Luns. 29.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: A fermosa loita pola segunda praza

SD Laxe- Sporting Zas-Foto-Noe Tourinan
SD Laxe- Sporting Zas-Foto-Noe Touriñán
3ª Galicia: A fermosa loita pola segunda praza

Non fallaron os 4 de arriba na 18ª xornada da 3ª. O Xallas segue sumando partidos invicto, e desta volta superou a todo un Oza, un dos da zona alta. Sofán B, Soneira e Corcubión (este no choque máis interesante da xornada ante o Malpica) tamén venceron e manteñen intactas as súas opcións de ir á promoción.

Unha loita pola promoción na que se mete o Lira, que queda a 2 puntos do Malpica (nesa 6ª posición que marca as prazas de promoción) tras vencer ao Cerqueda, equipo que queda agora a 6. O Zas intenta engancharse a esa loita, tendo os mesmos puntos que un Buño que, porén, vén coa flecha para abaixo.

O Xallas vence ao Oza

Non fallou o Xallas nas Eiroas, a pesar de que o Oza puido facer méritos para levar algo máis de premio. O cadro carballés foi mellor na primeira metade. Adiantábase o Xallas co penalti transformado por Sergio Barbeira. De aí ao descanso, o Oza impuxo o seu xogo, pero non estiveron acertados, fallando mesmo un penalti.
Nada máis comezar a segunda, Pace empataba tras un bo pase de Hugo. De contado aparecía Doro, para sacar rápido unha falta e deixar só a Rubén Blanco para facer o segundo, e o Tiburón completaba a goleada a 20 do final, a pesar do bo partido dos carballeses.

Vitorias de Sofán B e Soneira

Sofán B, Soneira e Corcubión seguen aí pelexando man a man por esa segunda praza de ascenso directo, xunto co Oza. O filial carballés aproveitaba a debilidade do Ameixenda para sumar unha goleada, cos tantos de Adrián Vázquez (2), Villajos, Manu Castro e Eloy Cabeza.

Soneira e Seaia conta o Cancro
Soneira e Seaia conta o Cancro

O Soneira sufría máis ante o Seaia, a pesar das ata 6 baixas, varias de longa duración. Debutou con gol Yuyo cos de Vimianzo, que a postre sería o do triunfo, nun choque no que os soneiráns abusaron máis do xogo directo que noutras xornadas. A segunda parte foi moito mais bronca e menos vistosa, e acabou co Seaia envorcado sobre a área local tendo varias ocasions para empatar pero sen acerto.

Vitoria do Corcubión en Malpica

11 do Malpica en Pedra Queimada
11 do Malpica en Pedra Queimada

Vén de abaixo a arriba o Corcubión e así o demostrou en Pedra Queimada. Comenzou o partido con moita intensidade e con moito ritmo. Sería o Malpica o que se poñería por diante por medio de Ibra aproveitando un regalo do porteiro visitante. O Corcubión reaccionaría rápido, primero por parte de César aproveitando un rexeite do porteiro local. Daríalle a volta por medio do capi Iago Lema aproveitando unha indecisión entre o porteiro e defensa malpicá e daríalle tempo a meter o terceiro antes do descanso por medio de Borjita, que entrou para sustituir ó lesionado Jon.
Na segunda o Malpica saíu máis intenso e recurtaba distancias de cabeza de novo por medio de Ibra (xa leva 22, polos 21 de Adrián Fraga e os 20 do corcubionés César Lojo). O Malpica estirou líneas, o que aproveitou o mesmo César (que rematou expulsado por doble cartón amarelo) para facer o cuarto nunha contra. O Malpica intentou recurtar, pero sin chegar a crear perigo.

Vitorias de Lira, Zas e Pereiriña

SD Laxe- Sporting Zas-Foto-Noe Tourinan 2
SD Laxe- Sporting Zas-Foto-Noe Touriñán

Vitoria apretada do Lira ante o Cerqueda nesa loita por entrar na batalla pola Promoción. Adiantouse o Lira nun córner por medio de Golpes. O Cerqueda intentaba saír, pero a lesión de Eloy trastocaba os plans de Emilio Uzal. Aínda así, Suso (11 goles xa) empataba e deixaba boas sensacións dos visitantes ante o descanso.
Arrincaba a segunda, e dun córner a favor que sacaba Amoedo baixo paus, saía unha contra liracha que remataba co tanto dfe Pablo Leis tras un pase longo de Raúl. O propio Pablo sentenciaba pouco despois co Cerqueda envorcado.

Pola súa parte, o Zas aproveitou o mal estado de forma do Laxe, e a pesar da baixas, levou a vitoria. Abría Roi o marcador para os de Pereiro e Forján. O Laxe apretaba e Pereiras tiña que aparecer para evitar o empate. E do posible 1-1 pasouse o 0-2 antes do descanso con outro balón en longo que desta vez atopou Andrés. Tras a saída do descanso, o Zsa saía un pouco máis metido en controlar o partido e atopou outro tanto en propia porta despois dun córner que deixaba o partido case encarrilado. O Laxe quedaba con 10, e despois tamén o Zas, e Dani Mato metía a sentenza.

Pola súa banda, o Pereiriña venceu ao Buño cun tanto de Christian no desconto. Foi un choque de alta intensidade, e con ocasións para os dous bandos, pero que non se decidiu ata o pitido final.

CRÓNICAS DA 3ª GALICIA

MÁIS INFO

Comentarios