Luns. 29.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: Dúas batallas moi abertas

SD Oza dedicou a vitoria a Aron
O SD Oza, despois dunha semana moi complicada, puido dedicar a vitoria a Aron
3ª Galicia: Dúas batallas moi abertas

Mentres o Xallas segue ao seu (deulle batalla o Buño), Soneira e Sofán B, tralas súas vitorias (a do filial carballés máis apretada en Xaviña) manteñen aberta a pelexa pola segunda praza de ascenso directo.

E tamén queda unha fermosa loita aberta pola promoción. O Corcubión deu un paso importante vencendo ao Lira, o primeiro que quedaría fóra agora mesmo. Tamén o Oza, despois da ameaza desta semana coa súa retirada, deu un paso importante superando a outro rival directo que ddeixa xa a 10 puntos como era o Seaia.

O Malpica caeu eun Laxe e deixa esa 6ª praza, a última que dá acceso á promoción, a tiro do Lira, Cerqueda, Zas, Seaia e mesmo o propio Laxe.

Pereiriña - Soneira (0-5)

  • Goles: 0-1, m.50: Ángel; 0-2, m.63: Vía; 0-3, m.67: Vía; 0-4, m.80: Quilmes; 0-7, m.88: Nando de Vera.

Chegaban moi xustos os de Joaquín Quintáns e ante esta apisonadora na que se ten convertido nos últimos tempos (8 vitorias e 1 empate nos últimos 9 partidos), non se pode. O dominio era dos soneiráns pero o cadro ceense esperou atrás e conseguía manter a súa portería ben defendida a o mesmo ter boas ocasións no primeiro tempo por medio de Miguel e David.

Todo cambiaría ao pouco de arrincar a segunda metade, cando o Soneira abría a lara de córner. Tivo que abrirse o Pereiriña e o Soneira aproveitou os desaxustes para ir percutindo gol a gol. David e Saulo puideron recurtar pero a calidade soneirá provocou unha goleada se cadra excesiva para o visto no terreo de xogo, pero que dá boa conta da pegada dos vimianceses.

Xallas - Buño (3-1)

  • Goles: 0-1, m.32: Eloy Santos; 1-1, m.60: Doro; 2-1, m.69: Doro; 3-1, m.71: Adrián Forján.

O Buño púxolle as cousas moi complicadas ao líder a pesar de chegar baixo mínimos a Fontenla. Os oleiros mostráronse moi serios facendo que un inconmensurable Xallas durante toda a tempada, tivese moitas dificultades para adentrarse na área contraria e tivese achegamentos de perigo a portería defendida por Paco. De feito a primeira ocasión clara do encontro foi para o Buño nunha acción na que Brais non contactou o remate cando xa se cantaba o gol. Pola súa banda, Ramón era un auténtico quebradeiro de cabeza nas accións a balón parado, impoñéndose por alto e rematando todos os esféricos colgados á área dende o córner.

Así e todo o primeiro gol do partido chegaría por parte dos visitantes logo dun gran pase ao espacio de Álex que aproveitaría Eloy para materializar unha transición rápida cun disparo cruzado ante o que nada puido facer Couto. Antes do tempo de lecer, Paco faría unha intervención de mérito polo que remataría a primeira metade co 0-1 no luminoso.

Tralo paso por vestiarios, o Xallas buscou someter aos visitantes pero no minuto 52, nun contragolpe do Buño, chegou unha acción que puido cambiar o devir do partido cando Brais enfilaba portería e o porteiro xalleiro o freaba cunha falta que o colexiado castigou con cartón amarelo, nunha acción na que os oleiros pediron un castigo maior.

Aí apareceu o gran capitán do fútbol da Costa, o gran Doro que poñería as táboas no marcador logo dunha boa acción persoal. Os de Churián e Doriño seguirían levando a voz cantante na iniciativa do encontro e aínda que non inquedaba en exceso a meta rival, nunha xogada desafortunada para os visitantes, un despexe de Alán que se envelenaría, salvaríao Paco e logo de bater no pau e de que o balón se pasease pola raia de gol, aparecería Doro para facer o segundo gol dos seus.
Pouco despois, o Xallas certificaría a vitoria cun gol de Forján logo dunha boa acción combinativa.
O Buño intentaríase meter no encontro pero Couto evitaría que Hugo cun libre directo e Elías Suárez cun lanzamento lonxano, visen portería, polo que os tres puntos non perigarían para os xalleiros no treito final, mantendo desta maneira a traxectoria impecable que leva tendo ao longo de toda a tempada.

Laxe - Malpica (3-1)

  • Goles: 0-1, m.37: Cristian anota un golazo; 1-1, m.40: Samuel nunha xogada a balón parado; 2-1, m.52: Samuel nun córner; 3-1, m.74: Rubén nunha contra.

Partido con polémica no Municipal Rogelio Martínez. O choque comezaba igualado, sen grandes ocasións. Era o Malpica o que se metía por diante, pero o Laxe empataba de contado. Protestou varias xogadas o cadro malpicán que vía como lle anulaban un tanto antes do descanso.

Na segunda, o gol, tamén protestado, dos locais sacou do partido aos malpicáns.

Cerqueda - Sofán B (1-2)

11 do UD Cerqueda en Xavina
11 do UD Cerqueda en Xavina
  • Goles: 0-1, m.20: Nacho nunha acción a balón parado; 1-1, m.55: Palermo; 1-2, m.85: Dani Calvete dende fóra da área tras un rebote nun defensa.
11 do Sofan B en Xavina
11 do Sofán B en Xaviña

Primeira parte igualada sen apenas ocasións na que só Nacho Eirís conseguía desequilibrar o empate inicial. Saíu mellor o Cerqueda na segunda, e Palermo gañáballe a partida á defensa para devolver as táboas ao marcador. A partir do empate, o choque tornouse algo máis tolo, pero sen grandes ocasións. Cos cambios feitos, a lesión de Borja deixou ao filial carballés con 10, pero o equipo recompúxose e Dani Calvete roubaba un balón na saída dos locais e certificaba a vitoria carballesa dende a frontal, se ben os locais tiveron aínda un gol anulado e pediron un penalti.

Ao final, levou os puntos o que menos erros tivo.

Seaia - Oza (1-5)

  • Goles: 0-1, m.1: Hugo; 0-2, m.7: Hugo; 1-2, m.36: Camilo; 1-3, m.65: Edu; 1-4, m.75: Nacho; 1-5, m.88: Moreno.

Resultado enganoso en Pedra Queimada. E iso que saía máis enchufado o Oza e no minuto 8 xa mandaba por 0-2 en dous erros da defensa local. Asentouse o Seaia e levou o peso do partido pero sen dispoñer de demasiadas ocasións ante unha defensa ben organizada que non dudaba en desfacerse dos balóns con despexes longos intentando coller as costas da defensa cos seus veloces dianteiros. Recortaron distancias os locais cun gol de Camilo que aproveita o rechace do porteiro.

Na segunda parte sairía mandando o Seaia e tería o empate primeiro nas botas de Juni e despois nas de Charro na mesma xogada. Tamén os locais reclamarian un penalti sobre Camilo na saída dun corner, e cando mellor estaba o cadro de Dani Calvete noutro córner nun barullo, e tras unha posible man protestada polos locais, os carballese abrían unha fenda e daban unha estocada que xa foi insalvable para os malpicáns, que recibiron demasiado castigo para o seu bo partido.

Corcubión - Lira (2-1)

  • Goles: 1-0, m.32: Fuentes; 2-0, m.44: Víctor; 2-1, m.83: Aron.

Partido gris o vivido en Corcubión. O Lira esperaba atrás e impedía que o Corcubión, que levaba o peso do choque, pisase área. Á contra tivo algunha o cadro liracho antes de que Fuentes marcase de cabeza adiantándose ó porteiro visitante nun saque de banda. Víctor faría o segundo de disparo con rosca desde fora da área antes do descanso, o segundo do corcubionés nesta temporada de volta aos terreos de xogo. Gran eficacia dos locais, non así dun Lira que tamén as tivo, a máis clara un rexeite dunha falta de Amoedo que Golpes remacha frouxo ás mans de Bruno.

Na segunda o choque foi máis de ida e volta, co Lira intentando recuperar terreo, e un Corcubión que perdoaba a sentenza. Ramón puido recurtar pero se atopou outra vez a Bruno a 10 do final, Aron recurtaba, deixando a incerteza ata o final, morrendo o partido co Lira colgando balóns á área local.

Nantón - Ameixenda (8-0)

  • Goles: 1-0, m.8: Muiño; 0-2, m.18: Redondo; 0-3, m.35: Tato; 5-0, m.60: Redondo; 6-0, m.66: Redondo; 7-0, m.79: Iván Moreira; 8-0, m.88: Carlos Vidal.

Partido de pouca intensidade que os locais sentenciaron moi pronto.

CRÓNICAS DA 3ª GALICIA

MÁIS INFO

Comentarios