Sábado. 05.10.2024
El tiempo

O Ponteceso FSF caíu ante o Grupo Work no único choque da fin de semana

O Ponteceso FSF caíu ante o Grupo Work no único choque da fin de semana
Imaxe do partido de ida entre Grupo Work e Concello Ponteceso

O único partido do fútbol sala feminino desta pasada fin de semana foi o partido correspondente á 13ª xornada da Liga Provincial Feminina, que fora aprazado no seu día. O Pavillón Municipal Ponteceso acollía o choque entre o Concello de Ponteceso FSF e o Grupo Work, con resultado de 0-2, que deixan ás pondalianas a catro puntos do quinto clasificado.

Liga Provincial

  • Resultado: CONCELLO DE PONTECESO FSF - GRUPO WORK (0-2).
  • A.D. VILA DE PONDAL- CONCELLO DE PONTECESO FSF: Salomé, Ana, Martina, Carmen e Sandra – tamén xogaron – Carla, Laura e Zeltia.
  • Goles: 0-1.- Sandra; 0-2.- Alba.

Partido pouco vistoso e con moitas trabas o disputado o sábado entre pontecesanas e coruñesas. Saía o Grupo Work presionando arriba desde o pitido inicial, intentando que o Ponteceso non saíse co balón xogado e intentando dominar o partido cando tiñan o balón. Pero a pesar desa presión e do dominio do balón, eran as pontecesanas as primeiras en crear perigo cunha contra creada por Sandra tras roubar un balón no seu propio campo, pero o tiro de Carmen é parado sen problemas pola porteira visitante.

A primeira metade estaba sendo unha carreira contínua, con ocasións para ambos equipos. Estivo cerca de adiantarse no marcador o Concello de Ponteceso mediante un tiro de falta moi ben tirado por Carmen, pero a mala sorte fai que o balón vaia ó largueiro. Co paso dos minutos o cansancio iba aparecendo, e tanto pontecesanas como coruñesas foron baixando a intensidade. Na seguinte xogada, a oportunidade clara era do Grupo Work, cunha doble ocasión, un tiro que rexeita Salomé do que Albita colle o rechace e o seu disparo é sacado debaixo dos paos por Martina. Pese ó cansancio e ós poucos cambios dos que disponían, non se viña abaixo o equipo pontecesán que, nos últimos minutos, dispoñía de varias ocasións máis, por medio de Laura e Carmen, pero os tiros das dúas pasan rozando o pao. Cando quedaba un minuto para o final do primeiro período, eran as herculinas as que se viñan arriba, subindo outra vez a presión e tirando a portería. A poucos segundos para o final, Salomé e Carmen evitan ir cara os vestiarios co marcador en contra, a porteira salvando un man a man e Carmen sacando outro balón na liña de gol. Chegábase ó descanso co empate a 0 no marcador.

A segunda metade non comezaba ben para as xogadoras de Barca e Curro. Ademais da presión das rivais, que volvían a saír presionando arriba e con intensidade, a permisividade arbitral coas visitantes sacou de quicio ás pondalianas, que acabaron coa capitana Martina expulsada por protestarlle ó colexiado ós 5 minutos da reanudación do encontro. Esto facía que o Ponteceso contase aínda cun cambio menos, polo que o esforzo das xogadoras tiña que ser ainda maior. Ainda tendo todo en contra, era o Ponteceso o primeiro en crear perigo, cun tiro de Sandra que atrapa a meta visitante. Pero na seguinte xogada, tras un malentendido entra a mesma Sandra e a porteira Salomé, eran as coruñesas as que lograban desfacer as táboas no luminoso. Este gol deixaba tocadas ás da vila de Pondal, pero non se daban por vencidas e, noutra contra, Carmen mandaba outro balón ó pao cun tiro desde a frontal da área. Pero a mala sorte non remataba aí, pois na seguinte xogada o Grupo Work provocaba unha falta que, tras xogada ensaiada, servía para aumentar a vantaxe no luminoso, anotando o 0-2. Ainda quedaban 10 minutos para o remate do partido, pero o Concello de Ponteceso non era quen de materializar as súas ocasións, como levaba ocorrendo todo o partido. Nin Carmen nin Ana foron capaces, cos seus tiros, de que o balón atravesase a liña. No últimos cinco minutos, o cansancio afectaba ás pontecesanas, que vían como as visitantes tiñan o control do balón e as oportunidades para aumentar a distancia, pero tanto o poste como Salomé evitaron que a vantaxe final fose máis ampla. Remataba así o partido, co 0 a 2 para as de Suso Carreira, que deixan ás pondalianas a catro puntos do quinto clasificado.

Vindeira cita

A vindeira xornada o Concello de Ponteceso FSF disputará o partido correspondente á 17ª xornada da Liga Provincial, que será en Vimianzo ás 16:30 fronte ó Fisober FSF “B”. As xogadoras pontecesanas intentarán olvidar o ocurrido esta fin de semana e centrarse en acadar os 3 puntos no derbi.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Notas de prensa do Fisober, do Vila de Cee e do Ponteceso FSF.

Comentarios