Juan de Dora: "En canto saín dos vestiarios non vía nada, só o fume verde e a xente cantar"
O protagonista da xornada no seu debut no Ara Solis é Juan de Dora, facendo dous goles espectaculares. Unha das novas estrellas da Costa que volveu ao noso fútbol, para axudar a lograr o soño de facer historia en Fisterra, e intentar conseguir o ascenso a 3ª División.
O xogador loureán, que xa ten xogado coa Selección Galega en varias categorías, soña con outro balón de barro das Galas QPC.
- QPC: Eres un xogador novo, pero xa pasaches por varios clubes, que destacarías de cada un de eles?
Como ti dis pasei por varios clubes, e de todos destacaría algo, pero sobre todo o que máis me chamou a atención foi o trato que recibín no Sofán, tanto por parte da xente como da directiva.
- QPC: Como valoras o teu fichaxe polo Fisterra?
Creo que foi un paso importante, porque necesitaba un cambio de aires e ademais un plus en canto a motivación, e que mellor que loitar por un ascenso a Terceira División nun clube da Costa.
- QPC: Debut co equipo, gol, debut no Ara Solis doblete, poñemos unha cifra para rematar a tempada?
Pois a verdade é que non penso nunha cifra, só en axudar o máximo posible ao equipo con goles e asistencias para conseguir o obxectivo.
- QPC: Que se sinte ver na grada esa afección verde?
Foi terrible. En canto saín dos vestiarios non vía nada, só o fume verde e a xente cantar. Aínda non empezara o partido e xa iamos gañando 1-0, así dá gusto xogar un partido de fútbol.
- QPC: Xa tes experiencia en terceira división, lugar polo que loita o Fisterra, ves a plantilla en ese nivel?
Sen ningunha dubida, este equipo ten unha plantilla cuns xogadores de moi bo nivel. Vin equipos peores este ano en 3ª que nós..
- QPC: Persoalmente estas no teu estado top, ou aún podes explotar mais como xogador?
Creo que aínda podo dar máis, xa pensando no partido do outro día metín 2 pero fallei outros tantos. E imperdonble e teño que traballar para que eso cambie..
- QPC: Virtudes, e onde crees que debes mellorar o teu xogo?
Debo mellorar en todo, ata na velocidade que é o meu punto forte..
- QPC: Que xogador profesional é o teu referente?
Poderia ser o Chimy Avila, incansable, velocidade e potencia..
- QPC: Para terminar, volves á zona costeira, cando se decide todo, incluso os balóns de barro da Gala de Quepasanacosta. Varios dos teus compañeiros xa son gañadores, a ti gustariache recibilo?
Si claro, cando estiven no Sofán levei un balón de barro e non houbo ningunha outra cousa que me fixera tanta ilusión... oxala loitar por outro este ano ainda que sea un pouco tarde.
Os traballadores na sombra
- Fernando, alma do Ameixenda: "O fútbol afeccionado está a perder a esencia de ver rapaces xogando nos equipos do seu Concello”.
- Rama, alma da Esteirana: “Sabes o gusto que dá poder levarte ca maioría dos xogadores cos que tiveches relación?“.
- Manolo López, alma do Dumbría: “Levo anos viaxando por moitos campos e máis ou menos sempre estamos os mesmos”.
ENTREVISTAS do Fútbol da Costa en QPC
- Curro: “Os afeccionados teñen que entender que foron moitos cambios xuntos, e leva o seu tempo"
- Brais (Buño): “Dannos por mortos todos os anos e sempre, ou case sempre, os obxectivos cúmprense”.
- Adrián Lema: "A directiva apoiume siempre. Loxicamente non gusta, pero a decisión foi falada entre todos”.
- Marcos González: “Os pais, ás veces, son os responsables das frustacións dos rapaces, moitos pensan que teñen Messis na casa”.
- Diego Lobelos, adestrador do Muxía: "O Cairo é outa historia, pero a este equipo encántalle xogar estos partidos”.
- Manu Guillamet e Jairo explican as claves do seus importantes goles.
- Juan Porrúa, adestrador do Montelouro: "A 3ª está sendo máis competitiva do que esperaba”.
- Bruno Méndez: "Todo o que proba de árbitro, quédase”.
- Bieito e Basti analizan o derbi soneirán de 1ª.
- Os adestradores dos 4 primeiros analizan a Liga Xuveni.
- Miguel Ramos: “A intensidade e concentración coa que se viven e disputan os partidos aquí, só pasa na Costa”.
- Miguel Chouza, adestrador do Castriz: "O Fútbol da Costa é como unha burbulla que se mantén allea ás contaminacións do fútbol moderno”.
- Chicho, adestrador do Mazaricos: "O Fútbol da Costa cúrteche moito”.
- Juni, adestrador do Coristanco: “Sempre lle estarei agradecido a esta directiva por ter a valentía de poñer un proxecto tan ilusionante nas miñas mans”.
- Tolo: “Sen o traballo de toda a xente "invisible" do club non estaríamos aí”.
- Ordóñez e Abel analizan o derbi, por todo o alto, Camelle - Camariñas.
- Pesco e Julián fálannos do rexurdimento de Xallas e Volantes.
- Ángel López e Alberto Rodríguez analizan o derbi de Preferente entre Fisterra e Sofán.
- Pablo Mallón e Lelo falan do derbi pontecesán: “Un derbi é un derbi sexa a hora que sexa”.
- Iván Cancela e Cantudo, conversa cos adestradores da Selección Galega.
- Pedro Gómez e Santi Cambón: Dous carballeses, con casa en Verdillo, que lideran as táboas de 1ª Galicia e da Liga da Costa.
- Raúl Periscal: “Hai que volver ás orixes e deixarse de pagar, e facer unha base con xente da casa"
- Christian Caamaño e Iván Bouzón analizan ao detalle o derbi verde da Preferente.
- Pepe Wii e Jati: O Porteño – Camelle comeza a xogarse en QPC.
- Basti e Rivi analizan o derbi costeiro entre o Soneira SD e o CF Dumbría.
- Pablo Conde: ”Só buscamos que a xente que saíu das categorías base se asente”.
- Lelo: ”Sempre foi unha ilusión adestrar ao primeiro equipo”.