O Dumbría celebra a convocatoria de Juan de Dora ca Selección Galega


Movementos estes días no fútbol costeiro. E se dabamos conta a través do Facebook "Fútbol da Costa" da sinatura de José Ángel Pose polo Soneira, tomando o relevo de Manolito, tamén falabamos da convocatoria dun xogador dumbriés para a Selección Galega.
I é que Juan de Dora, capi dos cadetes do Dumbría de División de Honra Galega, está convocado coa Selección Galega sub 16 para disputar o campionato de españa de Seleccións Autonómicas que se disputará esta fin de semana en Zafra (Extremadura)./p>
Toda unha nova a convocatoria do xogador costeiro, pois habñia tempo que non levaban xogadres da nosa bisbarra á Selección.
Non puido estar esta din de semana, pois subíu cos xuvenís para botar unha man ao equipo na Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega. Pero analizamos o choque do equipo de Juan Purrúa e Joaquin da man de Jorge Parri nesta xornada 23, que deixa ao equipo costeiro na 4ª posición.
Ponte Ourense - Dumbría (1-1)
- DUMBRÍA: Jorge, Tomás (Adrián, min.77), Jose Caamaño, Pablo Paz (Gonzalo, min.73), Samuel, Jose Lado (Mauro, min.50), Ismael, Samuel Filgueiras, Luís (Borja, min.58), Edu e Rachón.
- Goles: 1-0, min.62; 1-1, min.78: Jose Caamaño.
- Expulsión: un xogador local mediada a primeira metade.
Chegaba o Dumbría ao Municipal Oira para enfrontarse a un conxunto situado na metade da táboa, e facíao con varias baixas e baixas importantes con respecto ao equipo titular. Un Dumbría que non lle asusta nada nin ninguén, seguen pelexando aí arriba como leóns nunha Liga moi moi complicada. Un equipo dumbriés que vai deixando o nome de Dumbría e o da Costa da Morte alá por onde vai no máis alto.
Daba comezo o encontro e como é costume o Dumbría ía a por todas. O xogo se desenvolvería na centro do campo nestes primeiros minutos, na metade da primeira parte o Ponte Ourense quedaríase cun home menos e así quedaría no que quedaba de encontro. Trala expulsión o Dumbría tivo algunha ocasión clara que non soubo resolver. A primeira metade terminaría cun empate a 0.
Xa na segunda metade chegarían os 2 goles, un por cada lado, pero chegarían case finalizando o encontro. O primeiro en golpear sería o Ponte Ourense que se adiantaría no marcador, pero os home de Juan Porrúa e Joaquín, que nunca baixan os brazos, empatarían o encontro preto do final.
Un marcador que pode saber a pouco para os dumbrieses logo das ocasións que desperdiciaron.
Vindeira xornada
De todos os xeitos é un reparto de puntos que nunca está mal, a próxima xornada á volta do Entroido os dumbrieses desprazaranse a Abegondo na Coruña para enfrontarse ao todo poderoso Deportivo da Coruña. Pero unha vez máis, estes rapaces que non se acovardan ante nada lle poñerán as cousas algo complicadas aos herculinos que se situan 2º, empatados a puntos co Celta de Vigo.
Crónicas do Dumbría
- X.21: O Dumbría da División de Honra Cadete nunca camiña só.
- X.19: O Dumbría saca o rodete.
- X.17: División de Honra Cadete: Terceiro tropezón dumbriés consecutivo.
- X.11: Dumbría Cadete: Pura poesía.
- X.9: O Dumbría segue facendo do Conco un campo inexpugnable na División de Honra Cadete.
- X.6: Juan de Dora mete ao Dumbría na crema da División de Honra Cadete.
- X.5: Cadetes: O Dumbría segue gañando e 4 equipos xa están nos Cuartos da Copa.
- X.4:O Dumbría cadete aprende a perder.
- X.2: O Dumbría abre a campaña das Ligas Autonómicas base.
Máis información
- APP “Fútbol da Costa” para Android.
- APP “Fútbol da Costa” para iPhone.
- www.futboldacosta.com.
- www.copadacosta.com.
- Facebook Fútbol da Costa.
- Calendario e resultados da I Copa da Costa Cadete.
Crónicas da semana
- Un repaso ás finais das LCFs Costa da Morte.
- Xuvenís: Dumbría e Esteirana escapan cando arrinca a Copa.
- 3ª Autonómica: O Coristanco frea ao Baíñas e seguen a intensa loita pola Promoción.
- 2ª Autonómica: Fisterra e Cee non queren deixar escapar aos 3 de arriba.
- 1ª Autonómica: O Camariñas sorprende ao líder.
- Preferente: O Soneira saca a cabeza.
- Os peques das LCFs disputaron a súa gran final.
- A crónica e os 84 resultados da xornada no #FútboldaCosta.
Artigos relacionados
- Rial Clube de Fútbol: Un equipo con sabor costeiro.
- A maquinaria colchonera en Dumbría conta cos grandes formadores da zona.
- Máis dun milleiro de persoas comprobaron a importancia social do clube decano do Fútbol da Costa.
- Doro e Antonio Mouro, xalleiros do ano.
- Santa Comba será a sede dun novo curso de Adestradores.
- A Escola dumbriesa do Atlético de Madrid abre as súas portas a toda a bisbarra.
- A Pipa de Corredoira: 30 novos adestradores diplomados na Costa.
- Alberto Pose: Da ilusión que xeneran os cromos da Costa.
- O libro Mar de Paixón presentouse cos grandes mitos do Fútbol da Costa.
- Manuel Varela: A Costa do Fútbol.
- #Regateegol: Vídeoentrevista cos presidentes máis novos do Fútbol da Costa.
O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).