Duda: "En ningún momento baixaremos a garda, sabendo que pode haber entre 2 ou 3 arrastres e que cada punto vale ouro"
O Cabana segue en dinámica positiva e intenta escapar do pozo, pero mirando cara bastante arriba por si hai descensos que os poidan meter novamente en problemas.
O capitán Iván Castro, máis coñecido como “Duda”, fálanos do complicado inicio de liga, e da forza que teñen en pelexar cada partido a pesar da xuventude que teñen para a categoría.
- QPC: Que expectativas había esta tempada, cas importantes baixas que sufrichedes este verán?
Bueno, sabíamos que non ía ser fácil porque era unha liga nova e máis disputada e somos un dos equipos máis novos da categoría. Marcháronnos 3 xogadores fixos na plantilla, que nos daban gol e seguridade.
- QPC: Despois da tempada pasada, que erades un equipo gañador, a esta que estades sufrindo máis. É difícil cambiar o chip?
A verdade é que o ano pasado fixemos un temporadón, co ascenso e final de Copa, que disfrutala era o premio máis grande para nós e a nosa xente. Sabemos do que somos capaces, e non empezamos ben a liga por fallos inocentes e tamén de ser novos nesta categoría, e os equipos son máis duros mentalmente e fisicamente. Pero sabiamos o que tiñamos que facer e sabemos que somos capaces de loitar e sufrir ó mismo tempo, e entre todos cambiamos e sabemos que podemos pelexar con calquera equipo.
- QPC: Lográchedes 10 puntos ante rivais directos como Zas e Buño, o golaveraxe gañado é un detalle moi importante?
Si, tiñamos eses dous partidos apuntados de vital importancia, coma todos pero eses 2 moitos máis. Sabíamos que de perder estaríamos moi afundidos, pero desta segunda volta só perdemos 1 partido ante o líder Esteirana. É un plus que os gañáramos sabendo o que nos expoñiamos no caso de non facelo.
- QPC: Xa tedes unha marxe co descenso directo, pero sempre existe o perigo dos temidos arrastres. Iso fai que non baixedes a garda?
En ningún momento baixaremos a garda sabendo que pode haber entre 2 ou 3 arrastres e que cada punto e cada vitoria é ouro. Por iso cada vez estamos máis confiados en pelexar cada partido coma se fose o último e sabendo que cada punto que perdamos, máis difícil o teremos.
- QPC: Estás plenamente dacordo cos puntos que tedes, ou cres que hubo partidos nos que puidéchedes rascar máis?
Bueno, se son sincero houbo en partidos que non estivemos en ningún momento, pero en 5-6 partidos perdemos por fallos inocentes e sobre todo por mala sorte onde os paos e algunha decisión arbitral nos condenou (que non é éxcusa, nin culpa deles, claro está).
- QPC: Pronto empezará novamente outra edición da Copa da Costa, difícil repetir a heroica pasada, foi algo histórico?
Difícil si que o é, pero non imposible e sobre todo neste deporte coma é o fútbol, pero darémolo mellor que temos en cada partido.
Pois si que foi histórico, porque para nós como somos novos ninguén pensaba en xogar unha final de Copa da Costa, e o bonito que é coma unha final de Champions, que moita xente máis veterana non tuvo a sorte de xogar ningunha. Pero oxalá se volva repetir, e sabemos que somos capaces de facelo.
- QPC: Un equipo como o Cabana con tanta categoría base, é importante ver que se reflexe no equipo senior, e por sorte así se fai?
A categoría base do Cabana é importante tanto coma para axudarse entre nós e coma club, que non todos os clubs por mala sorte ou por falta de rapaces non teñen tantas categorías. Para nós, como equipo senior, os xuvenís que veñen son importantísimos, son uns fixos xa na plantilla e sen eles todo sería moito máis difícil gañar os partidos, como o estamos a facer. É todo un orgullo telos con nós a todos.
- QPC: Aparte da responsabilidade de ser capitán do equipo, encárgaste das crónicas para a activa páxina de Facebook Cabana Soc Dep. Que é mais difícil, xogar ou ser obxectivo nas crónicas?
Pois non che sabería dicir moi ben. Xogar tes unha responsabilidade de axudar e ser axudado e dar o mellor de ti cada minuto e cada partido.
Nas crónicas intento reflexar sempre as cousas máis importantes e xogadas claras e algunha polémica se é moi clara. Pero vaia, gústame facelas, sintome coma un periodista jajajaja.
Das dúas cousas estou orgulloso de axudar a este gran club.
Os traballadores na sombra
- Barrié, alma do Ponteceso: "Non teño data de caducidade. Cando a teña será cando Dios queira”<./li>
- Fernando, alma do Ameixenda: "O fútbol afeccionado está a perder a esencia de ver rapaces xogando nos equipos do seu Concello”.
- Rama, alma da Esteirana: “Sabes o gusto que dá poder levarte ca maioría dos xogadores cos que tiveches relación?“.
- Manolo López, alma do Dumbría: “Levo anos viaxando por moitos campos e máis ou menos sempre estamos os mesmos”.
ENTREVISTAS do Fútbol da Costa en QPC
- Pati, capi das Miúdas: “O noso punto forte é saír en equipo ao terreo de xogo”.
- Juan de Dora: "En canto saín dos vestiarios non vía nada, só o fume verde e a xente cantar”.
- Dido e Adrián Parga analizan o crucial derbi de parroquias.
- Curro: “Os afeccionados teñen que entender que foron moitos cambios xuntos, e leva o seu tempo"
- Brais (Buño): “Dannos por mortos todos os anos e sempre, ou case sempre, os obxectivos cúmprense”.
- Adrián Lema: "A directiva apoiume siempre. Loxicamente non gusta, pero a decisión foi falada entre todos”.
- Marcos González: “Os pais, ás veces, son os responsables das frustacións dos rapaces, moitos pensan que teñen Messis na casa”.
- Diego Lobelos, adestrador do Muxía: "O Cairo é outa historia, pero a este equipo encántalle xogar estos partidos”.
- Manu Guillamet e Jairo explican as claves do seus importantes goles.
- Juan Porrúa, adestrador do Montelouro: "A 3ª está sendo máis competitiva do que esperaba”.
- Bruno Méndez: "Todo o que proba de árbitro, quédase”.
- Bieito e Basti analizan o derbi soneirán de 1ª.
- Os adestradores dos 4 primeiros analizan a Liga Xuveni.
- Miguel Ramos: “A intensidade e concentración coa que se viven e disputan os partidos aquí, só pasa na Costa”.
- Miguel Chouza, adestrador do Castriz: "O Fútbol da Costa é como unha burbulla que se mantén allea ás contaminacións do fútbol moderno”.
- Chicho, adestrador do Mazaricos: "O Fútbol da Costa cúrteche moito”.
- Juni, adestrador do Coristanco: “Sempre lle estarei agradecido a esta directiva por ter a valentía de poñer un proxecto tan ilusionante nas miñas mans”.
- Tolo: “Sen o traballo de toda a xente "invisible" do club non estaríamos aí”.
- Ordóñez e Abel analizan o derbi, por todo o alto, Camelle - Camariñas.
- Pesco e Julián fálannos do rexurdimento de Xallas e Volantes.
- Ángel López e Alberto Rodríguez analizan o derbi de Preferente entre Fisterra e Sofán.
- Pablo Mallón e Lelo falan do derbi pontecesán: “Un derbi é un derbi sexa a hora que sexa”.
- Iván Cancela e Cantudo, conversa cos adestradores da Selección Galega.
- Pedro Gómez e Santi Cambón: Dous carballeses, con casa en Verdillo, que lideran as táboas de 1ª Galicia e da Liga da Costa.
- Raúl Periscal: “Hai que volver ás orixes e deixarse de pagar, e facer unha base con xente da casa"
- Christian Caamaño e Iván Bouzón analizan ao detalle o derbi verde da Preferente.
- Pepe Wii e Jati: O Porteño – Camelle comeza a xogarse en QPC.
- Basti e Rivi analizan o derbi costeiro entre o Soneira SD e o CF Dumbría.
- Pablo Conde: ”Só buscamos que a xente que saíu das categorías base se asente”.
- Lelo: ”Sempre foi unha ilusión adestrar ao primeiro equipo”.