1ª FUTGAL: Frío peche da Liga e xa pensando na Copa

O Dumbría recibindo a Copa de campión-@futgal

Remataba a 1ª FUTGAL nunha fría xornada dispar. Xa co título do Dumbría asegurado na xornada pasada, ningún dos equipos tiña nada en xogo.

Riki Moya marcou dous goles na despedida do San Lorenzo

Xa o sábado pola mañá o San Lorenzo despedíase da categoría cunha vitoria tremenda en Tordoia, gracias aos goles de Riky Moya (2) e Javi Pérez.

Pola tarde, o Dumbría recibía ao desaciado pechacancelas para celebrar o título, e de feito o partido só durou os primeiros 45 minutos xa co 7-0 no marcador. Ao remate, o club recibiu a Copa de campións de Liga a man da RFGF.

No resto de equipos notouse que tiñan pouco en xogo. A Esteirana xa sabía que non podía descender pero os malos resultados do último mes provocaron que o equipo de Iván González se salvaxe polo golaveraxe, quedando no posto 13 dun cuádruple empate, que manda ao Bastavales á 2ª.

Fisterra, Castriz e Muxia tamén notaron un último mes sen incentivos, pero co saber de ter feito unha gran temporada. O Fisterra caía en Boimorto e queda 6º. O Castriz acababa empatando en Bertamiráns un partido que tiña encarrilado, con 0-3, na primeira metade, equeda 7º. O Muxía perdía 6-3 en Vizoño, e remata a 11º.

Queda agora pensar (a todos menos o San Lorenzo, que foi eliminado en Dezaseisavos) na Copa da Costa. Este mesmo domingo 18 de maio temos un Dumbría-Fisterra sen ir máis lonxe!.

Todas as crónicas da 1ª FUTGAL

Máis info