Xoves. 05.08.2021
El tiempo

Recunchos da Costa: O Rego dos Muíños

Sendeiro do Rego dos Muinos
Sendeiro do Rego dos Muinos
Recunchos da Costa: O Rego dos Muíños

Despois de visitar o Castro Borneiro, aproveitamos a nosa visita ao Concello de Cabana para facer a ruta do Rego dos Muíños. Unha fermosa, corta e fácil ruta que une o castro co mar, co Esteiro do Anllóns, puidendo disfrutar en familia da natureza e do patrimono etnográfico.

Son 24 os muíños que nos cruzaremos por este camiño de bidueiros, ameieiros, castiñeiros e outras árbores de ribeira.

Rego dos Muinos 3Rego dos Muinos-Cabana 4Rego dos Muinos

Como chegar

O roteiro adóitase facer costa arriba, partido no aparcadoiro do Lodeiro, no comezo do paseo marítimo da senda do Anllóns, cruzando a estrada e seguindo o cauce do rego homónimo (a sinalización do R3 é bastante precaria).

Para facelo de baixada, dende a explanada de Castro de Borneiro hai que subir pola estrada uns 500 metros ata as primeiras casas, de onde parte o sendeiro subindo a man dereita.

Saida do Roteiro do Rego dos Muinos
Se partimos do propio Castro, e saímos pola parte alta, teremos que recorrer o sendeiro novo que hai de saída polo norte e que vai dar xusto en fronte ao comezo do roteiro. Só habería que cruzar.

Mapa Ruta do Rego dos MuinosMapa Ruta do Rego dos Muinos 2

OS RECUNCHOS DA COSTA

comentarios