3ª FUTGAL: O Sofán B ratifica o ascenso directo á Liga da Costa

SOfan B ascenso
  • O Volantes non se presentou trala saída de 9 xogadores do equipo.

Non freou o Sofán B, venceu en Xaviña e conseguíu o ascenso á 2ª FUTGAL. Os de Barca ratifican o ascenso cunha xornada de marxe, e se colocan cólideres, empatados co Zas, ascendido a semana pasada, que ten o golaveraxe a favor.

Gran campaña esta para a familia do Sofán, pois o primeiro equipo vén de confirmar a súa presenza na promoción de ascenso á 3ª RFEF. Hoxe quedou, de feito, a un gol de conseguilo.

Cerqueda - Sofán B (0-6)

Plantel do SD Sofán B onte en Xaviña

Saíron moi concentrados os carballeses nun choque vital ante un Cerqueda que xa lles gañara na primeira volta. O Cerqueda defendía ben ante un filial que dominaba algo máis, pero sen demasiada profundidade. Salah ameazaba á contra pero foi Adrián Vázquez o que adiantou aos de Barca cunha chilena dende fóra da área. 

Na segunda, deron un punto máis fisicamente os carballeses, e en apenas 10 minutos anotaron 3 tantos, outro de Adrián Vázquez, un de Marcial nun parado, e outro de Breogán de tiro por toda a escuadra. Foi Adrián Vázquez o que puxo a puntiña noutra a balón parado para rubricar o ascenso, e achegarse ao seu compañeiro na táboa de máximos goleadores. Adrián queda con 34 polos 37 de Isma Ramos.

Tremenda a temporada do filial carballés, cheo de rapaces que aprenderon do case ascenso do ano pasado.  

Xogadores do Sofan B celebrando un dos tantos

O resto da 3ª

No resto da xornada, cómpre destacar a incomparecencia do Volantes en Cee no partido co Pereiriña. Xa acontecía o xoves na Copa, pero desta volta a non puideron xuntar máis de 9 xogadores e non se presentaron, provocando seguramente unha sanción, que, en calquera caso, non lle impediría disputar a promoción se resolve os seus problemas de efectivos. 

 

Máis info

Todas as crónicas da 3ª FUTGAL