COVID: Só Cee queda en nivel medio de restrición mentres segue baixando a incidencia

A partir das ás 00:00 horas do sábado 29 de maio, só o Concello de Cee quedará no medio de restrición (isto é, coa hostalería aberta ao 30% en interior e 50% en terraza). O resto da comarca, coa baixada de nivel de Fisterra, fican en nivel baixo.
Mentres, a incidencia segue baixando. Onte había rexistrados 81 novos casos nos últimos 14 días nos 19 concellos da comarca (lembren que o portal de Transparencia da Xunta entre 1 e 9 non especifica o dato concreto de casos positivos e nós facemos unha media de 5 casos en cada concello). Unha cifra que supón 23 casos menos que hai só 5 días, baixando a incidencia acumulada a 14 días a 61 casos por cada 100.000 habitantes, volvendo as cifras do pasado mes de abril.
Laxe, Ponteceso, Mazaricos e Muros son os concellos que hoxe non teñen novos casos.
Centros de ensino
Mantense tamén baixa a incidencia nos centros de ensino, con só un pequeno gromo destacable, o do CEIP Eugenio López de Cee, que provocou o peche dunha aula.
Novas relacionadas
- Xornadas Aula de Ciencia: Dombate, a Catedral da Ciencia, analiza a pandemia.
MÁIS NOVAS SOBRE O COVID
- 21-05-21: COVID: Fisterra e Cee quedan en nivel Medio mentres o os bares poderán servir ceas ata a 1:00h.
- 19-05-21: COVID: A Costa consegue controlar o último repunte.
- 12-05-21: COVID: Fisterra entra en nivel medio e Carballo e Coristanco volven ao nivel baixo de restricións.
- 05-05-21: COVID: A Laracha, por un gromo no CEIP de Caión, súmase a Coristanco no nivel alto de restricións.
- 03-05-21: COVID: A incidencia nos centros de ensino multiplícase por 4 en 10 días.
- 29-04-21: COVID: A Laracha e Carballo, no nivel medio de restricións.
- 28-04-21: COVID: Coristanco sube este venres ao nivel alto de restricións.
- 28-04-21: COVID: O Sergas prepara outro cribado no IES da Laracha ante o repunte de casos en toda a comarca.
- 26-04-2021: Coronavirus: Carnota pasa a nivel medio e o Sergas fai cribados en Carnota, Carballo e Vimianzo.
- 23-04-2021: O Sergas realizará mañá un cribado en Vimianzo ante o repunte de casos.
- 21-04-2021: Lixeiro repunte na comarca.
- 12-04-2021: Un só caso positivo nos centros de ensino da comarca.
- 07-04-2021: Todos os Concellos da Costa quedan en nivel baixo de restricións.
- 22-03-2021: COVID: Os maiores de 80 anos da comarca xa reciben a segunda dose .
- 17-03-2021: COVID: A hostalería poderá abrir ata as 21:00.
- 15-03-2021: COVID: A Costa da Morte baixa dos 100
- 05-03-2021: COVID: Ningunha aula pechada nos apenas 13 centros afectados da Costa da Morte.
- 02-03-2021: COVID: A pandemia marca os seus mínimos
- 22-02-2021: COVID: O cribado de Carballo reafirma a tendencia á baixa.
- 22-02-2021: Primeiro día de vacinación á veciñanza maior de 80 anos no Centro de Saúde de Muros