Martes. 30.04.2024
El tiempo

FUTFEM: O Corme frea ao Dumbría

Corme-Dumbria liga da costa feminina-Foto-Fin Lema
Imaxe do choque entre Corme e Dumbría no Cairo.Foto-Fin Lema
FUTFEM: O Corme frea ao Dumbría

Arrincaba o 2024 cun partidazo no Cairo entre os únicos dous equipos que quedaban invictos do futfem costeiro. E foi o Corme o que mantén a condición e asalta o liderato tras vencer a todo un Dumbría. Queda aínda a última xornada por diante, e co Corme descansando, o cadro podería recuperar o liderato e quedar campión de inverno se vence ao Corcubión, pero a loita ata final de temporada parece fermosa nesta Liga da Costa feminina.
Tamén anda por aí o Muxía, que descansaba, memtres que a sorpresa deuna o Ponteceso, que se deixaba levar os puntos polo Nicrariense.

Na 2ª, Xallas e Cee recuperaban boas sensacións, mentres as Miúdas perderon outra boa ocasión de engancharse á loita pola salvación.

2ª Div. Feminina, Gr.2, xornada 14

Cee - San Roque (3-1)

  • Cee: Noemi, Lucía Rod., Lucía Facal, Laura, Sabela, Nerea, Saray Duarte, Paula Viega, Sharay Caamaño, Lucía Martínez. Tamén: Uxía, Diana e Antía.
  • Goles: 0-1, m.27; 1-1, m.29: Saray Duarte; 21, m.39: Lucía Rod.; 3-1, m.57: Paula Veiga.

Gran partido das ceenses, moi serias a pesar de estar gran parte do plantel tocadas. Empezaron as locais ameazando a zaga do San Roque pero non eran capaces de atravesar a última liña. Converteuse nun partido moi igualado, e con ocasións visitantes que non chegaban a porta, salvo un 1 para 1 contra Noemí que solventou sen problema e no rexeite mandan o balón ao largueiro. O Cee recuperándose do susto anterior encaixaría un gol tras un gran desmarque da atacante rival. Sin embargo o Cee non baixaba os brazos e Duarte marcaría un golazo lonxano e igualaría o marcador.

Continuaron en busca da vitoria e con varios avisos a balón parado Lurs marcaría un golazo de cabeza pola escuadra tras un córner. Chegaían así ao descanso coa moral polas nubes e intentaron prolongar o resultado ata o final. Nunha fermosa contra Paula marcaría o definitivo e sentenciaba o partido.

Xallas - Carral (2-0)

11 do Xallas feminino con Luchy e Maite
Familia do Xallas enviando unha mensaxe de alento a Luchy e Maite
  • Xallas: Rosio; Laura, Saskia, Alicia, Otero; Noelia, Andrea Barbeira, María; Carla, Olalla e Yasmina. Tamén xogaron: Zaira, Inés, Leti, Michelle e Valeria.
  • Goles: 1-0, m.57: Olalla; 2-0, m.70: Noelia de falta.

O Xallas comezou moi forte este primero partido do ano con varias ocasións nos primeiros minutos pero non foron quen de batir, nin Olalla nin Yasmina, a meta visitante. O Carral tivo algunha ocasión illada que resolviu con acerto Rosio, moi valente e segura durante todo o partido. Con boas sensacións pero sin premio, chegaron o descanso.

Na segunda metade o equipo de Rupper seguiu crendo na vitora e Olalla non fallou a cita co gol despois dunha gran xogada individual e un tiro cruzado rozando o poste.
Noelia de falta faría o dous a cero, cun fermoso golpeo.
”Vctoria dedicada as nosas dúas xogadoras Maite e Luchy que non van poder xogar con nós despois de sendas lesións no ligamento cruzado anterior, unha magoa e moito ánimo ás dúas”, envíalle o moster e a familia de QPC.

As Miúdas - Orzán B (1-3)

  • As Miúdas: Adriana, Atenea, Alba, Leire, Ana Romero, Laura Sieira, Marta Piñeiro, Sofía, Cris e Pati. Tamén: Elba, Ximena, María, Saray e Carlota.
  • Goles: 0-1, m.1: Daniela; 0-2, m.35: Daniela; 0-3,m.78: Daniela; 1-3, m.86: Marta Piñeiro.

Sensacións contrarias coas que sae o cadro muradán trala derrota ante as coruñesas, nun duelo directo cun rival dos que loitan pola permanencia. Foi un partido moi bonito, marcado polo gol inicial das herculinas. As de Lucho tomaron a iniciativa en todo o partido, pero dúas xogadas illadas protagonizadas pola trigoleadora Daniela Macedo no ecuador do primeiro e do segundo tempo decantaron a balanza para as visitantes. Marta Piñeiro inaugurouse como goleadora Miúda e o equipo respondeu e competiu en todo momento a pesar da derrota. Ademais, o mellor regalo de Reis para as muradás, a volta de Saray e Laura despois de operar o xeonllo de rotura dun ligamento cruzado,.

3ª Div. Feminina, Gr.2, xornada 14

Corme - Dumbría (2-0)

11 do Corme CF Feminino no Cairo-Foto-Fin Lema

  • Corme: Belén, Ana A., Irene, Laura, Cris, Ana S., Olalla, Nati, Carla P., María e Nerea. Tamén: Aurora, Candela, Lucía e Mónica.

Dumbria no Cairo-FOTO-FIN LEMA

  • Dumbría: Lissette, Lucía, Laura, Mai, Kelly, Eva Lema, Paula Fandillo, Claudia, Sabela, Noa, Juliette. Tamén: Carril, María, Reyes, Alba e Yolanda.
  • Goles: 1-0, m.36: Natalia; 2-0, m.40: Carla.

Corme-Dumbria liga da costa feminina-Foto-Fin Lema 2

Partidazo no Cairo entre as dúas grandes aspirantes ao título da primeira Liga da Costa feminina. O Corme centrou máis no guión, e soubo ler mellor o partido ante unhas dumbriesas algo dubitativas e nunca cómodas co balón. As cormelás estaban máis intensas, moi serias atrás, gañando duelos, roubando e mesmo tendo durante fases do partido máis o balón, xerando chegadas tanto a partir dunha presión alta moi ben feita, como xenerando co balón. Un par de chegadas claras bastaron para que Natalia abrise o marcador nunha transición tras un córner, e pouco despois Carla facía o segundo para marchar con vantaxe aos vestiarios.

Cambiou o guión na segunda. O fol xa non era o mesmo nas locais e as dumbriesas estaban moito máis firmes, combinando moito mellor, e comezando a superar por dentro, a defensa cormelá. Tocaba sufrir. As de Santi Lira chegaban pero se atopaban unhas veces cos paus, e outras con Belén que fixo bo o traballo de Suso coas porteiras salvando varios mans a mans, e varios tiros lonxanos.

Aviso para este Dumbría que sabe que terá que sufrir cada vitoria.

Fisterra - Dubra (3-2)

SD Fisterra feminino 23-24

  • Fisterra: Lucía, Ana, Tamara, Andrea, Zeltia, Elena, Jimena, Tati, Xaira, Aroa, Lucía Marcote. Tamén: Adela, Antía, Rosa e Sandra.
  • Goles: 0-1, m.15: Daniela; 0-2, m.36: Daniela; 1-2, m.44: Elena; 2-2, m.71: Andrea; 3-2, m.90: Andrea.

Como fixeron os sénior masculino, as de Fran tamén acadaron unha fermosa remontada culminada por Andrea. O cadro local dominaba pero sen ocasións e de contado se viron 0-2 no marcador. Clave foi o gol de Elena antes do descanso dende a frontal, que deu ás para que na sgeunda metade, dominando moito máis, Andrea culminase a remontada buscanda en todo momento.

Camariñas - Cerqueda (3-0)

Camarinas feminino CF 2024
O Camariñas ao remate do choque
  • Camariñas: Karen (Cris Lorenzo), Laura Garrote, Rocío, María, Uxía, Cris Mouzo (Ainoa), Laura Pose, Nuria, Carla (Desiré), Paula (Ana Pana) e Saray (Maira).
11 do Cerqueda en Camarinas
11 do Cerqueda en Camariñas
  • Cerqueda: Paula Casal, Jmena, Lucía, Tania, Tatiana, Lorena, Raquel, Vanesa, Uxía, Inés e Mariña. Tamén: Carla, Isabel, Sara e Alba.
  • Goles: 1-0, m.24: Nuria; 2-0, m.52: Maira; 3-0, m.77: María García.

Partido igualado na primeira metade, con moito xogo no medio campo, na que o Camariñas adiántase a balón parado cun golazo de Nuria de falta. Abriuse aí un pouco o partido e o Cerqueda puido empatar un tiro ao longueiro, tamén Paula Pose mandaría un balón á madeira para as locais.

As de Cabrejo foron mellores nunha segunda na que marcaban pronto, cun tanto de Maira tras unha gran asistencia de Paula. O 3-0 chegaría no m. 77 cun tiro cruzado de María.

Ponteceso - Nicrariense (0-1)

SD Ponteceso feminino con Virxi
SD Ponteceso con Virxi, arriba a segunda pola esquerda
  • Ponteceso: María, Noe, Myre, Silvia, Saray, Mel (Noemí 45'), Eva, Muíño, Oanes, Claudia, Andrea. Tamén: Lucivili, Candela, Laura R.
  • Gol: 0-1, m.60: Daniela.

SD POnteceso-Nicrariense

Sorpresa no Pinguel, cun cadro local que tivo moitísimas ocasións, sobre todo na segunda parte, pero tanto o bo facer da porteira visitante como os tres paus evitaron que as de Curro poideran meter o balón na portería. O único gol do encontro chegaría tras un fallo da defensa no que unha xogadora visitante quedaría man a man coa gardameta María. A porteira local fixo unha gran parada pero non puido evitar que o esférico volvera aos pés da futbolista do Nicrariense, que aproveitou para finalizar en gol.
As locais tiveron moitas máis oportunidades pero o Nicrariense soubo empregar moi ben as súas para marchar do Pinguel impedindo que as de Curro sumaran puntos.

Cabana - Mazaricos (1-5)

  • Cabana: Míriam, Aitana (Nuria), Antia (Begoña), Sheila, Valeria, Inma, Iría (Natalie), Isabel (Jessi), Alison, Adriana, Saray.
  • Mazaricos: Valeria, Silvia, Katia, Fatima, Mariña, Buján, Claudia, Antía, Lúa, Ánxela e Tamara. Tamén Paula Maneiro, María Senra, Paula Rod., Raquel e Ara.
  • Goles: 0-1, m.10: Tamara; 0-2, m.15: Tamara; 1-2, m.21: Inma; 1-3, m.56: Tamara; 1-4, m.60: Tamara; 1-5, m.75: Raquel.

Partido no que as locais se presentaban co varias baixas e con xogadoras tocadas que notaron a inactividade. Así, o primeiro tempo foi algo máis igualado, cun Mazaricos que se adiantaba gracias á efectividade de Tamara, pero o Cabana non se rendía e recurtaba por medio de Inma.

Xa na segunda parte o Mazaricos foi superior e aproveitou o baixón local para dominar e marcar tres goles máis, completando Tamara un póker de tantos demostrando que esta categoria lle queda demasiado pequena. Xa para rematar facia Raquel o 1-5 definitivo nunha boa xogada entre ela e Maria Senra.

Corcubión - Bergantiños B (1-1)

  • Corcubión: Alexia, Alexandra Lojo, Marta Lavandeira, Paula Rrinidad, Andrea, Ana Sierra, Helena, Carla, María Castro e Cris. Tamén: Elisa.
  • Bergantiños B: Sofía; Aroa Varela, Valeria, Amelia, Carla; Jimena, Erika, Ainhoa; Aroa García, Arancha, Antía. Tamén xogaron: María, Clara e Sara.
  • Goles: 1-0, m.7: María Castro de vaselina; 1-1, m.57: Antía remata un pase da morte de Carla.

Partido con moitisimas baixas entre enfermedades, lesións e examenes, para as de Rubén Castillo, no que a porteira Elena xogou de extremo. Así a primeira metade era de imprecisións, cun filial carballés que intentaba dominar algo máis e unhas locasl que roubaban e intentaban saír rápido. Así, tras un roubo de Alexandra, lanza a María Castro ao espazo e esta define de vaselina para adiantar ás locais. Co paso dos minutos, as carballesas ían dominando máis.

Na segunda, as forzas baixaban moito nas corcubionesas e as visitantes foron superiores, empatando pronto e tendo varias chegadas para levar os 3 puntos, pero as locais souberon aguantar as embestidas.

Noia B - Outes (1-0)

  • Outes: Sole, Natalia, Claudia Arou, Alicia, Uxía, Gravia, Paula, Molinos, Miriam, Carla e Carmen. Tamén: Lara, Mariña, Erika, Claudia Otero e Xeila.
  • Gol: 1-0, m.23: Uxía Paz.

Partido moi disputado en Noia, cunha primeira parte na que as locais atacaron máis, e acadaron un gol por despiste da defensa de Dani. A segunda parte empezaba moi diferente e era o Outes o que presionaba sen parar, con varias ocasions para marcar pero sen éxito. E asi morreu o partido, co equipo visitante atacando pero arrastrando aínda eses eternos problemas co gol.

MÁIS NOVAS DO FUTFEM

CRÓNICAS DO FUTFEM

Comentarios