Venres. 13.09.2024
El tiempo

O Bm. Camariñas renuncia ao ascenso para centrarse na base

O Bm. Camariñas renuncia ao ascenso para centrarse na base
Familia do Bm Camarinas

Unha temporada inesquecible esta 2014-2015 para a familia do Bm. Camariñas. E como colofón celebraron o pasado venres unha cea de clausura 2014-2015, a directiva cos equipos Senior, tanto masculino coma feminino, onde exerceron de cociñeiros e cociñeiras os membros da propia directiva. Este ano fíxose exclusivamente cos equipos maiores, xa que o ano anterior fora cos equipos de base, e D.M. para o ano que ven, si o orzamento o permite, será con todas as categorías do club.

Houbo de todo, dende un repaso a todos equipos da tempada, os agradecementos oportunos, a nota máis destacable é que o club tomo a “decisión de cesión dos dereitos deportivos de 1ª División Nacional Masculina para a Federación Galega de Balonmán ao considerar oportuno o non poñeren risco as categorías base e así mesmo a estabilidade tanto económica como deportiva de todo o Club, na que participan algo mais de 130 rapaces e rapazas do Concello de Camariñas”.

Deste xeito, o equipo camariñán renuncia ao ascenso á 1ª División e quedará na 2ª, para centrarse noutros obxectivos, sobre todo o incremento da dedicación a base, para medrar na súa formación social e deportiva.

Repaso do ano

Rosario foi homenaxeada pola familia do Bm Camarinas

O Presidente do Club, Andrés Cerdeiras, fixo unha sinxela reseña de todos os equipos na pasada tempada: Prebenxamins e benxamins, Alevins, Infantís, Xuvenís, un meritorio 5º posto en Primeira División Autonómica Senior Feminino, Campións de liga en Primeira División Autonómica Senior Masculino, Subcampións da Copa da Federación Galega Senior Masculino e Campións da Fase Nacional de 2ª División masculina en Aranda de Duero. Aí é nada.

Nos agradecementos houbo especial mención para Rosario Vigo, bedel do Pavillón Municipal pola súa implicación mais alá da súa profesionalidade. Fermoso foi o momento da entrega do ramo.

Ademais, o club agradece a colaboración do Club Náutico de Camariñas pola súa desinteresada colaboración así como a súa concesionaria hosteleira. A A toda a Xunta Directiva do Club, pola inversión das súas horas de tempo libre, para levar adiante unha ilusión. Dan as gracias tamén ás As Administracións (Concello de Camariñas, Deputación Provincial e Secretaría Xeral para o Deporte) por ser garantes cas súas axudas, de unha competición de nivel autonómico. E como non, aos patrocinadores, Industrias Cerdeimar S.L. (Conservas Boya e 1884) e Mostra do Encaixe, xa que sen eles sería imposible levar adiante a ilusión deste club.

Crónicas da temporada

Fonte

Comentarios