Ligas Galegas: O Dumbría Infantil pensa xa no Play Off por evitar o descenso
Pola súa parte, un gol no último minuto da primeira parte e outro no catro da segunda, sentenciaron a un XSC que realizou unha moi boa primeira metade, na que tuteou por completo ao novo líder da Liga Galega Cadete, e que mereceu irse ao descanso con vantaxe no marcador, pero que, inmerecidamente, viron como os locais, superados sobre o terreo de xogo, íanse cunha vantaxe mínima e inmerecida.
Rematou a primeira fase desta Liga Galega infantil un Dumbría que terá que poñer un punto máis de intensidade e contundencia na fase decisiva, onde os erros non teñen marcha atrás. Caeron de novo, pero agora xa toca pensar nos 14 partidos da 2ª fase para revertir a situación. Fase que se complica pola reforma da categoría para a tempada 15/16, coa redución de 20 a 18 equipos, e 6 descensos no Grupo Norte da Liga Galega, 3 en cada grupo do Play Off. O Dumbría parte con 5 puntos da primeira fase (os colleitados entre os mesmos rivais) e ten que levantar moito o acelerador porque a día de hoxe a salvación está nos 13 puntos do Ural, tendo polo medio aínda ao Residencia con 8.
División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 22
Areosa - Dumbría (3-1)
- DUMBRÍA: Jorge, Josiño, Fabio, Pablo, Raúl, JOse, Ayoze, Marcos, Adrián, Borja e Gabi. Tamén: Mario, Gabriel, Luís, Toja e Xabi.
- Goles: 1-0, min.35; 2-0, min.72; 2-1, min.77: Josiño; 3-1, min.83.
Nova derrota do Dumbría en tierras viguesas, esta vez diante do Areosa, equipo da parte alta da clasificación. A primera metade foi moi mala por parte dos dumbrieses, aínda que terían a primera ocasión para marcar no 2' por medio de Ayoze que mandaba a pelota por riba do longueiro con toda a portería para el. A partir de aquí o Areosa colleu o mando do encontro e dominio facilmente ó Dumbría durante toda a primera metade. Así chegaría o primero do equipo vigués no 35' logo dun saque de esquina que Jose despexa mal a pelota queda morta dentro do área e Guillermo bate a Jorge a pesar de que consigue tocar a pelota. Co 1-0 chegaríase ó descanso.
Xa na segunda meta de o Dumbría saltaba ó campo con outra intención e una imaxe totalmente distinta a da primera, presionando ó rival no seu propio campo, dominando e tendo máis posesión da pelota pero logo dun saque longo do portero local Pablo o central dumbriés Raúl mide mal a pelota recóllea o dianteiro local Oscar que batía a Jorge subindo o segundo tanto para os locais no 72’.
O Dumbria seguía presionando e no 77' Josiño conseguía o tanto para o equipo de Juan e Joaquín. Tería alguna ocasión máis o Dumbría para empatar o encontro con alguna falta ó borde do área e algún saque de esquina pero xa non conseguiría marcar e no tempo de engadido, no 83', co Dumbria volcado en ataque, chegaría o terceiro tanto para os locais, obra de Alejandro colocando o 3-1 definitivo no marcador.
Liga Galega Cadete, xornada 22
Viveiro - Xallas StComba (5-1)
- XSC: Ángel; Guillín (Samuel, R (Grille), Pablo, Alberto; Carlos Baio; Óscar (Brais), Raúl, Juanjo (Héitor), Thiago e Juan Lois.
- Goles: 1-0, min.16; 1-1, min.22: Carlos Baio; 2-1, min.40; 3-1, min.44; 4-1, min.75; 5-1, min.79.
Os xalleiros, que lograron igualar o 1-0 local, fixéronse co partido tralo gol de Carlos, e gozaron de varias oportunidades para conseguir un resultado favorable nos primeiros corenta minutos, onde foron superiores a un Viveiro que se vía superado unha e outra vez polo empuxe e xogo dos visitantes.
Tralo descanso, un tempranero gol local, nun erro da zaga visitante, sentenciou a un Xallas de Santa Comba que quedou tocado. Pese a iso, os xalleiros buscaron acurtar distancias no marcador, e só nos últimos cinco minutos, cun gol en claro fóra de xogo e outro nunha falta a Raúl, fixeron que o partido finalizase cun inxusto 5-1 a favor dos locais.
Agora, o XSC ten que centrarse no partido deste fin de semana ante o seu inmediato perseguidor, o Compostela, que vén de superar a un Orillamar que ocupa posto de descenso a cinco puntos dos xalleiros.
Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, xornada 19
Dumbría - S.de Compostela (0-6)
- DUMBRÍA: Juan; Samu, Luís Sergio, Álex; Toni, Brais Fdez, Adrián, Berto, Hugo e Tajes. Tamén xogaron: Breogán, Moisés, Xan, Sestayo e Brais Martinez.
Pasou o Santiago de Compostela polo Conco cun gran despliegue físico, pero sobre todo aproveitandose dos erros no inicio do xogo dos locais. Os roubos ou perdas nos saques de banda e nos balòns en medio campo, propiciaron as transicións rápidas e perigosas dos santiagueses, que culminaron en 3 goles antes do descanso, casi nas chegadas á área que tiveron. Ofensivamente, o Dumbria non encontraba os camiños para sorprender á zaga visitante, e descolocabase para permitir as contras.
No segundo tempo mellorou a actitude, pero non a contundencia, e os goles chegaron en acciòns aisladas, xa co equipo cos brazos abaixo.
Toca pelexar. Tempo hai, e ilusión tamén ten que xerar o acadar o obxectivo de seguir competindo na vindeira temporada entre os mellores infantís de Galicia.
Crónicas das Ligas Autonómicas – Aluminios Dumbría
- X.21: Moita loita e pouco resultado.
- X.20: Dous puntiños para seguir sumando.
- X.19: Unha gran vitoria e dúas previsibles derrotas.
- X.18: Dúas derrotas ante os grandes e unha vitoria que tranquiliza.
- X.17: Xsc e Dumbría de Cadetes comezan o ano con resultados dispares nas súas ligas.
- X.16: Esperando o turrón para recuperar folgos.
- X.15: Dúas remontadas para a esperanza.
- X.13: Doble xornada dispar para os cadetes xalleiros e dumbrieses.
- X.12: Unha gran vitoria a domicilio.
- X.11: Unha vitoria e dúas derrotas con distinto sabor.
- X.10: O XSC pega o estirón.
- X.9: Dous empates e mellores sensacións.
- X.8: Un punto histórico que sabe a ouro.
- X.7: Pleno en casa.
- X.6: O XSC tamén sabe gañar.
- X.5: Dúas vitorias que puideron sen tres.
- X.4: Merecendo máis.
- X.3: Mala sorte.
- X.2: Primeiros puntos, pero faltan os goles.
- X.1: 3 severas derrotas pero boas sensacións.
Crónicas da semana
- 3ª Autonómica: 8ª vitoria do Cerqueda e paso atrás do Muxía.
- 2ª Autonómica: Os 4 de arriba non fallan mentres o Cabana salva unha final ante o Montelouro.
- 1ª Autonómica: Unha xornada para esquecer.
- Preferente: Doble inxusta derrota pola mínima.
- Resultados e análise dunha mala xornada do Fútbol da Costa.
Novas relacionadas
- O novo local social do Sofán, unha viaxe pola historia da SD.
- 4 clubs na reunión da Asociación de Clubs do Fútbol da Cota.
- QPC entrevista a Emilio Uzal, adestrador da UD Cerqueda, líder da 3ª.
- Convocada unha reunión dos clubs do Fútbol da Costa.
- Aprétanse as táboas dos Pichichis costeiros.
- Víctor Espasandín: Coñecendo a un xalleiro na elite do fútbol español.
- O Estética Raquel mantense invicto no ecuador das Ligas de FS de Cee.
- Comezaron as obras para instalar céspede artificial en Agra da Filgueira.
- A Noite máis Solidaria do Fútbol da Costa.
- O Campo do Carreiro ou a forza dos veciños.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).