Sábado. 04.07.2020
El tiempo

Outes FC, os alcaldes de Laxe e Carnota e o epidemiólogo Juan J. Gestal nos #DirectosQPC

Outes FC, os alcaldes de Laxe e Carnota e o epidemiólogo Juan J. Gestal nos #DirectosQPC

Volvemos unha semana máis, pode que sexa a última da temporada, nesta serie de DirectosQPC que nos teñen permitido entrar en máis de medio centenar de casas para ir pulsando o estado da Costa da Morte durante toda esta crise sanitaria.

Agora que remata o estado de alarma (o 21) e que comeza o verán, faremos unha pausa, pero este formato quedará para sempre no diario, gracias á repercusión que tiveron.

Polo de pronto queda unha semana cargada de actividade.

O luns teremos a cita futboleira con Carlos Romero, Coordinador do Outes FC e ademais un dos seleccionadores dos combinados da Costa de base.

O martes e xoves faremos unha das últimas citas coa nosa rolda de alcaldes e alcaldesa da comarca. O martes estaremos en Laxe, para falar co popular José Luís Pérez Añón, e o xoves iremos ata Carnota para falar con Juan Manuel Saborido “Moma”.

A cita do mércores será importante, pois volveremos falar co epidemiólogo muradán Juan G. Gestal, dous meses e medio de despois da primeira entrevista, agora que xusto entramos na mal chamada “nova normalidade”.

Todos os #DirectosQPC

Faladoiros feministas

Outros Directos;

#DirectosQPC arredor da comunidade educativa e cultural de Baio

Rolda de alcaldes e alcaldesas nos DirectosQPC

#FutboldaCosta

comentarios