Luns. 29.04.2024
El tiempo

A 1ª Autonómica comeza o ano cun Derbi Costeiro

A 1ª Autonómica comeza o ano cun Derbi Costeiro
Daba comezo o ano na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra cun Derbi, un derbi que se xogaba na tarde do sábado no Municipal de Vimianzo onde os locais levarianse a victoria por (2-0). Xá na tarde do domingo xogarianse o resto dos encontros con sorte dispar para os nosos. O unico que salvaba os muebles esta fin de semana era o lider o Sofán que arrancaba 1 puntiño no complicado campo do Lesende do coñecido adestrador Sil, un empate a 1 moi bó. Mentras tanto o Baio, Corme e Esteirana caían derrotados fronte o Piloño,Unión e Sigüeiro respectivamente. Mala xornada para os nosos neste comezo de 2015.
A Clínica Vértebra patrocina a 1ª Autonómica - Coñécenos a través do Facebook
A Clínica Vértebra patrocina a 1ª Autonómica - Coñécenos a través do Facebook
Soneira - Malpica (2 - 0)
  • SONEIRA: Anxo, Figueroa, Fran (Maikel, Min.74), Alberto, Brais, Nazo, Sandelo, Richi (Fabián, Min.87), Basti (Chans, Min.77), Javi e Brais Triñanes
  • SCD MALPICA: Abraham; Pablo Díaz, Diego, Alemán, Juan Rabuñal, (Mario Alberto, Min. 58), Fernando Varela, Joel (Rodrigo, Min. 77),  Petís ( Mara, Min. 46), Cololo, Ismael e  Adrián.
  • Árbitros: Vilariño Hidalgo, Platas Pintos e Vázquez Lema.
  • Goles: 1-0, min.17: Basti tras un zapatazo dende a frontal da área que bate por baixo a Abraham. 2-0, min.57: Javi, tras unha boa xogada remata raso e cruzado.
Saia o Soneira moi enchufado no partido e con gañas de resolver rapidamente e levarse o encontro, as embestidas dos homes de Manolito eran rexeitadas polo porteiro malpicán Abraham, que realizaría un encontro impecable. O primeiro tanto chegaría tras unha boa xogada que o dianteiro Basti dun zarpazo o frontal do área mandaria o esférico o fondo das mallas. O Malpica non era capaz de facerlle fronte a uns locais que eran moi superiores durante esta primeira metade que remataria 1-0 para os da casa. Xa na segunda parte os locais seguirían o seu mentras que os visitantes non eran capaces de trenzar unha xogada e crear perigo, salvo algunha ocasión aislada. O Soneira viase mais fresco e tras outra boa xogada na que participarian Brais, Basti e o autor do gol Javi, que enviaría o balón fora do alcance de Abraham e certificaría 0 2-0 que sería o resultado final do encontro. Este Soneira dende a chegada de Manolito o banco parece outro e o cambio é palpable.

Piloño - Baio (3-0)

  • Baio: Dani Varela (Manuel Espasandín, min.76) , Jose A.Cruz (Eloy, min.57), Rodrigo, Martin, Bieito, Christian, Brais (Norberto, min.53), Ivan (Yago Couto, min.46), Mario, Manuel e Pablo.
  • Arbitros: Manuel Paz, Ruben Fernandez e Bruno Iglesias
  • Goles:1-0, min.36: Alex; 2-0, min.43, Brian; 3-0, min.76 Bruno.
Mal encontro dos Baieses, o parón navideño parece que non lles sentou moi ben os de Felix Raposo. Viaxaban para enfrontarse o Piloño cunha  baixa moi importante como era a baixa de  Mc . O encontro comezaba e as sensacións non eran moi boas, os visitantes non daban encontrado o seu sitio no campo e dous erros garrafales na primeira metade custarianlles 2 goles que serían dúas lousas moi dificiles de levar, e se a isto lle sumamos a expulsión de Fachal pouco antes do final da primeira metade xa sería o remate dos Baieses, que pouco podrían facer mais que aguantar os ataques dos locais. A segunda parte foi un pouco mais do mesmo onde os locais marcarían outro tanto e cerrarian o encontro.

Unión - Corme (2 - 1)

  • Corme: Suso, Adolfo, Pandi, Alejandro, Joshua, Adrian, Sergio, Brais, Lucas, Juan Chans e Alejo.
  • Goles: 1-0, min.33: Castaño; 1-1, min.44 :Alejo;2-1, min.75:Seijas.
Moi bó partido dos de Lentejo que chegaban con gañas de levarse o encontro, moi ben situados no terreo e desplegando o bonito xogo co que nos solía facer disfrutar este grupo de amigos. Grandisima primeira metade onde os visitantes se adiantaban no marcador, pero que pouco despois un autentico golazo de Alejo poñía as táboas no marcador.  Xa na segunda metade o Unión volvería a adiantarse no marcador e sería o resultado definitivo este 2-1 o cal os Cormeláns xa non serían capaces de darlle a volta. Derrota pouco merecida, pero o futbol suele ter estas cousas, o que menos o merece é o que se leva o peixe.

Esteirana - Sigüeiro (0-2)

  • Esteirana: Fabio, Code, Rafa (Pabliño, min.70), Simón, Serrano, Chispi (Martin, min.45), Alex, Uru (Adrian, min.64), Andel (Alberto, min. 77) e Rober Pladur.
  • Arbitros: Jesús Calvelo, Mario Sanin e Brandan Ramos
  • Goles: 1-0, min.52: Albor: 2-0, min.53: Juan.
A Esteirana enfrontábase a un encontro importante que os podía situar algo máis cerca da permanencia e así loitou durante toda a primeira metade. Non houbo excesivas ocasión por ningún bando e sí poñía máis garra e ímpetu o equipo local.Todo cambiou na segunda con un Sigueiro mellor plantado, apretando na zona media e decidido a ir polo encontro. Isto viuse favorecido polo gol rocambolesco de córner que tras mùltiples rexeites pon en vantaxa ao equipo visitante. A reacción dos esteiráns foi tímida e xa se encontrou co segundo de inmediato. A partir de aí, con moita entrega foise arriba o equipo local q contou con un forte disparo de Kike, un remate de cabeza de Rober e unha vaselina de Alberto que non lograron reducir o marcador.

Lesende - Sofán (1-1)

  • Sofán: Lerma, Miguel Sande, Martin (Diego Maneiro, min.76), Eloy Boedo, Bertin, Javi (Cristian, min.66), Leilán, Felix, Brais (Iván Rojo, Min.57), José Fernandez (Fran Vazquez,min.76) é Jose L. Muñiz.
  • Arbitros:Gonzalo Goyanes, Ruben Maquieira e Emilio Forjan.
  • Goles: 1-0, min. 41:Adrian; 1-1 min.89:Diego Maneiro
  • Igualou a Sd Sofán no campo do Cabanetán, e gracias, porque o gol do empate chegou no minuto 90, nun disparo de Diego Maneiro dende fora da area. Ben é certo que anteriormente a Sd estrelara 3 balóns nos paos, pero tamén o equipo local tivo boas ocasións á contra. O encontro foi según o guión previsto, cunha Sd levando o peso do partido e o Lesende defendendo con intensidade, e sacando rápidas e perigosas contras. Anotou Adrian Sueiro a balón parado ó borde do descanso, e na seguinte xogada o meta Pouso fixo un paradón evitando o gol cantado de Bertín. No segundo tempo a Sd atacou con todo, arriscando con tres defensas. Bertin e Mendez mandaron sendos remates ó paro, pero a piques de rematar Oliver marrou unha clara ocasión para o equipo local, e na seguinte xogada igualou a Sd. Finaliza a primeira volta e o Sofán ocupa o liderato a 7 puntos do 2º e 3º, o Puebla e o Villestro. Novas relacionadas

    Crónicas da 1ª

    Máis información

    Crónicas da semana

    Novas relacionadas

    Fonte

    Comentarios