Luns. 29.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: O Zas frea ao Soneira e presenta a súa candidatura á promoción

Soneira SD-Sporting Zas-Foto-Noe Tourinan
Soneira SD-Sporting Zas-Foto-Noe Touriñán
3ª Galicia: O Zas frea ao Soneira e presenta a súa candidatura á promoción

Fermosa está estan 3ª da Costa que será recordada como unha das ligas de maior nivel dos últimos tempos. Ata 12 equipos manteñen vivas as loitas polo ascenso e a promoción.

Partido importante o derbi soneirán vivido no Municipal de Vimianzo. O Soneira chegaba tras 8 vitorias e 1 empate nas últimas 9 xornadas, asentado na 2ª praza, ante un irregular Sporting Zas que leva todo o curso ameazando con engarcharse pola loita pola promoción, pero non o conseguía. Porén, a vitoria dos de Forján e Pereiro coloca ao seu equipo a só 4 puntos do Lira, que marca os postos de promoción agora mesmo, aínda con Malpica e Cerqueda polo medio. A derrota provoca ademais que o Soneira perda a 2ª praza, de ascenso, directo, en favor dun Sofán B que segue ao seu, pasiño a pasiño sen facer demasiado ruído.

Polo demais, o Cerqueda foi quen de roubarlle un puntiño a todo un Xallas (terceiro empate que cede o líder invicto), e fica nesa fermosa loita pola promoción na que Oza e Corcubión parten con vantaxe, pero na que Lira, Malpica, Cerqueda e Zas (o Seaia, Laxe e Buño está algo máis lonxe) competirán por un posto.

Cerqueda - Xallas (0-0)

11 da UD Cerqueda
11 da UD Cerqueda

Gran partido do Cerqueda, que conseguiu que se lle atrangase a tea de araña formulada por Emilio Uzal. O Xallas tiña posesión pero non conseguía ter ocasións, máis alá de pedir un penalti. A lesión de Doro antes do descanso tamén perxudicou aos de Doriño e Churián.

Meteron máis pólvora arriba o cadro verde, e tiveron varias ocasións, sobre todo aproveitando os segundos balóns, pero só conseguiron facer do meta local Mario o mellor do partido. Unha madeira e unha xogada cantada foron as mellores ocasións dos xalleiros, se ben Marcos Pensado tivo un tiro lonxano para os locais.

Malpica - Buño (1-2)

  • Goles: 0-1 m.57: Brais a pase de Breo; 1-1, m.86: Diego aproveita o rexeite do meta oleiro; 1-2, m.90: Breo.

Derbi tenso o vivido en Pedra Queimada, onde un empate tería sido máis xusto pero tamén se decidiu nun final de tolos. Na primeira, máis sosa, Diego e Aday rondaban á área oleira, se ben os de David Castro non facían demasiado dano. Saíu mellor o Buño na segunda, adiantándose por medio de Brais, un tanto protestado polos malpicáns por posible fóra de xogo. Aí o equipo de David Baña veuse arriba, tomou o mando e percutiu, ata que Diego conseguía o empate xa na recta final. Cando parecía que todo acababa en empate, Breo colle un balón se planta só ante o meta malpicán, que rexeita, o balón volve a Breo que fai un golazo para sumar unha vitoria que deixa aos oleiros aínda vivos a 9 dun Malpica, que protestou a actitude arbitral.

Lira - Pereiriña (1-1)

  • Gol: 1-0, m.93: Ángel.

Partido moi igualado, moi competido, que non se decidiu ata o desconto. Saíu mellor o Pereiriña, máis intenso e buscando ás costas da defensa liracha. Tivo que sacar Raúl un man a man claro de Martín e outra ocasión de David. A partir do primeiro cuarto de hora iríase igualando a cousa, mandando Juan un tiro ao longueiro para os lirachos, e dus balóns parados que rematan Amoedo e Rui, petando un deles no poste. As últimas xogadas da primeira case rematas en gol, cando unha indecisión entre Raúl e Golpes, este ten que salvar na liña de gol; e á volta, unha falta de Migueliño á que fai un paradón Isma.

Saíron máis arriba os locais na segunda, mentres os de Joaquín Quintáns saían máis atrás, buscando ás contras. Os locais dominaban, tendo varios balóns aéreos da man de Amoedo que para Isma, ou un remate de Juan ao longueiro. O Pereiriña tiña que meter un xogador de campo baixo paus por unha doble lesión, pero parecía aguantar ata que no desconto, un rebumbio na área era aproveitado por Ángel para marcar o gol da vitoria. Foise con todo arriba o Pereiriña que intentou empatar pedindo mesmo un gol pantasma tras un remate de Fabián. Finalmente, o parecía decantado ao empate, quedou en vitoria local pola mínima.

Oza - Nantón (4-1)

  • Goles: 1-0, m.33: Hugo; 2-0, m.50: Hugo; 2-1, m.61: Carlos Vidal de penalti; 3-1, m.62: Abib; 4-1, m.65: Edu.

Partido con moitas interrupcións, dominado sobre todo na segunda, polo cadro carballés. Recortaba o Nantón ao comezo da segunda pero na seguinte xogada xa ampliaba a renda e sentenciaba o choque. Vitoria adicada a Nacho, que antes do descanso sufriu un golpe forte na man que pode ser algo grave.

SD Oza dedicando vitoria a Nacho
SD Oza dedicoulle a vitoria a Nacho

Sofán B - Seaia (5-1)

  • Goles: 1-0, m.4: Adrián aproveita o rexeite a un tiro de Mario; 2-0, m.10: Adrián define tras combinar con Dani Calvete; 3-0, m.18: Adrián tras deixada de Ceide; 4-0, m.21: Mario; 4-1, m.47: Juni; 5-1 m.58: Mario.

Gran primeira metade, das mellores do que vai de lliga, do cadro de Barca, que demostraba unha efectividade brutal, marcando 4 tantos nas 4 fermosas chegadas a gol conseguidas nos primeiros 20 minutos. Tralo vendabal, asentábase o Seaia que conseguía competir co cadro carballés.

Apretaron no comezo da segunda os malpicáns, que marcaban e metíanse na área varias veces. Pero o quinto gol de Mario Vila (que volveu á súa casa tras marchar a Madrid e xogar na Laracha este ano, aportando moito en ataque) sentenciou o choque.

Ameixenda - Corcubión (0-9)

  • Goles: César (3), Gorka (2), Fuentes (2), Lema e Pabliño.

Partido sen moita historia, de ritmo lento. O Ameixenda tivo dous mans a mans na primera media hora que solventou ben Bruno.

Soneira - Zas (2-3)

Soneira SD-Sporting Zas-Foto-Noe Tourinan 2
Soneira SD-Sporting Zas-Foto-Noe Touriñán
  • Goles: 0-1, m.11: Andrés; 0-2, m.52: Juan; 1-2, m.61: Brais; 1-3, m.81: Javi Suárez; 2-3, m.90: Vía de penalti.

Gran partido no Municipal de Vimianzo entre dous equipos con grandes nomes do futbol costeiro sobre o céspede. O partido comezou co Soneira querendo levar o peso do partido con balón, pero o Zas, máis agresivo e intenso, trataba de defender xuntiños para buscar a velocidade dos de arriba. Aos poucos minutos xa tiveron unha ocasión moi clara de Juan os de Rubén Forján e Pereiro. Presionaba ben a saída de balón o cadro visitante, roubaban e creaban perigo, e nun córner Andrés marcaba o primeiro.
Aí conseguía calmar o xogo algo máis o Soneira, levando o peso con balón e tratando de buscar a Richi para desequilibrar e crear superioridades. Tiveron aí os de Abelenda boas oportunidades que Pereiras foi quen de solventar, pedindo tamén unha posible pena máxima sobre Vía.

Saíron ben os locais na segunda, creando moito perigo polas bandas, con moita densidade de centros a área, pero nunha xogada ben trenzada do Sporting chegaba o gol de Juan. Non decasiu o Soneira, e Brais recurtaba pouco despois metendo ao equipo de novo no partido. Eran os mellores momentos do equipo vimiancñes, crrando varias ocasións, pero unha presión alta de Javi Suárez, moi activo xunto con Dani Mato nos zaseiros, provocaba que un despexe dun defense pegue nas costas e se cole na meta vimiancesa. Quedaban 10 minutos e o Soneira aínda apretou, forzando un penalti, recurtando por medio de Vía pero sen opcións claras para acadar o empate.

Soneira SD-Sporting Zas-Foto-Noe Tourinan 3
Soneira SD-Sporting Zas-Foto-Noe Touriñán

CRÓNICAS DA 3ª GALICIA

MÁIS INFO

Comentarios