COVID: A Costa enteira queda sen restricións mentres avanza a vacinación
A partir da madrugada deste sábado 5 de xuño, o mapa de restricións será monocolor na Costa da Morte. Todos os concellos quedarán en Nivel de restrición media baixa, trala baixada de Cee. Cunha incidencia media acumulada a 14 días que ronda os 50 novos casos por 100.000 habitantes, a situación parece servida para enfocar un verán relativamente cómodo.
A día de onte, Ponteceso, Laxe, Coristanco, Mazaricos e Muros quedaban sen ningún novo caso nos últimos 14 días.
A Xunta xa permite reunións de ata 6 persoas en interior e 10 en exterior, unhas cifras que poderán cambiar a partir do vindeiro sábado 12, segundo apuntaba onte Feijoo, que tamén leva varias semanas deixando ver que vai permitir andar sen máscara pola rúa antes de que remate o mes.
Vacinación
Dende o pasado 22 de febreiro o Sergas comezaba a vacinar na nosa comarca, pero foi dende o 28 de abril cando comezaron a anunciar as cifras das persoas citadas diariamente no Hospital Virxe da Xunqueira. Se ben tamén se vacina noutros centros de saúde como o de Muros, Vimianzo, Santa Comba ou Carballo, queremos facer un balance deses datos que nos ofrece diariamente o Sergas para analizar o ritmo de de vacinación no centro hospitalario de referencia. Unha vacinación que se levou a cabo principalmente con Pfizer e Astra Zeneca (agás unhas poucas de Moderna e outras poucas de Jansen na última semana).
Así, dende finais de abril, van un total de 14.000 persoas citadas no HVDX nestes dous meses e pico (tendo en conta que son dúas citas por persoa para as dúas doses), o que nos daría unha representación bastante baixa da poboación costeira. En calquera caso, a cifra real é maior, aseguran dende o Sergas, se lle sumamos as vacinas realizadas nos centros de saúde, malia que non poidamos dispoñer das cifras concretas.
De tódolos xeitos, despois das colas vividas nalgunha ocasión das semanas pasadas, semella que a cousa se vai controlando, gracias tamén á colaboración de Protección Civil.
MÁIS NOVAS SOBRE O COVID
- COVID: Falece unha muller de 94 anos no HVdX.
- 26-05-2021: COVID: Só Cee queda en nivel medio de restrición mentres segue baixando a incidencia.
- 21-05-21: COVID: Fisterra e Cee quedan en nivel Medio mentres o os bares poderán servir ceas ata a 1:00h.
- 19-05-21: COVID: A Costa consegue controlar o último repunte.
- 12-05-21: COVID: Fisterra entra en nivel medio e Carballo e Coristanco volven ao nivel baixo de restricións.
- 05-05-21: COVID: A Laracha, por un gromo no CEIP de Caión, súmase a Coristanco no nivel alto de restricións.
- 03-05-21: COVID: A incidencia nos centros de ensino multiplícase por 4 en 10 días.
- 29-04-21: COVID: A Laracha e Carballo, no nivel medio de restricións.
- 28-04-21: COVID: Coristanco sube este venres ao nivel alto de restricións.
- 28-04-21: COVID: O Sergas prepara outro cribado no IES da Laracha ante o repunte de casos en toda a comarca.
- 26-04-2021: Coronavirus: Carnota pasa a nivel medio e o Sergas fai cribados en Carnota, Carballo e Vimianzo.
- 23-04-2021: O Sergas realizará mañá un cribado en Vimianzo ante o repunte de casos.
- 21-04-2021: Lixeiro repunte na comarca.
- 12-04-2021: Un só caso positivo nos centros de ensino da comarca.
- 07-04-2021: Todos os Concellos da Costa quedan en nivel baixo de restricións.
- 22-03-2021: COVID: Os maiores de 80 anos da comarca xa reciben a segunda dose .
- 17-03-2021: COVID: A hostalería poderá abrir ata as 21:00.
- 15-03-2021: COVID: A Costa da Morte baixa dos 100
- 05-03-2021: COVID: Ningunha aula pechada nos apenas 13 centros afectados da Costa da Morte.
- 02-03-2021: COVID: A pandemia marca os seus mínimos
- 22-02-2021: COVID: O cribado de Carballo reafirma a tendencia á baixa.
- 22-02-2021: Primeiro día de vacinación á veciñanza maior de 80 anos no Centro de Saúde de Muros