mércores. 30.04.2025
El tiempo

Xuvenís: O Dumbría campión e 3 das 6 prazas cubertas

Xuvenís: O Dumbría campión e 3 das 6 prazas cubertas
Familia do Dumbria Xuvenil Campion-Foto-Jorge Parri

O Dumbría proclamábase Campión de Liga a falta de dúas xornadas para rematar a liga regular, dando conta do gran traballo de canteira que está a facer o clunbe dumbriés. Con el, a Esteirana xa ten os dous pés na Liguilla Previa, mentres que o XSC ten pé e medio.
Polo Norte, o Cabana tamén quedou clasificado e a vindeira xornada pode sentenciar a liga pero, iso si, terá que vencer a un Corme que se mantén segundo, e que necesita a vitoria para asegurar a praza de ascenso. O Malpica complicouse a vida, e a semana que vén terá que visitar un Coristanco que está a 3 puntos, e de gañar por máis de 2 goles se meterá por diante a falta da última xornada.

Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 20

Non está todo decidido, pero case na Liga Sur. Co Dumbría xa campión, e a Esteirana clasificada tamén, a pesar de descansar, para a Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega, queda pendente a 3ª praza. Así e todo ten cores esa praza, pois o XSC ten 6 puntos de vantaxe sobre o Cee, un Cee que ten que visitar a un invito Dumbría a vindeira semana e que a última recibe precisamente ao cadro xalleiro. Tería que vencer a vindeira semana o Cee ao Dumbría e que caese o XSC ante o Fisterra en casa para que na última xornada os ceenses tiveran opcións de meterse na Liguilla, pois dese xeito coa vitoria lle valería tralo empate entre ambos na ida.

O resto de equipos, xa pensando na Copa.

Fisterra - Dumbría (0-4)

Dumbria-Fisterra xuvenil-Foto-Jorge Parri
  • FISTERRA: Ángel, Javi, Cartamil, Breixo, Moisés, Noé, Benlloch, Josema, Suárez, Gabi, Pazos e Erik. Tamén xogaron: Rubén, Adrián e Josiño.
  • DUMBRÍA: Couto, Duarte, Maikel, Lucas, Roberto, Yeray, Pablo, Adrián, Marcote, Martín e Javi. Tamén xogaron: Fanián, Antón Lestón, Cabana, Jano e Charly.
  • Goles: 0-1, min.44: Marcote; 0-2, min.60: Marcote de penalti; 0-3, min.70: Javi; 0-4, min.75: Adrián Alcaina.
O Dumbria Juvenil celebrando un gol-Foto-Jorge Parri

Os homes de Diego Lobelos e Oscar Leis gañaban o seu partido fronte o Fisterra por 0-4 tras unha primeira parte moi igualada e que o Dumbría adiantabase no último minuto. Na segunda o Dumbría levaríase claramente o partido, formalizando así o seu título de Liga.

Foi, un ano máis, e xa vai sendo abuso, manteado outra vez Diego Lobelos, unha figura dos bancos da Costa, sen lugar a dñubidas, tan ben escoltado por Óscar Leis que meten medo. Menuda fornada de xogadores esta que o ano pasado acadaban un histórico ascenso á División de Honra Cadete e que este ano irán a polo mesmo en categoría Xuvenil.

Cee - Mazaricos (3-2)

  • CEE: Paulo, Mario, Alex, Cristian, Estiven, Esteban, Abraham, Jorge, Rafa, Pablo, Picallo. Tamén xogou: Marco.
  • MAZARICOS: Samuel, David, Torrión (Licerino, min.60), Marcos, Bieito, José Ángel, Borja (Chiki, min.20), Carreira, Álvaro, Thiago e Raúl.
  • Goles: 0-1, min.9: Borja; 1-1, min.47: Rafa a centro de Andrés; 2-1, min.50: Viorto dende 30 metros; 3-1, min.60: Alex; 3-2, min.89: Thiago.
  • Lesión: O amarelo Borja cun nocello tocado.

Arrincaba o partido cun minuto de silencio polo falecemento da nai da Presidenta do Cee Elvira Freire. Ademais, os locais luciron brazaletes negros

O Cee dominaba ao comezo pero foi o Mazaricos, ben prantado e sacando perigosas contras, o que se adiantaba pronto nun tiro de Borja que dobla as mans a Paulo. Un Paulo que nun choque cun dianteiro mazaricán quedaría sen medio dente e que mesmo estivo mal ao rematar o encontro.

Un arrinque fulgurante do cadro ceense ao comezo da segunda metade foi clave para o devir do partido. Rafa empataba apenas 2 minutos despois do saque de centro, e sen tempo a dixerilo, o Mazaricos recibía o segundo de Viorto, un auténtico golazo en plan folla-seca. A remontada era clara e o Cee metía terra de por medio co 3-1, tras unha recuperacion de balon de Viorto, a xogada remataba cun pase interior dende a dereita cara Alex que encarando ao porteiro dalla a Mario para que remate a pracer.
O Mazaricos tardou en reaccionar e só recurtou case que co tempo cumplido, se marxe para o empate.

Muros - Xallas StComba (1-6)

  • MUROS: Matías, Javi, Ramón, Santi, Veloso, Miguel, Mache, Donato, Álvaro, Hugo, Juan, Piki. Tamén xogaron: Lolo e Edu.
  • XSC: Álvarito (Ángel, min.75), Jacobo, Alex, Carlos (Xoel, min.60), Cristian Torres (Fabián, min.55), Tefi, Miki (Luís, min.670), Adrián, Iván Pastoriza (Pablo, min.30), Sergio Barbeira e Steven.
  • Goles: 1-0, min.15: Juan de penalti; 1-1, min.20: Iván Pastoriza; 1-2, min.35: Cristian Torres; 1-3, min.46: Carlos de penalti; 1-4, min.65: Adrián; 1-5, min.70: Pablo Landeira; 1-6, min.89: Steven.

Chegaba moi tocado o Muros e iso que tiña opcións de meter presión ao cadro xalleiro para as dúas últimas xornadas. Pero a superioridade visitante foi patente, sobre todo na segunda metade, pois mentres lles duraron as forzas aos locais deron guerra e mesmo se meteron por diante.

Lira - Soneira (1-3)

  • Goles: 0-1, min.5: Cristian Capelo; 1-1, min.10: Manuel en propia meta; 1-2, min.20: Valiña; 1-3, min.60: Cristian Capelo.

O Lira perdía unha vez mais e segue sen coñecer a vitoria nesta liga. Desta volta foi ante un Soneira que marcou ata o gol liracho, en propia meta.


Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 20

Certificou o Cabana o seu pase á Liguilla e a piques está de sentenciar a Liga. Pero en fronte a vindeira semana terá a un Corme que necesita vencer para asegurar a praza para a Liguilla Previa.
O que se complicou a vida tremendamente é o Malpica, que tralo empate ante o Baio, necesita alomenos empatar a vindeira semana en Coristanco, ao que cunha vitoria por máis de 2 goles o pon por diante nesa 3ª praza que dá acceso á Liguilla. O Ponteceso necesita demasiados erros para ter opcións.

Porteño - Ponteceso (1-4)

  • PORTEÑO: Brais, Antonio, Manu, Marcos, Miguel, David, Mario, Martín, Vergari, Michael, Jose. Tamén xogaron: Matías, Cristian Álvarez, Alex e Felipe.
  • PONTECESO: Damián, Valle, Villar, Adrián, Diego, Lorenzo, Luca, Iván, Óscar, Yago, Fely.
  • Goles: 0-1, min.28: Yago; 0-2, min.50: Yago de falta directa; 0-3, min.55: Yago de penalti; 0-4, min.60: Lorenzo tras unha triangulación con Yago; 1-4, min.80: Cristian.

Foi Yago o protagonista deste choque no que a superioridade na táboa do Ponteceso quedou patente. O nóbel Porteño foi digno rival pero en canto a maquinaria pontecesá de Rubén comezou a funcionar os de Ordóñez nada puideron facer. Só contra o final puideron marcar o gol da honra.

Camariñas - Corme (0-2)

  • CAMARIÑAS: José Luis, Mateo, Pose (Chuki, min.70), Martín, Ariel, Chicote, Juan, Santi, Carlos (Aitor, min.60), Javi e Jose (Dani, min.60).
  • CORME: Rubén, Sergio, Iván Reigía, Eloy García, Joshua, Antonio, Isma, Brais (Alberto, min.80), Manu (Eloy Castro, min.85), Isaac e Juanma.
  • Goles: 0-1, min.5: Eloy García; 0-2, min.65: Manu.

Non tivo fácil a vitoria o Corme para case que certificar o seu pase. Os cormeláns suaron tinta para supera ao Camariñas, que a pesar de verse por debaixo do marcador moi pronto, non lle quitou a cara ao partido en todo momento. Si que co 2-0, que chegaba no ecuador da segunda metade, o cadro local veuse algo abaixo.

Cabana - Laxe (10-3)

  • Goles: Para o Cabana Iván Mato (4), Raúl, Pablo, Álex (de penalti), Darío, Oliver e Grille (A Federación recolle 9 goles non 10). Para o Laxe Saleta (2) e Diego.
  • Lesión: O cabanés Samuel.

Non reflexa o marcador como foi o partido, pois ata o final da primeira metade o choque estaba a ser intenso e ben bonito. Saleta adiantaba de contado ao Laxe, pero o Cabana respostaba e Iván Mato empataba. Diego volcía poñer por diante aos visitantes pero de novo Iván Mato empataba. Non pasara media hora cando Saleta volvía marcar para o Laxe, pero de contado Alex empataba de penalti unha terceira vez, e o gol chave chegaba ao fío do descanso cando Iván Mato facía o 4º, deixando moi tocado ao Laxe.

Na segunda marcou pronto Pablo e o Laxe veuse abaixo, e o Cabana aproveitou para golear.
A falta de dúas xornadas para terminar esta competición, os nosos xuvenís están a un pequeno paso de gañar a liga.

Muxía - Coristanco (0-2)

  • Goles: 0-1, min.10: Jorge Lorenzo; 0-2, min.89: Jorge Lorenzo.

Partido tenso en Arliña, sen demasiado xogo nin ocasións pero si moita loita e entrega. O Coristanco, que segue na loita, adiantábase pronto, pero logo o Muxía intentaba virse arriba. Chegaba pero a defensa de Da Silva estaba moi segura e non permitía claras ocasións.
A incertidume mandou ao longo do partido pois a sentenza non chegaba ata o desconto, cando de novo Jorge Lorenzo remachaba o choque.

Malpica - Baio (0-0)

O Malpica non pasou do empate co Baio-Foto-Luis Porto
  • MALPICA: Manuel, Jorge, Víctor Novo, Canario, Steven, Mouri (David, min.46), Eloy, Guille, Pitís, Diego, Kevin (Almeida, min.68).
Baio xuvenil en Pedra Queimada-Foto-Luis E Porto
  • BAIO: Guille, Efe, Alberto, José At., David, Michi, Pedro (Anxo, min.62), Kevin, Cristian Pazos (Xoel, min.72), Oreiro, Estefan (Alfonso, min.85).
  • Expulsión: o local Diego por doble cartón no min.80.
Canario e Kevin capis do Malpica e Baio xuvenil.Foto-Luis Porto

Non está sendo xusta esta Liga co Baio de Pastoriza. Un equipo que prantou cara practicamente en todos os partidos e que sen embargo está moi lonxe da Fase de Ascenso. O sábado en Pedra Queimada prantou cara ante o Malpica e mesmo puido levar os tres puntos de non marrar, como ao longo da temporada, nos últimos metros.

Volveu pecar o cadro malpicán de relaxación nos primeiros minutos e se ben o Baio non chegaba con claridade á meta de Manuel, si que controlaba o choque como quería. Espertaron os locais e tiveron 25 bos minutos antes do primeiro tempo, cun par de xogadas de Pitís e Kevin que puideron rematar en gol.

Na segunda o xogo estivo máis parello, cun Malpica sempre algo máis afiado arriba, pero desta volta sen a dinamita habitual dos seus puntas. O Baio seguía buscando o toque e só contra o final puideron caer do seu lado os puntos pero Estefan nin Oreiro puideron superar a un gran Manuel.


Crónicas das Ligas Xuvenís

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios