Venres. 18.06.2021
El tiempo

Recunchos da Costa: A Férveda de San Paio ou de Entrecruces

Fervenza San Paio-Entrecruces-Foto-Oti Fdez para Concello Carballo
Fervenza San Paio ou Entrecruces-Foto: Oti Fdez. para Concello Carballo
Recunchos da Costa: A Férveda de San Paio ou de Entrecruces

Volvemos a Carballo para completar a Ruta das Férvedas. Tras visitar a Férveda de Rus collemos dirección Santiago e paramos en San Paio.

sinalización Ruta das Fervedas

A altura da caída é ben considerable, uns 30 metros, pero a impresión é case que semellante ás outras das máis altas do país, como son a Fervenza do Toxa, (60 metros de salto vertical en Bandeira, Silleda), ou a incrible Ruta da Corga da Frecha, (case que 200 baixando pola montaña en Riocaldo, Lobios, na serra do Xurés). En Entrecruces, próxima á capela de San Paio, o abondoso caudal río de Outón ou Ontón, (tamén chamado Férveda e Tabloada, afluente do río Grande que remata no Anllóns) ofrece 3 saltos en gabros, nunha zona de piñeiros e eucaliptos, pero cunha flora propia do río.

Ben pretiño podemos atopar a Carballeira da Ribeira da Pena, e polo camiño quedan restos de varios muíños e dunha minihidroeléctrica de aló polo 1955.

Fervenza-de-San-Paio-o-EntrecrucesFervenza San Paio

 

Como chegar

Para ir directamente hai que coller a DP-1914 que une Carballo e Santiago e, a uns 10 km, coller un desvío á esquerda, sinalizado, cara San Paio e a Férveda de San Paio.
Dende aí xa o sinais de madeira colocados polo concello nos leva primeiro cara a capela, onde deixaremos o vehículo, para seguir andando durante uns 10 minutos antes de chegar ao lugar. Ollo ao baixaren da capela porque hai un desvío cara a dereita, onda a última casa que entra no novo camiño empedrado, xa que o sinal atópase unha vez collido o desvío. Tiramos un pouco e xa estamos alí.

 

OS RECUNCHOS DA COSTA

comentarios