Adxudicadas as obras dos 5,8km de Corredor ata Vimianzo

O movemento de terras xa está realizado dende hai máis dunha décadas. Esta é a vista dende a AC-432, a altura de Pasarela, onde remata o novo treito, nunha foto realizada en 2017

A UTE Construcciones y Obras Taboada y Ramos, S.L.U.- Construccións Obras e Vias S.A. (COVSA) – COMSA, S.A.U. será encargada de executar as bras de prolongación da Autovía (xa Corredor) da Costa da Morte, no treito entre Santa Irena, en Vimianzo, e a estrada AC-432. A Xunta vén de adxudicar o contrarto por máis de 33,3M€ (33.363.014,14€)

A nova intervención abrangue 5,8 novos quilómetros de estrada, ata a intersección coa AC-432, que comunica Vimianzo e Camariñas. Este treito construirase sobre unha traza con movemento de terras xa executado dende hai máis dunha década (de feito está realizado ata Berdoias).

As obras incluirán a construción de 2 enlaces e a previsión dun terceiro, 3 viadutos, 6 pasos superiores, 3 pasos inferiores e 6 obras de drenaxe. Cabe sinalar como estrutura máis singular do proxecto o viaduto sobre o río Vimianzo, que permitirá o cruzamento da vía sobre esta contorna, entre os puntos quilométricos  7+005 e 7+249.

O novo treito que estará limitado a 100 km/h e non inclúe o demandado enlace ao polígono de Vimianzo.

En xaneiro a Xunta aseguraba que as obras darían comezo a partir de xullo, cun prazo de execución de 2,5 anos, co que nos colocamos en 2029 para a súa posta en marcha.

Artigos relacionados

Histórico da Autovía