[Última hora, 21:00]: A Xunta solicitou a presenza da Unidade Militar de Emerxencias (UME), que xa anda escoltando a vila. Continúa a situación 2. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas.
[Última hora, 17:30]: a Xunta decretou a Situación 2 como medida preventiva pola súa proximidade ás vivendas. O lume iniciouse ás 14.12 horas de hoxe e, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas.
O vento axuda cara ao Ermida onde xa foron desaloxadas tamén varias vivendas. As persoas desaloxadas están sendo levadas ao pavillón de Corme.
Ata o momento, para a súa extinción mobilizáronse 1 técnico, 7 axentes, 10 brigadas, 9 motobombas, 2 pas e 3 unidades técnicas de apoio. Ademais, para as tarefas de extinción mobilizáronse inicialmente 2 helicópteros e 2 avións, que non puideron actuar polas condicións climatolóxicas adversas que impiden traballar con seguridade.
[Última hora 0:00h]: Traballan arreo moitos medios para controlar o lume: 3 brigadas, 3 motobombas, 3 axentes, 1 técnico, 1 helicóptero, 1 motobomba e un camión de bomberos do Concello…
[Última hora, 21:00]: A Xunta solicitou a presenza da Unidade Militar de Emerxencias (UME), que xa anda escoltando a vila. Continúa a situación 2. Segundo as últimas estimacións, afecta…