Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O Gaiteiro dá as alegrías que esqueceu o Aquacenit

O Gaiteiro dá as alegrías que esqueceu o Aquacenit
Aquacenit esta facendo unha temporada tremenda

Descansava o Anorthosis e o protagonismo foi para os equipos soneiráns da 1ª Galega. E nova derrota do Concello de Zas Aquacenit e van 3 dun equipo que se consideraba favorito para quedar campión deste grupo pero agora terá que pelexar para conseguir o ascenso e para eso non terá que sufrir máis descuidos, sobre todo ante rivais directos. Nesta ocasión pecou de autosuficiente e saiu derrotado frente ao 1º da liga, nin Stevo nin Miguel foron quen de gañar ningún dos seus partidos individuais, e así cos puntos do nº 1 do equipo, Andrés Fagín, non é suficiente para sacar adiante os encontros.

O positivo da xornada douna o Concello de Zas O Gaiteiro gañando o seu encontro de rivalidade contra o E.S. Sigüeiro distanciándoo así na última posición da táboa. E iso a pesar da baixa de Martín que non foi ben sustituido por Javier Álvarez, que no seu debut non foicapaz de gañar os seus partidos, perosío fixeron Andrés Bouzas e Fran Otero que gañando os seus partidos individuais e o dobre conseguiron os 4 puntos suficientes para a vitoria.

No outro encontro resultado normal ante un equipo da parte alta da táboa, pero a pesar deeso conseguironse gañar dous partidos, o que dá ánimos ante vindeiras confrontacións.

1ª División Galega. Grupo Centro

  • Resultado: Breogán Oleiros "C" - Concello de Zas Aquacenit (5-2)
  • Resultado: E.S. Sigüeiro - Concello de Zas O Gaiteiro (3-4)
  • Resultado: Peluquería Tije - Concello de Zas O Gaiteiro (5-2)

2ª División Galega. Grupo Centro

  • Resultado: Construcciones Cernadas - Arteal TM (2-5)

En 2ª galega a sorpresa positiva douna tamén o Construciones Cernadas gañando xa algún partido, sobre todo a alevín Ana García gañando a todo un veterán como Eliseo Miguélez. Máis de 60 anos de diferencia entre un e outro. Daniel Suárez fixo o outro punto.

Vindeira xornada

Este sábado todos os encontros celebraranse no ximnasio do CPI de Zas a partir das 16:00h:

  • 3ª división nacional (16:00 h ou 17:00h, aínda sen decidir): Anorthosis Vimianzo - Arteal Ventanas.
  • 1ª galega grupo centro:
    - 18'00 h Concello de Zas Aquacenit - Giusseppe Anthony.
    - 18'00 h.Concello de Zas O Gaiteiro - Lareka Autosisán.
  • 2ª galega grupo centro: 16'00 h. Cocnello de Zas O Pinar - Dubratambre.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Estevo Lema.

Comentarios