O abandono da recuperación do Monte Pindo chega ao Parlamento
Unha vez feito o balance do estado de saúde do Monte Pindo un ano despois da desfeita, a loita por depurar responsabilidades continúa. Desta volta, o Olimpo Celta vai chegar ao Parlamento, e a Xunta deberá responder a unha batería de preguntas sobre o incendio de 2013 formulada polo grupo parlamentario do BNG.
Esta vez o debate non se centrará nas posibilidades de protección do Monte Pindo, unha vez que a Xunta xa ten renunciado a desenvolver ningún tipo de protección e conservación neste espazo, senón ao abandono deste lugar despois do gravísimo incendio, máis aínda -se cabe- que o que historicamente o Olimpo Celta tiña sufrido.
A Asociación Monte Pindo Parque Natural aproveita para denunciar “a impunidade do autor material, a falta de avaliación das consecuencias desta catástrofe, a carencia total de iniciativas e recursos para a reparación dos danos e a recuperación do espazo mediante un plan de xestión, e por suposto a irrupción de eucalipto que invade xa centos de hectáreas ata ameazar á especie máis valiosa deste espazo, o carballo anano”.
O BNG preguntará as seguintes cuestión:
- Que resultados se obtiveron da investigación das causas do incendio acontecido hai un ano no concello de Carnota?
- Que informes científicos se teñen realizado para avaliar o impacto deste incendio?
- Ten previsto a Xunta de Galiza abandonar o seu desleixo e poñer en marcha medidas para reparar os danos producidos polo incendio do Monte Pindo?
- Ten previsto a Xunta de Galiza a posta en marcha dun plan de recuperación deste espazo e de un plan de xestión específico? En caso afirmativo, en que prazo Que recursos se van destinar ao mesmo?
- Que valoración ten a Xunta de Galiza do facto de estaren substituíndo vexetación autóctona por eucalipto nas zonas queimadas polo incendio producido hai un ano no Monte Pindo?
Novas relacionadas
- 11-09-14: Estado do monte Pindo, un ano despois.
- 11-09-14: #MontePindo: O cabodano da gran catástrofe medioambiental.
- En marcha pola nova ruta polo Monte Pindo.
- 26-06-14: Constatan a recuperación do carballo anano e do lirio do Monte Pindo.
- O nome do Monte Pindo podería vir da lingua gaélica afondando nas súas raíces celtas.
- O Monumento Natural do Monte Pindo, na portada dunha revista científica internacional.
- Descobren unhas formacións líticas circulares no Monte Pindo.
- O Monte Pindo ten máis hábitats prioritarios a protexer que calquera parque natural galego.
- Pepe do Fieiro: “Dicían os nosos vellos…”.
- O gran Castelo chamando Monte Pindo.
- O primeiro Parque Natural galego non será o Monte Pindo.
Novas relacionadas
- A mocidade xa crea vida no Olimpo Celta marco do proxecto #SOSMontePindo.
- Árbores do CSIC para repoboar o Monte Pindo ao tempo que os escolares acoden ao berro SOS.
- O Parque Natural intenta achegarse ao Pindo.
- 01-11-13: Arrinca en Difuntos o proxecto SOS Monte Pindo.
- 30-10-13: O parque natural achegase ao Pindo.
- 25-10-13: As temidas escorrentías arrastran ríos de cinsa polo Monte Pindo abaixo.
- 21-10-2013 O Monte Pindo pide Socorro!.
- Apadriña unha árbore no Monte Pindo.
- 21-10-2013: As cinzas do incendio do Monte Pindo xa contaminan o mar.
- 10-10-13: O Monte Pindo sae do Parlamento como entrou.
- 09-10-13: Mulching: Pallas ao monte.
- 07-10-13: Os berros do Monte Pindo contra os lumes chegan a Compostela.
- 29-09-13: Medio millar de bravos berran en verde por un Monte Pindo Parque Natural.
- Hermanager Humor: O lume de ouro.
- Leö Kch berra en silencio polo Monte Pindo.
- Jorge González Pérez: Unha mirada ao futuro do Monte Pindo. E agora que?.
- Novo berro de auxilio dende Quilmas.
- A AMEGA, en contra da devastación dos nosos montes.
- 18-09-13: Saltan as muxicas da crispación arredor do Monte Pindo.
- 16-09-13: A Comunidade de Montes de Caldebarcos e a Cooperativa de Quilmas alzan a voz dende a terra queimada.
- 15-09-13: Existe unha verdadeira investigación policial sobre o incendio?.
- 14-09-13: Acabou o inferno. Toca traballar na recuperación, reflexionar e investigar.
- 14-09-13: O lume máis devastador chega ao Ézaro mentres o pobo se fractura.
- 13-09-13: Continúan as lapas ameazando o Pindo e ao Ézaro cando chegan as primeiras reflexións.
- 12-09-13: Un incendio arrasa o Monte Pindo e obriga a desaloxar varias aldeas de Carnota.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).