3ª FUTGAL: O Sofán B alonxa ao Malpica da loita polo ascenso directo e por un título que acariña o Zas

Acollía o Carral un partido incrible, digno case dunha final da Copa da Costa, con máis dun milleiro de persoas na bancada. Sofán B e Malpica xogábanse manter a loita viva polo título co Sporting Zas e dar un paso de xigante para conquerir o ascenso directo. Finalmente, a derrota do Malpica fronte ao Sofán deixa ao Sporting Zas cunha ventaxe de 3 puntos (pero cun partido máis) sobre o 2º (Sofán) e 7 sobre o 3º (o Malpica). Desta maneira, o Zas podería celebrar o liderato a semana que vén en Muros se vence ao Volantes ou se o Malpica non supera ao Cerqueda no derbi. Na loita polo título, o Zas ten o golaveraxe individual polo que se vence os dous partidos que lle quedan (ademais do Volantes, o Inter na última xornada), será campión.
A promoción está practicamente decidida. O Malpica (ou Sofán B ou Zas no caso de hecatombe) enfrontarase ao Oza, e só queda quen terá o factor cancha a favor no enfrontamento entre Volantes o Cerqueda.
Sofán B - Malpica (1-0)
- Sofán B: Iván Fraga, Samu, Raúl, Iván, Eloy Cabeza, Dani Calvete, Nacho, Breo Rey, Isma Ramos, Roi e Adrián Vázquez. Marcos, Marcial, Saydo, Iker, Alex.
- Malpica: Ndoye, Anxo, Pablo, Damián, Diego Hombre, Cristian, Luis, Adrián pose, Aday Mato, Cristian, Chicha. Tamén: Joel, Eloy Vilas, Sergio, Julián, e Raúl.
- Gol: 1-0, m.10: Isma Ramos.

Espectacular ambiente no Carral, case como unha final da Copa, con case un milleiro de persoas no campo, para este partidazo que era toda unha finalísima. Os dous equipos chegaban case igualados e quen perdese quedaba fóra da loita polo título e do ascenso directo.
Comezaban os dous equipos con moito respecto e medo a perder, pero pronto, no único erro da defensa malpicá, Isma Ramos abría o marcador. Tivo Roi tamén unha para os de Barca, pero aparecía Ndoye cun paradón. O cadro de David Baña non defraudou á súa axitada afección e pelexou moito, facendo algo de dano a balón parado nunha primeira parte moi igualada, intensa e bonita, con lixeiro dominio local.
Cambiaron as tornas na segunda, cun Malpica que subiu unha marcha, e meteu no seu campo ao cadro local, e metendo moitos balóns á área. Tivo que aparecer Iván Fraga en varias chegadas de Aday e Chicha, e mesmo os malpicáns, que o deron todo ata o pitido final, pedirían un penalti sobre Aday que o colexiado non viu.

Muxía B - Oza (0-8)
- Goles: Nacho (6), Hugo e Salah.
Collía Michael Vilela o relevo do cesado Isidro no banco muxián, pero nada puideron facer os corviños ante a intensidade dun Oza que vai chegar moi forte á Promoción. Nacho, espectacular con 6 tantos, fo un dos protagonistas da xornada.
Seaia - Nantón (3-2)
- Goles: 1-0, m.2: en propia tras un centro de Iván; 2-0, m.9: Manu Castro de cabeza a centro de Kevin; 2-1, m.56: Miguel remata na liña de gol coa cabeza un balón que mete Jorge de cabeza tras un córner botado por Iago; 2-2, m.76: Carlos Vidal a pase de Jorge; 3-2, m.86: Juni de fermosa falta directa.
Saía moi ben o Seaia que aproveitaba a soneca do cadro cabanés, e en 10 minutos, tras varias internadas por banda, se colocaba 2-0. Tardaba en reaccionar o Nantón, e o Seaia tivo ocasións para ampliar a renda pero co paso dos minutos o control íase esvaecendo, se ben os de Adrián Fofi non apareceron por área contraria ata case entrado o descanso.
Cambiou o conto, e os cabaneses viéronse arriba, metendo atrás ao equipo de Jorge Martínez. Nun córner recurtaban poñendo nerviosos aos locais. Seguían empurrando os cabaneses e a 15 do final conseguía o empate. O choque estaba aberto pero todos contaban cun empate ata que unha maxistral falta de Juni permtiu aos malpicáns levar os puntos e achegarse ao Nantón na táboa.
Pereiriña - Buño (2-1)
- Goles: 1-0, m.8: David Marcote; 2-0, m.14: Tito; 2-1, m.83: Andrés de córner directo.
Partido con pouca historia dominado na primeira metade polo conxunto local aproveitando a falta de ritmo e enerxía dos visitantes, nos que Lilo apenas podía contar con 11 xogadores. Así e todo os ceenses non acabaron de sentenciar, e no treito final un gol olímpico de Andrés espoleou aos oleiros, que o intentaron ata o final, tendo un par de chegadas por medio de Adrián e de Alán.
Camelle - Volantes (2-4)
- Goles: 0-1, m.18: Manu de Yi; 0-2, m.25: Manu de Yi; 1-2, m.45: Javi; 1-3, m.48: Jonatan; 2-3, m.52: Dido; 2-4, m.83: Barreiro.
Partido igualado no Rodeiro que lle permite ao Volantes manter a 4ª praza, pensando no posible enfrontamento de promoción ante o Cerqueda.
Zas - Laxe (5-0)
- Goles: 1-0, m.5: Redondo; 2-0, m.26: Juan Touriñán; 3-0, m.34: Redondo; 4-0, m.40: Dani Mato; 5-0, m.55: Estefan.

San Andrés viviu este domingo un partido sinalado do Sporting Zas, tanto por ser o último encontro ligueiro na casa como pola necesidade de non fallar para manter a distancia no liderato. E saían enchufados os de Rubén Forján e Pereiro, deixando o partido pronto sentenciado, ante un Laxe de Ordóñez con moitas baixas que acabou protestando varias xogadas.
O Zas pecha así a súa tempada como local cun balance impecable: invicto en San Andrés, con só dous empates cedidos en toda a liga.

Cerqueda - Inter de Brens (3-1)
- Goles: 1-0, m.5: Salah de penalti; 2-0, m.10: Salah; 3-0, m.12: Andy; 3-1, m.56: Evaristo.
Comezaban os de Gurita moi firmes, e xa en 10 minutos deixaron o choque sentenciado, nun cun penalti protestado polos locais.
A partir de aí o partido baixaría o ritmo.
Máis info
- Todas as táboas ligueiras en www.futboldacosta.com.
- Os cadros da Copa da Costa en www.copadacosta.com.
Todas as crónicas da 3ª FUTGAL
- X.25: O Oza pesca promoción nunha xornada de goleadas.
- X.24: O título e o ascenso directo parece ser cousa de tres.
- X.23: O Malpica alonxa ao Volantes da loita polo ascenso directo.
- X.22: O Oza abre fenda na loita pola 6ª praza.
- X.17: O Zas supera ao Sofán B e escapa.
- X.21: O Cerqueda non cedeu ao asalto do Oza.
- X.20: O Oza tamén frea ao Sofán B e Zas e Volantes colócanse colíderes.
- X.19: O Malpica, único dos 4 de cabeza que tropeza.
- X.18: O Zas alonxa ao Cerqueda.
- X.16: O Sofán B ponse de líder ante a vitoria do Zas ao Malpica.
- X.15: O Malpica lidera un grupo de 5 equipos con opcións a todo.
- X.14: 5 equipos están en apenas 7 puntos de diferencia.
- X.13: O Zas golea ao Volantes e o Malpica bate co Cerqueda.
- X.12 : Zas e Volantes apretan a parte alta.
- X.11: Malpica e Sofán B selan as paces.
- X.10: Quedan 5.
- X.9: O Sofán B peta na mesa
- X.8: O Volantes supera a un gran Malpica e o Sofán B aproveita e ponse de líder.
- X.7: 4 equipos destacados.
- X.6: O Malpica tamén gaña o derbi ante o Buño e se mantén arriba de todo.
- X.5: Tres equipos invictos.
- X.4: Volantes e Malpica póñense por diante.
- X.3: Só tres equipos permanecen invictos trala terceira xornada.
- X.2: A Festa do gol.
- X.1: Ningún empate na xornada da histórica estrea do Inter de Brens.