Martes. 19.03.2024
El tiempo

A escritora Marica Campo protagoniza o xuño da Galería Mulleres

A escritora Marica Campo protagoniza o xuño da Galería Mulleres
Galeria Mulleres Marica Campo

E seguimos coñecendo mulleres relevantes para a historia da man da Galería Mulleres do Concello de Muxía. Este mes de xuño de 2013, coñecemos á escritora Marica Campo (Val do Mao, O Incio, 1948).

Estudiou Maxisterio e Teoloxía e exerceu de mestra en varios lugares, ata establecerse en Guitiriz. Foi dende nena unha lectora voraz e comezou a escribir precozmente. Pero durante anos, Marica, publicou escasamente unha obra teatral, algún poemas en revistas e letras de cancións para o grupo Fuxan os ventos.

Serán os seus amigos (entre eles a poeta Pilar Pallarés) quen insistan para que en 1992 publique o seu primeiro libro, un recopilatorio de poemas, "Tras as portas do rostro". Dende aí, é autora de obras poéticas, así como de pezas teatrais. Hoxe é unha autora moi considerada na literatura galega en xeral e tamén polo colectivo de escritores/as, proba dilo é que, niste ano 2013, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega nomeuna escritora do ano, galardón que se lie entregará na súa terra natal de O Incio niste mes de xuño.

Ademais, entre os seus éxitos, foi nomeada Chairega de Honra pola Asociación Cultural Xermolos e a Fundación Manuel María da Terra Chá, en novembro de 2007.

Novas relacionadas

Galería Mulleres de Muxía

Fonte

Comentarios