"Río Grande" (Chan da Pólvora, 2026), de Alberto Lema
Alberto Lema naceu no lugar e na parroquia de Bamiro (Vimianzo) a moi pouca distancia do curso do río Grande, que serve de fronteira natural entre este concello e Baio, localidade máis poboada do concello de Zas. O hidrónimo Grande foi posto en cuestión polos estudosos Evaristo Domínguez Rial, Xan Fernández Carrera, Ramón Gándara e Xosé María Lema Suárez, do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (SemEsCom), na súa obra O río do Porto, o río grande da Terra de Soneira (2019).
Esta disquisición terminolóxica é aquí pouco produtiva pois no libro de poemas Río Grande (Chan da Pólvora, 2026) o sintagma funciona como un recurso metonímico tanto doutros cursos fluviais, como sobre todo do curso da nosa historia colectiva como pobo e como nación atlántica, continuando nese senso a liña poética xa encetada no anterior poemario do autor intitulado Crónica do chan (Corsárias, 2014).
Os dous paratextos iniciais non son inocentes pois reforzan a tese anterior, tanto a dedicatoria “A Ferrín” como a cita “Pero das terras haberéi soidade” do trobador medieval Nuno Eanes Cerceo (Anes Cerzeo, para o investigador e profesor “aposentado” António Resende de Oliveira, quen o considerou membro de “uma linhagem sediada em Cêrcio, a norte de Lalín”) ao tempo que serven de pórtico ás tres diferentes partes do libro “Toma de terra”, “Esteiro” e “Pombal”.
A primeira ten moito de viaxe de retorno ao lugar natal, con importante presenza de topónimos, Pico de Meda, Monte Pindo, Traba, Arou, Camelle, Monte Torán, Dumio...) ou de autores e autoras de nós que tiveron algunha ligazón literaria ou persoal co territorio que se percorre. De feito o poema inicial “Portomouro” principia: “Ao cruzar a ponte eu digo casa / cando empeza o país doente / despois do Tambre...”, mais o lector, a lectora non debe pensar que vai ser levado por unha lexítima poética da paisaxe, non, Alberto Lema enfía unha interpretación política dese territorio, onde se producen antíteses entre o baleiro das tradicionais casas abandonadas de pedra fronte ao feísmo de ladrillo e uralita, entre os rumorosos pondalianos e os eucaliptos a inzaren a terra, ou a produción leiteira tradicional coa de vacas xa sen nome “sometidas ao mercado dos valores de Chicago”. Porque Río Grande está escrito contra a hexemonía do neoliberalismo que nos destrúe.
Descríbese un país de labradores en declive ou un mar inhóspito “do que tamén fomos expulsados”, e xunto a esa visión dos novos modos de produción están tamén as transformacións que se induciron na nosa cultura popular, velaí a excelente contraposición entre pasado e presente na concorrida romaría na ermida da Virxe de Monte Torán, en Bamiro, avogosa como di o poeta “para a dor de cabeza, a tolemia / a tristura infinita, os amores ruíns”.
“Castro de Borneiro” e “Irmandiños de Vimianzo” son poemas que tratan de reinterpretar o noso pasado histórico, ao tempo que serven para cuestionar certos modelos de facer turismo.
Deseguida veñen unha serie de diálogos literarios, así en “Rosalía na Barca” fai unha lectura propia da estadía da escritora en Muxía e do seu coñecido poema V da primeira edición de Cantares gallegos (1863); “Baio”, onde o convocado é o personaxe do Tío Miseria creado polo escritor baiés Labarta Pose (1863-1925), de quen Alberto Lema salienta o seu carácter de poeta satírico, e “Pondal” no que lle di ao bardo da Ponteceso, e tamén a nós, que os seus heroes e guerreiros xa só son personaxes da literatura infantil e que a lingua na que cantou está “sometida a novas torturas máis sofisticadas”, en definitiva, a épica do noso pobo camiño dunha posible derrota definitiva.
Na segunda parte “Esteiro” prodúcese un afastamento deste territorio, agás no poema “Costa da Morte”, alegoría contra a turistificación e que no noso entender talvez debería estar integrado na primeira ou na terceira. Son poemas máis envorcados no eu poético, anecdotarios da infancia e da mocidade mestúranse con algún poema de desamor, poñamos por caso “Sentido da vista” ou sobre a experiencia na emigración do seu propio pai, a quen dedica o poema “Lago Lemán”, cabo doutros moito máis evidentes no seu carácter político, estes quizais derivados da súa propia experiencia persoal como concelleiro na cidade coruñesa durante oito anos coa Marea Atlántica, e con diálogos que procuran a empatía coas persoas migrantes, que denuncian o xenocidio palestino en “Nakba” ou o bloody sunday irlandés en “Bogside” como paradigma das loitas desiguais dos pobos de nacións sen estado, sen esquecermos a memoria histórica democrática e republicana como o poema que enxalza a figura do guerrilleiro antifranquista Benigno Andrade “Foucellas”. Canda eles outra homenaxe literaria como a perpetrada en “Pedra ou Patria” para honrar a memoria de Darío Xohán Cabana, ao tempo que rende tributo ás mil primaveras máis de Cunqueiro.
Son poemas que falan da nosa estirpe, que artellan profecías para un “pobo que non sabe dicir nós / que non sabe dicir o seu nome”, que falan da resistencia do idioma e das palabras abandonadas, porque non só esquecemos os predios como poetiza en “Casa soa”, e que contemplan desde unha ollada nada nostálxica a nosa arquitectura popular, “Cabazos”, mais tamén as antigas construcións de “Mámoas” ou dun “Milladoiro”.
Finalmente, a terceira parte intitulada “Pombal” xunta oito poemas nos que son moi importantes os recursos de repetición e a musicalidade dos versos, nunha sorte de neotrobadorismo moito menos mimético que o de Bouza-Brey ou Cunqueiro, mais con lugares comúns, presenza de elementos da natureza e animais que se personifican como a “Londra” ou o “Cervo”. E novamente os topónimos do territorio, “Paxareiras” no alto do camiño cara á boca do río Xallas no Ézaro e desde onde se enxergan as illas Lobeiras, na ría de Corcubión, “Armenteira” e “Fisterra” que pecha o libro, rememorando o antigo mito do espazo que era a fronteira entre o Aquén e o Alén.
Así pois, Río Grande non pode ser só ollado unicamente como unha evocación do río da infancia, senón do heraclíteo fluír da existencia, con todas as súas arestas, e da prevención e os desafíos diante dos alarmantes sinais da perda da nosa identidade cultural e nacional como pobo.
- Miro Villar, en Teoría da Literatura e Literatura Comparada, é profesor de lingua e literatura galegas, ademais de poeta, narrador, tradutor e crítico literario en diversas revistas e publicacións periódicas. Autor do blog As crebas.
OUTROS ARTIGOS DE MIRO VILLAR EN QPC
- "Val tan doce e sombrío", de Francisco X. Fernández Naval
- Fernando Cabeza Quiles, un sabio da Onomástica, in memoriam
- Un poema do muxián Xervasio Paz Lestón nun libro prohibido pola censura franquista
- Toponimia de Zas, de Xosé María Lema Suárez, entre as certezas e os enigmas
- Do amor salgado, de Modesto Fraga. Unha (re)lectura case tres décadas despois
- Laudatio do bibliotecario José Ramón Rey Senra, «Mon»
- Un libro na procura da luz: Os cómaros da vida. Diarios 2020-2022, de Xosé Antonio Andrade
- Diafragmas e lentes sobre os oficios do mar
- Carta derradeira ao bibliotecario Mon Rey Senra.
- Buguinas poéticas en Fisterra
- Camariñas, Carnota, Cee, Mazaricos e Muros no libro "Os mestres mortos daquel verán", de Narciso de Gabriel
- Unha cala sobre os fillos adoptivos da nosa literatura.
- Combatendo os prexuízos sociolingüísticos. "Galicia, lo gallego y los gallegos", de Fernando Cabeza Quiles, nova edición, en castelán.
- O Berrón (1987-1991) no Dicionario da Literatura Galega.
- A Costa da Morte na obra de Florencio Delgado Gurriarán.
- Darío Xohán Cabana esquecido en Corcubión?.
- Boletín de la Sociedad Cultural y Agraria del Distrito de Mugía (Buenos Aires, 1923-1934), cabeceira da prensa costeira dixitalizada no Repertorio da Emigración Galega
- A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- "Kurkuilua modu minorrean", "Buguina en modo menor", poema de Miren Agur Meabe en Ara do mar. Poesía a Fisterra, que compilou Alexandre Nerium.
- Unha tradución de Antón Zapata García na revista Ressorgiment (1936).
- Os irrefutables argumentos de Xosé María Lema en Pola nosa lingua. Unha década de artigos en defensa do galego (2009-2019).
- «Cidades neón», un poema manuscrito de Xela Arias na revista Carnota.
- O poeta laxés Antón Zapata García «prófugo» da xustiza española.
- Os poemas a Castelao do laxés Antón Zapata García e do muxián Xervasio Paz Lestón.
- Aramados: "os meus nove meses polos campos de concentración de Francia". Manuel García Gerpe.
- Unha nova achega sobre os presos da Costa da Morte no «Fuerte de Ezkaba» na posguerra.
- Contra vento, maré e coronavirus. A Costa da Morte en Nova Ardentía, 12. Revista Galega de Cultura Marítima e Fluvial
- A presenza da Costa da Morte no volume “Os restos do franquismo en Galiza”
- Os poemas manuscritos da revista Carnota.
- A 35 anos da publicación da revista muxiá Decrúa (1985-1986).
- Fisterra e as fisterras na poesía de Luz Pozo Garza.
- Lugar de incendios, no terceiro cabodano do poeta Paco Souto.
- Bazarra, un topónimo singular do noso territorio.
- Lecturas costeiras: Antoloxía de Dombate
- Lecturas costeiras: Vagabundos, solitarios e sentimentais, de Rivadulla Corcón e ilustracións de Correa Corredoira.
- Castelao, Chateaubriand e a cidade corsaria de Sant-Maloù.
- Unha lectura da guía "O río do Porto, o río grande da Terra de Soneira", do SEMESCOM.
- O mecenado como mostra de amor á Terra: “Perfecto López. Un vimiancés na Galiza ideal”, de Xosé María Rei Lema.
- A depuración do maxisterio da Costa da Morte polas autoridades franquistas.
- As Illas Lobeiras en dous proxectos musicais da Costa da Morte.
- O Monte Corpiño, de Muxía, nun poema de Filomena Dato Muruais datado en 1894.
- A lembranza de trece homes da Costa da Morte nos campos de concentración nazis.
ARTIGOS DE MIRO VILLAR SOBRE LÓPEZ ABENTE
- 2023: No centenario de dous poemas de Gonzalo López Abente na Revista Portuguesa 'A Águia'
- No centenario da novela curta 'O diputado por Beiramar' (1919), de Gonzalo López Abente.
- A autopoética de Gonzalo López Abente na “Escolma de Poesía Galega IV. Os contemporáneos (1955)”, de Francisco Fernández del Riego.
- Fin do ano, un poema de Gonzalo López Abente.
- Manuel Rodríguez Louro «Marrolas», do Monte Pindo a Mauthausen.
- Miro Villar (Setembro 2020): No centenario da versión francesa de Philéas Lebesgue do poema «O carreteiro» de Gonzalo López Abente.
- Miro Villar (Xullo 2020): "Abalando", unha descoñecida autotradución castelá de Gonzalo López Abente.
- Miro Villar (Marzo 2020): A RAG celebra o 142 aniversario de López Abente compartindo varios poemas póstumos
- Miro Villar (Xullo 2019): Ana Varela Miño leva o VI Premio de Poesía Gonzalo López Abente
- Miro Villar (2019): Esta é noite de Nadal!, un poema de Gonzalo López Abente
- Miro Villa (2019): No centenario da novela curta 'O diputado por Beiramar' (1919), de Gonzalo López Abente
- Miro Villar (2017): Efémeride: No 139 aniversario do natalicio de Gonzalo López Abente.
- Miro Villar (2017: «O pino de Corcubión», un poema de Gonzalo López Abente.
- Miro Villar (2011): Unha viaxe pola metonimia galega a través da Bretemada de López Abente.