Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Recunchos da Costa: A Fervenza de Budián

Recunchos da Costa-Fervenza de Budian-Zas
Recunchos da Costa: A Fervenza de Budián

Tras montar no columpio da Fervenza do Rabiñoso e gabear pola Fervenza de Parga, continuamos a Ruta da Auga de Zas para sentar no banco da Fervenza de Budián.

Esta fervenza completa o trío de xoias que nos deixa esta ruta, xa no chamado Rego da Fervenza. É un salto duns 8 metros, cun muíño ao carón, que deixa unha estampa ben fermosa.

Muino na Fervenza de Budian na Ruta da Auga de Zas

A Ruta da Auga está a ser un dos grandes descubrimentos do Concello de Zas deste ano de pandemia, e cada fin de semana son ducias as familias que disfrutan da natureza no seu máis puro esplendor.

Cómpre salientar que un dos ountos de partida é a Ponte do Sisto, dende onde comeza unha serie de muíños recuperados ben interesantes de ver.

Estampa fluvial na Ruta da Auga de Zas preto da Ponte do SistoMuino da Ponte na Ponte do Sisto na Ruta da Auga de Zas

Como chegar

Dende o lugar de Budián non ten perda. Ten un acceso algo máis complicado que as súas curmás, pero é accesible para todas as idades.

 

OUTROS RECUNCHOS DA COSTA

Comentarios