Martes. 19.03.2024
El tiempo

Juan de Dora: "En canto saín dos vestiarios non vía nada, só o fume verde e a xente cantar"

Juan de Dora co Tolo no seu debut en Ara Solis coa SD Fisterra
Juan de Dora co Tolo, o culpable da súa fichaxe pola SD, tralo seu debut en Ara Solis
Juan de Dora: "En canto saín dos vestiarios non vía nada, só o fume verde e a xente cantar"

O protagonista da xornada no seu debut no Ara Solis é Juan de Dora, facendo dous goles espectaculares. Unha das novas estrellas da Costa que volveu ao noso fútbol, para axudar a lograr o soño de facer historia en Fisterra, e intentar conseguir o ascenso a 3ª División.

 O xogador loureán, que xa ten xogado coa Selección Galega en varias categorías, soña con outro balón de barro das Galas QPC.

juan de dora seleccion galega

  • QPC: Eres un xogador novo, pero xa pasaches por varios clubes, que destacarías de cada un de eles?

Como ti dis pasei por varios clubes, e de todos destacaría algo, pero sobre todo o que máis me chamou a atención foi o trato que recibín no Sofán, tanto por parte da xente como da directiva.

 
  • QPC: Como valoras o teu fichaxe polo Fisterra?

Creo que foi un paso importante, porque necesitaba un cambio de aires e ademais un plus en canto a motivación, e que mellor que loitar por un ascenso a Terceira División nun clube da Costa.

 
  • QPC: Debut co equipo, gol, debut no Ara Solis doblete, poñemos unha cifra para rematar a tempada?

Pois a verdade é que non penso nunha cifra, só en axudar o máximo posible ao equipo con goles e asistencias para conseguir o obxectivo.

 
  • QPC: Que se sinte ver na grada esa afección verde?

Foi terrible. En canto saín dos vestiarios non vía nada, só o fume verde e a xente cantar. Aínda non empezara o partido e xa iamos gañando 1-0, así dá gusto xogar un partido de fútbol.

 
  • QPC: Xa tes experiencia en terceira división, lugar polo que loita o Fisterra, ves a plantilla en ese nivel?

Sen ningunha dubida, este equipo ten unha plantilla cuns xogadores de moi bo nivel. Vin equipos peores este ano en 3ª que nós..

 
  • QPC: Persoalmente estas no teu estado top, ou aún podes explotar mais como xogador?

Creo que aínda podo dar máis, xa pensando no partido do outro día metín 2 pero fallei outros tantos. E imperdonble e teño que traballar para que eso cambie..

 
  • QPC: Virtudes, e onde crees que debes mellorar o teu xogo?

Debo mellorar en todo, ata na velocidade que é o meu punto forte..

 
  • QPC: Que xogador profesional é o teu referente?

Poderia ser o Chimy Avila, incansable, velocidade e potencia..

 
  • QPC: Para terminar, volves á zona costeira, cando se decide todo, incluso os balóns de barro da Gala de Quepasanacosta. Varios dos teus compañeiros xa son gañadores, a ti gustariache recibilo?

Si claro, cando estiven no Sofán levei un balón de barro e non houbo ningunha outra cousa que me fixera tanta ilusión... oxala loitar por outro este ano ainda que sea un pouco tarde.

 

Os traballadores na sombra

ENTREVISTAS do Fútbol da Costa en QPC

Comentarios