m.57: Salah.

Con moitas baixas chegaban estes dous equipos que se poderían enfrontar na promoción. Saía mellor o equipo de Gurita, que marcaba pronto por medio do de sempre. A partir de aí presionaron máis os de Sil e Gus, roubaron e recurtaron cun golazo de Manu de Yi, tendo algunha ocasión máis na primeira metade. Na outra área os locais fallaban unha pena máxima.

Pero na segunda, os cerquedáns impuxéronse. Saían máis contemporizadores os visitantes, intentando controlar a calidade de Alex López, para intentar que non combinase con Salah, pero en dous zarpazos os punta local completaba un triplete. Intentárono os visitantes pero non tiveron pernas para loitar.

Muxía B - Seaia (3-4)

11 do Muxia b copia
11 do Muxía B
  • Goles: 1-0, m.12: Martín; 1-1, m.17: Raúl; 2-1, m.18: Martín; 2-2, m.23: Alex; 2-3, m.58: Nando Torres; 2-4, m.79: Erik; 3-4, m.83: Damián.

Partido igualado en Arliña, cun filial muxián que xa compite cada domingo a pesar dos regalos que cede, ante un Seaia que empezaba máis frouxo, con moitas imprecisións en defensa e pouco contundente. O filial estaba máis enchufado e chegaba con moita facilidade á área rival, e adiantarianse os locais moi pronto. A reacción sería rápida e o Seaia facía dano entrando polas bandas, encontrando o empate nas botas de Raúl, tras unha rápida combinación dos tres de arriba. Duraría pouco a alegría, pois un minuto mais tarde, outro erro defensivo, e a velocidade dos de arriba do Muxia volvía marcar Martín. Seguían funcionando as bandas do Seaia e outra vez en combinación rápida, iniciada ahora desde o outro lado, facia o empate Alex García para ir o descanso 2-2.

Na reanudación estaba moito mais vivo o equipo de Jorge Martínez, que comezaba a gañar balons aéreos e segundas xogadas, conseguindo a remontada en botas de Torres, e entrando o partido nunha fase de mais control, conseguindo o equipo visitante o 2-4, en botas de Erik, que parecía definitivo a falta de 10 minutos. Pero os de Isidro se levantan, apretando moito recurtando distancias no 83, e buscando o empate ata o pitido final, obrigando a defensa e a Lamas a intervir nun paradón a un remate de Isma.

Máis info

Todas as crónicas da 3ª FUTGAL

Comentarios