3ª Galicia: O Xallas tamén supera a proba do Sofán B e o Soneira xa se coloca 2º

Superou o Xallas a proba do Sofán B, e superouna con nota. Os xalleiros continúan sendo, xunto co Corme da Liga da Costa feminino, o único equipo invicto do Fútbol da Costa, con 17 vitorias e 2 empates.
A teoría vaise impoñendo na categoría ademais, e o Soneira aproveitaba a derrota do filial carballés para meterse no segundo posto de ascenso directo. Os de Abelenda vencían a un Corcubión que viña á alza pero con baixas fundamentais, e suman 7 vitorias e un empate nos últimos 8 partidos, a pesar das costantes baixas.
Na loita pola promoción, Lira, Cerqueda e Zas volven engancharse. Os lirachos non fallaron en Nantón, mentres que o Cerqueda superaba a todo un Oza e o Zas demostrou a súa melloría supèrando ao Malpica. Mesmo o Seaia fica a só 7 puntos da promoción tras vencer ao Ameixenda.
Buño - Laxe (1-2)
- Goles: 0-1, m.20: Bieito; 1-1, m.31: Javi de córner; 1-2, m.55: Guzmán.
Partido marcado polas condicións meteorolóxicas como era previsto, cunha primeira metade na que o Laxe, a pesar de xogar en contra do aire, inquedou en varias transicións ofensivas a un Buño que lle custou ter tranquilidade nos metros finais para ter chegadas de perigo.
Mediado o primeiro tempo, Bieito aproveitaría un balón ás costas da defensa para facer o 0-1. Tiveron aínda un par de mans a mans o Laxe, que non definía mentres os oleiros refacíanse e achegaríanse con certo perigo a meta dun Diego, pero non sería ata a media hora logo dun córner sacado por Javi cando os branquiazuis verían portería.
Logo do paso por vestiarios, Brais tivo o segundo para os locais nunha ocasión inmellorable pero non acertaría e do posible 2-1 pasaríase ao 1-2 definitivo, obra de Guzmán á saída dun córner. Alán puido facer o empate pero o longueiro evitaríao e os tres puntos marcharían para Laxe.
Sofán B - Xallas (1-4)
- Sofán B: Mario, Ceide (C), Pablo, Iván, Marcial; Roi, Eloy; Borja,Castro, Dani Calvete, e Adrián Vázquez. Tamén: Lucas, Villajos, Nacho, Alex e Manu Cancela.
- Xallas: Iván Couto, Joel, García, Ramón, Steven, Adrián, Nando, Asier, Doro, Sergio Barbeira, Rubén Sande. Tamén: Fabián, Suárez, Adrián Forján, Rubén Blanco e Adrián Couto.
- Goles: 0-1, m.32: Sergio Barbeira a pase de Doro; 0-2 m.40: Asier nun córner; 0-3, m.60: Rubén Sande; 1-3, m.62: Manu Cancela de cabeza nun córner; 1-4, m.90: Adrián Forján a pase de Rubén Blanco.
Moita intensidade nun partido con horario nocturno e pasado por auga. O Xallas foi mellor nas áreas, con máis pólvora arriba e sen os fallos da defensa carballesa, dando conta da diferencia de experiencia entre os dous planteis. Tras media hora de tanteo, Doro rouba unha saída de balón e cede para que Sergio Barbeira abra o marcador. Pouco antes do descanso Asier aproveita un balón morto na área tras un córner.
O Sofán estirábase e probaba a un Mario que facía un paradón nun balón a bocaxaro. Saía mellor o cadro local na segunda, pero Rubén Sande ampliaba a renda. A pesar do 0-3 o Sofán confiaba na remontada como a semana pasada, e Manu Cancela recurtaba nun córner. Aí tivo varias chegadas os cadro de Barca, pero estiveron moi inocentes nun man a man de Alex, ou nunha chegada de Alejandro. Xa co tempo cumplido, os de Doriño e Churián sentenciaban.
Lira - Nantón (4-0)
- Lira: Raúl, Maceiras, Aron, Marcos, Christian, Roberto Amoedo, Ángel Vigo, Marcos, Juan, Pablo Leis e Oli. Tamén: César, Alexis e Ángel Sestayo.
- Nantón: Jose, Xoel, Adrián, Miguel Lois, Fariña, Carlos Vida, Sevillano, Redondo, Fran, Fuentes e Santi Moreira. Tamén: Muíño e Iván Moreira.
- Goles: 1-0, m.37: Oli dende fóra da área; 2-0, m.42: Oli; 3-0, m.47: Juan de centro chut que se envelena; 4-0 m.71: Oli.
Aguantou o Nantón cunha primeira metade igualada, pero dous erros individuais ao fío do descanso, un córner e nun mal despexe, permitían que Oli metese o 2-0 antes do descanso. Os lirachos dominaban máis, e xa tiveran un par de goles anulados e dous mans a man de Pablo, se ben os cabaneses tamén tiñan as súas chegadas perigosas.
Melloraba o Nantón na segunda, pero nada máis saír un centro alto de Juan colábase a gol. A pesar do 3-0 o Nantón apretou e moito. Redondo mandaba dous balóns á madeira, e o meta liracho Raúl tiña que salvar varias ocasións de Carlos Vidal, e do propio Redondo. Xa no treito final, Oli completaba o seu triplete, sumando xa 11 goles na tempada..
Malpica - Zas (1-2)
- Malpica: Lamas, Villar, Diego, Lou, Periscal, Eloy Vilas, Cristian, Aday, Moussa, Chicha e Ibra. Tamén: Pablo, Jorge Parga, Aitor, Pombo.
- Zas: Pereiras, Anxo, Andrés, Marcos, Juan, Darío, Rubén Forján, Brais, Iván e Dani Mato. Tamén: Solís, Eloy Moreira, Alvaro, Alvite e Ronny,<&li>
- Goles: 0-1, m.28: Dani Mato; 1-1, m.39: Diego; 1-2, m.44: Juan.

Partido chave entre dous equipos que loitan por entrar nos playoffs de ascenso. Unha vitoria malpicá descolgaría moito a un Sporting Zas que se mete de cheo na pelexa pola 6ª praza. O vento era demasiado protagonista na Pedra Queimada, nun choque que empezaba co cadro de David Baña mellor asentado, metendo perigo gracias aos desmarques de Ibra, e desenvolvendo o xogo no campo visitante, acotando a meta de Pereiras. Pero co paso dos minutos o Zas foise estirando e nunha das primeiras chegadas Dani Mato aproveitaba un balón morto na frontal para abrir o marcador. Doble dor para o Malpica nese m.28, pois perdía tamén a Ibra por lesión.
Así e todo, o Malpica lograba empatar nun corner cunha xogada de estratexia moi ben executada. O ritmo de partido foi baixando co empate, e se o Malpica xa non tiña esa lanza na dianteira, noutro arreón do Zas ,Juan volvía a poñer aos de Pereiro e Forján por diante.
Levou o peso do partido o Malpica segunda metade, pero cun dominio interte, ante un Zas que esperaba e intentaba sacar algunha contra.
Soneira - Corcubión (2-0)

- Soneira: Martín, Javi, Senra, Lavandeira, Alberto Mouzo, Iago, Dani Costa, Brais Pereira, Riki, Vía e Yuyo. Tamén: Dono, Oreiro, Fernando de Vera, Adrián Sendín e David.
- Corcubión: Bruno, Alán, Mario, Fuentes, Antu, Díaz, Gorka, Víctor, Isaac, Rama e Iago Lema. Tamén Martín, Javi e Borja.
- Goles: 1-0, m.80: Yuyo dende fóra da área; 2-0, m.84: Yuyo.
Con Iago Lema medio enfermo e sen Cesar Lojo se presentaba o Corcubión na súa última oportunidade de meterse na pelexa polo ascenso directo. O Soneira dominou todo o partido, ante un cadro visitante que esperaba armardo atrás, e non permitiu grandes ocasións dos locais.
Así e todo Iago Lema fallaba unha pena máxima, que atallaba Martín, nada máis comezar a segunda metade, que puido ter cambiando o sino do partido. O choque continuaba co dominio local, pero sen grandes ocasións.
E cando parecía que o partido acabaría en empate, apareceu Yuyo para facer dous tantos, e sumar xa 5 goles en 3 partidos sendo clave nesta arrincaba soneirá. No primeiro marcaba dende fóra da área tras un roubo na saída do balón, e no segundo tras unha gran condución de Vía despois dun mal despexe da defensa corcubionesa. Tivo oportunidade de acortar distancias o equipo visitante pero de novo un moi seguro Martin volvía a atallar un tiro a “bocajarro”.
Oza - Cerqueda (1-2)
- Oza: Brais, Moreno (Dani Iglesias), Alberto, Isac, Diego (Casais), Vilariño (Edu), Alex Freire, Lavandeira, Pace (Archi), Nacho e Hugo (Abib).
- Cerqueda: Mario, Verdes, Marcos Pensado, Dani Reixía, Joel, Adrián, Hugo Fraga, Íker, Gustavo, Eloy, Jesús. Tamén: Christian Velo, Palermo, Martín, Dani Varela e Añón.
- Goles: 0-1, m.28: Joel; 1-1, m.70: Lavandeira; 1-2, m.90: Palermo.
Partido de alto voltaxe en horario nocturno nas Eiroas, cunha parte para cada un e os puntos para Cerqueda. Comezou dominando o Cerqueda, poñendo Joel por diante aos de Uzal. Mario tiña que empregarse para impedir o empate.
Saíron moito mellor na segunda os carballeses, con máis pólvora arriba e aproveitando a lesión de Íker, que se notou no cadro visitante. Lavandeira empataba o choque e o Oza convertía ao porteiro Mario no mellor do partido. Cando todo alviscaba un empate, xa no desconto, o Oza malograba unha ocasión clara, e na seguinte xogada, aparecía Palermo para aproveitar un erro por unha indecisión entre o porteiro e defensa para marcar a pracer o gol da vitoria.

Ameixenda - Seaia (0-6)
- Goles: 0-1, m.17: Juni; 0-2, m.47: Charro; 0-3, m.60: Luisiño; 0-4, m.67: Juan Lagoa; 0-5, m.74: Charro; 0-6, m.80: Juni.
Partido perfecto do Seaia, con moitas ocasións na primeira pero sen acerto. Na segunda, con máis acerto, completaba a goleada.
CRÓNICAS DA 3ª GALICIA
- X.18: O Sofán B fíxose co intenso derbi carballés.
- X.17: O Xallas sufriu para sumar o seu 16º partido sen perder ante o Zas.
- X.16: O Soneira pega na mesa.
- X.15: Rematou a primeira volta da mellor 3ª en anos.
- X.14: Xallas e Sofán B rematan o ano sen coñecer a derrota.
- X.13: Doble empate nos partidos da xornada.
- X.12: O choque da primeira volta acabou nun partido de waterpolo.
- X.11: A pelexa pola segunda praza de ascenso directo.
- X.10: 3ª Galicia: Malpica e Soneira asinaron táboas mentres o Oza golpea a reacción do Zas.
- X.9 Escapa o Xallas.
- X.8: O Xallas frea ao Malpica.
- X.7: Xallas e Malpica desmárcanse.
- X.6: Este Malpica vai en serio.
- X.5: Un par de goleadas inesperadas.
- X.4: Moitas espadas afiadas.
- X.3: Xallas e Buño quedan sós no alto da táboa.
- X.2: 3ª Galicia: Zas e Cerqueda avisan a Xallas e Soneira.
- X.1: 3ª Galicia: Xallas e Zas presentan credenciais e o Sofán B avisa ao Soneira.