Recunchos da Costa: A praia de Seiruga e Area Pequena

En pleno Camiño dos Faros, e despois de ver a praia de Seaia, baixamos ata a praia de Seiruga. Un deses areais costeiros de natureza magnífica, pouco saturados.

As súas rochas do centro deixan unha estampa única, coas Illa Sisargas ao fondo. Ademais, conta cunha fermosa ría ademais polo seu costado norte, que permite disfrutar dunh baño, fresco, cando o mar está demasiado bravo.

As vistas dende o cumio do lado sur son ben fermosas, tanto como as que disfrutan as casas que hai do lado norte. Ademais, para os amantes das pequenas e tranquilas calas de augas turquesas, tendes Área Pequena na cara sur, con fácil acceso e pouca xente.


Praia de Area Pequena

Por certo, cómpre probar o Restaurante Seiruga cunha desas localizacións imposibles de copiar.


Aínda se ven ecos da loita contra o Plan Acuícola hai 10-12 anos


Algunhas administracións teñen problemas co topónimo...

Como chegar

Dende o alto de Malpica, dende a entrada, cómpre coller a estrada da costa cara o sur, e en apenas uns km xa atopamos o desvío.

OS RECUNCHOS DA COSTA