Martes. 15.10.2024
El tiempo

A Costa da Morte aposta unida por un Camiño dos Faros Ruta de Gran Percorrido

A Costa da Morte aposta unida por un Camiño dos Faros Ruta de Gran Percorrido
Traski no Camino dos Faros

Fermoso agasallo o que reciben os trasnos neste Nadal dende a Costa da Morte. Pedían implicación para a homologación do Camiño dos Faros como Ruta de Gran Percorrido GR, e a resposta case que non podía ser mellor. Logo de moitas conversacións coas administracións e entes turísticos, o balance é fantástico e parece que, desta vez, a Costa está unida para conseguilo:

Estes son os apoios cos que conta xa a Asociación Camiño dos Faros, unha resposta que segue aberta a calquera entidade que queira adherirse, e que en xaneiro, se presentará á Diputación, unha das entidades claves para consolidar esta ruta por moitos anos:

  • CONCELLOS:
    - Concello de Malpica.
    - Concello de Ponteceso.
    - Concello de Cabana.
    - Concello de Laxe.
    - Concello de Camariñas.
    - Concello de Vimianzo.
    - Concello de Muxía.
    - Concello de Cee.
    - Concello de Fisterra (falta confirmación escrita).
  • ENTES TURÍSTICOS:
    - Clúster de Turismo de Galicia.
    - Federación Galega de Turismo Rural.
    - APTCM (Asociación Profesionais Turismo Costa da Morte).
  • OUTRAS ASOCIACIONS:
    - AFIPRODEL (Asociación Finisterrae de Profesionais de Desenvolvemento Local).
    - FEDANPAS Costa dá Morte (Federación de Nais e Pais).
  • TRASNOS:
    - Miles de trasnos.

Máis información

Novas relacionadas

O Camiño dos Faros por etapas

Fonte

Comentarios