#DirectosQPC: Mulleres no Fútbol da Costa; alcaldes de Carballo e Muxía; crise no comercio e hostalería; e faladoiro feminista

Afrontamos a última semana da programación desta tempada dos #DirectosQPC. Despois de 3 meses de programación case que diaria, e meternos na casa de medio centenar de persoas da comarca, faremos un parón durante os meses de xullo e agosto, xa que a conciliación está sendo complicada. Pero este formato de entrevistas en directo a través a través das ferramentas tecnolóxicas (en directo na páxina de Facebook Que pasa na Costa” e despis polo Youtube e no diario) chegaron para quedar, e seguro que as retomaremos cando empece o curso.
Esta última semana comezaremos, coma sempre, en clave de Fútbol da Costa, porque seguimos botando de menos as crónicas. Falaremos ás 15:00h coa nova presidenta do Baio, Rebeca Facal, e con Silvia Cancela, directiva do Xallas FC, e vocal da directiva da RFGF, sobre o aumento da presencia, necesaria presencia, feminina no fútbol costeiro.
Martes e xoves continuaremos a rolda de alcaldes e alcaldesas da comarca, ollando como os Concellos poden axudar a saírmos desta crise, dende Carballo, con Evencio Ferrero (martes), e dende Muxía, con Iago Toba (o xoves).
O mércores teremos faladoiro sobre como está afectando todo esta crise a comercio, hostalería e restauración a 3 representantes de cada sector e cada comarca da bisbarra. Falaremos con Mari Luz Lema Suarez, da Tenda de Ma, de Vimianzo; con Silvia Bouzas, do Hotel Playa de Laxe; e Fran Insua, do Restaurante O Fragón de Fisterra.
O venres, para pechar a temporada, teremos un novo faladoiro feminista con Paula Castiñeira, a experta Patricia Vaquero e as representantes cos colectivos feministas costeiros. A sesión roldará sobre a violencia de xénero en tempos de confinamento.
Todos os #DirectosQPC
Faladoiros feministas
- O mercado laboral no punto de mira no faladoiro feminista dos #DirectosQPC.
- "A feminización dos coidados xa estaba, non a trouxo o Covid”.
- Patricia Vaquero pon en valor a análise da crise co coronavirus dende a perspectiva de xénero nos #DirectosQPC.
Outros Directos
- Juan J. Gestal: "Temos que tomar en serio as 3 medidas de prevención para acabar, definitivamente, co coronavirus”.
- O xornalismo emerxente da Costa da Morte falou nos #DirectosQPC.
- Arela nos #DirectosQPC: "A Rede é unha porta aberta para calquera negocio da Costa da Morte”.
- Noelia Siaba cóntanos como se vive a pandemia en NYC.
- Alicia Barreiro e Silvia Penide unen os sectores sanitario e cultural para lanzar unha mensaxe de esperanza.
Rolda de alcaldes e alcaldesas nos DirectosQPC
- Juan Manuel Saborido (Carnota) : "Estamos traballando en dous posibles proxectos para darlle vida á rectoral de Carnota”.
- José Luís Pérez Añón (Laxe): “Esperamos que o 17 de agosto si que se poida celebrar o Naufraxio”.
- Walter Pardo (Malpica): as misas, a piscina, o soño da dársena, o pediatra, o mar, a Croa do Castro….
- López Varela (Laracha): “A mellor medida de reactivación económica é a obra pública”.
- Margarita Lamela (Cee): “Si, están bloqueando a labor do goberno, e estánse reunindo para tratar a moción de censura”.
- Lolo Muíño (Zas): “As normas do confinamento fixéronse para as cidades”.
- Inés Monteagudo (Muros): "O máis duro foi ver a tristeza que sufriron as moitas persoas maiores que estaban soas”.
- Pequeño (Dumbría): “Temos que ofrecer seguridade e confianza para evitar a masificación”.
- Xoan Blanco (Mazaricos): “Non entendo que activen os prazos dos parques eólicos en estado de alarma se non podemos informar aos veciños”.
- Mónica Rodríguez (Vimianzo): “Toca escoitar, analizar e despois facer propostas para reactivar a economía”.
- A alcaldesa Sandra Insua debulla a actualidade de Camariñas nos #DirectosQPC.
- David Barbeira (Santa Comba): "Imos ir máis alá de dar 1.000€ aos autónomos. Iso vale moito pero non é suficiente”.
#DirectosQPC arredor da comunidade educativa e cultural de Baio
- Faladoiro sobre Orientación Universitaria e FP nos #DirectosQPC: "Segue a túa vocación”.
- O "contedor cultural" de Baio celebrou a súa Semana Cultural nos #DirectosQPC.
- Falando de orientación universitario coa comunidade educativa de Baio.
- Baio celebra na rede a súa Festa dos 100 anos.
#FutboldaCosta
- Carlos Romero, alma do Outes: “A 3ª é necesaria para que a Liga da Costa siga sendo competitiva”
- Xaco, alma do UD Monte Louro: “Non podemos deixar que isto morra. Os pueblos sen fútbol perden vida“.
- Bebeto: “Disfrutamos facendo cousas para que en Fisterra haxa ambiente”.
- Faladoiro arredor do Futbol da Costa cos equipos implicados nos ascensos.
- Cesar Ferrío analiza nos #DirectosQPC as competicións de volei, fútbol, ciclismo….
- Pedro Gómez, adestrador do Soneira: “Pensamos que pode haber unha posibilidade importante de ascender a Preferente”.
- Marcos Ordoñez: “Os árbitros tamén soñamos con pitar nun estadio cheo a final da Copa da Costa”
- O director deportivo do Fisterra confésase en QPC.
- Manolo Corredoira analiza o futuro do Fútbol da Costa
- Entrevista a Suso da Torriña nos directos de instagram de QPC
- Unha hora de multi-conversa con Huelvis.
- Unha hora de conversa sob FutFem con Fran Figueroa.
- Os mellores momentos da entrevista a Oscar Leis en QPC