FUTFEM: O Xallas, a un paso do título
Xa co ascenso á 1ª Div. Fem, o Xallas segue pelexando polo título da 2ª Div. As de Eloy venceron en Tordoia e están a un paso de concretar o título. Unha vitoria, ou mesmo un empate lles valería na última xornada en Fontela ante o Brexo Lema (equipo da zona medio baixa sen nada en xogo), para rubricar un temporadón, a pesar de ter quedado fóra dunha Copa da Costa pola que si pelexarán Cee e Dumbría, que continñuan mantendo o pulso da categoría, e van rematar nunhas meritorias 7ª e 8ª posición.
As que descansaron foron as ligas da 3ª Div, a pesar de que aínda lles quedan 3 xornadas por diante.
Tordoia - Xallas (0-3)
- Xallas: Rosío, Carla, Cali, Andrea Otero, Espasandín, Noe, Sara, Claudia Facal, María Rial, Paula Barcia e Olalla. Tamén: Patricia, Marta, Valeria, Laura e Yaiza.
- Goles: 0-1, m.11: Olalla nunha fermosa xogada; 0-2, m.50: Olalla remacha un pase filtrado de Noe; 0-3, m.78: Noe.
Superou a complicada saída ao pequeno campo da Rega o cadro xalleiro. As de Eloy saíron moi enchufadas e pronto avisaban cun libre indirecto dentro da área de Carla, e unha falta de Olalla. Pronto chegaba o gol da propia goleadora xalleira, que a pesar de perderse un terzo da competición, está co 19 goles xa. A xogada foi preciosa: Olalla comezaba abrindo de espuela tras un cambio de orientación de Barcia, Facal mete un centro tenso ao primeiro pao que a propia Oli manda as redes de cabeza.
A raiz de aí o partido estivo con moita intensidade no centro do campo, con dous equipos moi combativos. Tiveron algunha chegada as locais pero sen perigo.
Na segunda parte, o gol da tranquilidade chegaría tras un gran pase de Noe entre central do lateral, para Olalla que marca dende a fronta. A sentenza foi coas mesmas protagonistas, pero do revés.
Dumbría - Almeiras (1-1)
- Dumbría: Lissette, Carril, Carla, lara, Sabela, Yoli, Claudia Cundíns, Laura, Mai, Paula Fandiño e Kelly. Tamén: Alicia, Luana, e Mariña.
- Goles: 0-1, m.4: Tati; 1-1, m.31: Paula Fandiño de penalti.
Coa cabeza máis na Copa, e moitas baixas, o Dumbría de Santi Lira non pasou do empate na casa ante o Almeiras. Era o último partido no Conco para as locais, contra un rival que necesitaba sumar de tres para seguir con opcións de manter a categoría, e notaríase na intensidade desde o principio, adiantándose pronto no marcador e sendo duras defensivamente. Dende o gol as visitantes daban un paso atrás, cedendo o balón ás locais, que pouco a pouco foron xerando ocasións ata que de penalti Paula Fandiño colocaba o empate. Era un partido moi trabado, con pouca fluidez e continuidade no xogo hasta chegar o descanso.
Na segunda non cambiaría demasiado a dinámica, e o Almeiras seguía defendendo as embestidas das dumbriesas, que onte estaban máis erráticas do habitual. Iso si, tivo que aparecer Liss ao final nunha contra para salvar o puntiño.
Cult. Maniños - Cee (0-3)
- Cee: Valeria, Lurs, UIxía, Ramos, Laura, Nerea, Saray, Nayara, Naiara, Sharay, Martínez. Tamén: Noemi, Lucía Caamaño, Gala e Minerva.
- Goles: 0-1, m.60: Nerea; 0-2 ,m.73: Saray Duarte; 0-3, m.90: Nerea.
Partido marcado polo baixo ritmo da primeira parte, marcada pola pouca marxe de descanso debido ao partido de Copa do xoves. Na primeira parte transcurriu sen un dominador claro de balón, a pesar de que o Cee tivo algo máis pero sen moita fluidez. Na primeira parte apenas houbo ocasións salvo algun tiro desviado.
Na segunda parte o Cee saíu mellor e tivo practicamente o control total da pelota e tras varios achegamentos, Nerea marca nun remate dun córner. Tamén houbo algun tiro máis que ou ben non chegaron a porta ou foron desviados. Nun bo reixeite marca Duarte o segundo gol e na última xogada marca Nerea de rechace tras un tiro de Lurs que ía por toda a escuadra que receitou a porteira local.
Máis novas do álbum
- Os puntos de venda do álbum #Futfemdacosta
- Presentación en Dumbría: “Pero vós sabedes o importante é ter un cromo?”.
- Presentación en Muros: As xogadoras do sur da Costa xa teñen o seu álbum de cromos.
- Presentación en Buño: “Vós sodes as referentes”.
Máis info
- Todas as táboas ligueiras en www.futboldacosta.com.
- Os cadros da Copa da Costa en www.copadacosta.com.
Todas as crónicas do FUTFEM
-
- 01-05-2025: Así quedan as semis da Copa da Costa.
- 29-04-2025: O Corcubión retrasa a festa do Corme.
- 22-04-2025: Copa da Costa FEM: O Cee deixa fóra ao Xallas.
- 15-04-2025: O Xallas ratifica o ascenso a costa do Dumbría.
- 08-04-2025: O Xallas raticou o seu ascenso directo e busca o título.
- 02-04-2025: O Xallas volve alzarse ao liderato.
- 25-03-2025: A crónica previa ao álbum.
- 18-03-2025: Nova xornada á espera do álbum.
- 11-03-2025: O Bergan B consegue quitarlle os primeiros puntos ao Corme mentres o Xallas cede o liderato na 2ª.
- 05-03-2025: O Cabana suma por Entroido.
- 25-02-25: O Xallas, a 4 vitorias do ascenso.
- 18-02-2025: 7 equipos implicados na loita pola promoción na Liga da Costa.
- 11-02-2025: O Xallas mantén o ritmo mentres o Dumbría venceu en Cee.
- 04-02-25: Esteirana perdeu unha final adiantada.
- 26-01-25: Ponse líder o Xallas, único equipo sénior que xogou, e gañou, nesta finde de temporais .
- 14-01-25: Xallas, Corme e Esteirana seguen protagonizando a temporada.
- 16-12-24: O Xallas tamén pode co Cee e a Copa xa está viva.
- 09-12-24: Cee e Xallas mantéñense na “teté de la course”.
- 03-12-24: : O Xallas superou ao Dumbría.
- 19-11-2024: O Corme demostra o seu potencial.
- 11-11-2028: Corme, Camariñas, Mazaricos e Esteirana seguen sumando de 3 en 3.
- 05-11-2024: O Cee mantén o ritmo e o Dumbría queren engancharse.
- 29-10-2024: Chegaron as primeiras vitorias da historia do Soneira e Zas.
- 22-10-2024: O Xallas mantense na pelexa Noe e Olalla ao mando.
- 15-10-2024: Xallas, Corme e Esteirana, protagonistas da xornada.
- 08-10-2024: Arrincaron as Ligas da Costa FEM cun ollo no tenso derbi do Conco.
- 24-09-2024: Cee e Xallas suman e seguen.
- 17-09-24: Trío de vitorias para comezar o curso.